-
-
36 m
-1 m
0
4,1
8,2
16,46 km

Vista 1234 veces, descargada 12 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

A ruta parte do parque da illa do Cobo onde numerosas persoas practican deporte e atopamos un conxunto de obras escultóricas.. A primeira parada son os muíños do Couso onde saíndonos da ruta marcada e subindo o río atopamos uns fermosos saltos de auga. Unha vez regresemos a veira do río Lérez comeza unha senda con bo firme e fácil de transitar. Podemos ver aos lados deste camiño antigas fincas de cultivo nas que crece un bosque de arborado autóctono ata chegar a presa da recollida de auga de Pontebora.

Consellos para o percorrido:
Existe unha senda de pescadores pola marxe dereita pero non é posible facela en bicicleta polo que a ruta e totalmente distinta que a que se fai a pé. A ruta e moi sinxela e permite o uso de bicicletas sen suspensión pero non son válidas as de estrada polo tipo de firme. A podes facer seguindo os camiños xa que como existe a referencia do río é imposible perderse. Ten en conta que a ruta ten moita afluencia polo que vai a modo e recorda que a preferencia é peonil.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta