Tempo  3 horas 30 minutos

Coordenadas 2664

Fecha de subida 1 de agosto de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
222 m
16 m
0
8,2
16
32,73 km

Vista 2085 veces, descargada 41 veces

preto de A Gándara, Galicia (España)

Esta ruta parte de Ferrol para ir pola pista da Senda Ártabra, que percorre a zona de cantís do Concello de Narón para chegar á praia de Campelo, pertencente ao Concello de Valdoviño.
A ruta sae de Ferrol cara á zona de praias da parroquia de Cobas (Ferrol). Nuns primeiros Kms de asfalto, hai que salvar o Alto da Bailadora, para en rápido descenso coller un desvío na parte baixa coas indicacións "Covarradeiras", "Praia de Ponzos", que vai pola parte alta da Praia ferrolá de Ponzos e remata onde comenza a Senda Ártabra (sin asfaltar).
A partires de aquí, o camiño presenta grande dificultade, debido ás fortes pendentes ascendentes, o que obligará ao ciclista a baixarse da bici por momentos. As vistas da costa son espectaculares con altos cantís (acantilados) e panorámicas da costa de Ferrol e Narón e incluso Valdoviño. Paga a pena coller un pequeno desvío indicado cun letreiro, cara a Pena Molexa, onde cada Noite de San Xoán se recrea a Lenda da Pena Molexa.
Xa de volta na Senda, comenza un descenso moi técnico, con gran cantidade de pedras no que haberá que extremar as precaucións para non caer ou derrapar. Ao final da baixada podemos aparcar a bici e baixar andando para botar unha ollada á Pena e Praia da Lopesa, onde van os afeccionados da pesca deportiva e percebeiros a faenar.
Continuando a ruta chegamos á Praia Campelo (Valdoviño), e tomamos regreso pola estrada Valdoviño Ferrol AC-116.
Moi recomendable esta ruta da Senda Ártabra, que permite desfrutar de inmellorables vistas da costa máis salvaxe de Ferrolterra.

OUTRAS RUTAS DE INTERÉS EN FERROLTERRA:

Ruta Ferrol-Mugardos por la costa de la Ría de Ferrol

Ruta pola costa das Rías de Ferrol e Ares: Ferrol, O Seixo, Mugardos, Castelo da Palma, Puntas Segaño e Coitelada e Ares

Ruta Ríos Xubia e Belelle: Ferrol-Xubia polo Camiño Inglés,Presa do Rei, Muiño de Pedroso, Cruz do Pouso e Neda

Volta a Ria de Ferrol
  • Foto de Praia O Casal
  • Foto de Praia O Casal
Praia O Casal
  • Foto de Praia de Ponzos, vistas dende a Senda Ártabra
Ponzos vistas
  • Foto de Panorámica da Praia de Campelo dende a Senda Ártabra
Vistas Campelo
  • Foto de Pena Molexa
Pena Molexa
  • Foto de Pena Lopesa
  • Foto de Pena Lopesa
Pena e Praia da Lopesa
  • Foto de Praia Campelo
  • Foto de Praia Campelo
  • Foto de Praia Campelo
  • Foto de Praia Campelo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta