-
-
663 m
7 m
0
10
20
40,71 km

Vista 26 veces, descargada 1 veces

preto de Noia, Galicia (España)

Ruta con 70% de sendas e pistas de monte co ascenso inicial á San Lois feito por carretera. Despois procurase evitar, no posible, pisar o asfalto. No Garmin marca 1.300 metros de desnivel acumulado.

Salindo da zona antiga de Noia tómanse camiños pola parte do Obre ata Taramancos, onde se sube pola carretera ata o banco do San Lois. Subida levadeira por esta cara, por asfalto e facendo o zig-zag de ascenso dun par de quilómetros.

Dende alí baixada, nun principio complicada e moi técnica, que vai relaxando a medida que imos avanzando ata Soutelo. Vai un cacho por carretera ata unas rampas de hormigón con moita pendente, para ir chegando a una senda amplia e ciclable que tras un xiro hacia a esquerda tornase nun camiño bastante cerrado, moito máis técnico e con bastante pendiente.

Tramo de catro quilómetros cun sube e Baixa entretido nas balconadas do Iroite cunhas vista fantásticas da ría de Muros e Noia, para chegar á meseta do Iroite onde se poden seguir varias sendas ciclables ou ir por carretera. Tomamos una de baixada ata Lidón, un pequeno sitio con catro casas, donde se inicia a subida ata a base do Iroite por una senda ascendente pero levadeira. Nesta zona é fácil encontrarnos con cabalos salvaxes.

Desde a base do Iroite unas baixadas divertidas con tramos que se voltan técnicos, por toparnos con moita pedra solta ou con pendientes moi bruscas. Nos fiarvos si non baixachedes antes que hai cambios bruscos de desnivel, e outros con moita grava que poden facer ir ó chan.

Baixada pola parte traseira da canteira ata o Paramo, onde toma un trozo de carretera para pasar por Argalo onde se atopa no camiño una pequena fonte con auga potable onde repoñer os bidóns. Despois baixada ata o Obre para tomar a senda ata Testal e cruzar a ponte que cruza sobre a Ría.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta