• Foto de Subida ó monte Monzón
  • Foto de Subida ó monte Monzón
  • Foto de Subida ó monte Monzón
  • Foto de Subida ó monte Monzón
  • Foto de Subida ó monte Monzón
  • Foto de Subida ó monte Monzón

Coordenadas 13122

Fecha de subida 7 de marzo de 2012

Fecha de realización marzo 2012

-
-
538 m
62 m
0
13
27
53,3 km

Vista 1207 veces, descargada 8 veces

preto de Marcón, Galicia (España)

Dirección sureste, que xa tocaba, así que, para variar, arrancamos por Marcón rodeando Monte Carrasco para aparecer en Tomeza. Dende aquí combinamos camiño de Santiago con estrada local ata chegar a Figueirido, nada comento por ser unha ruta moi trillada. Tras un pequeno rampón-aperitivo, acadamos a divisoria entre Canicouva e Cacheiro, e decidimos afastarnos por hoxe do Camiño Xacobeo, para deixar demostrado que nun mundo tridimensional a liña recta non é sempre o camiño máis corto entre dous puntos. Digo esto porque trazando unha linea imaxinaria , sería doado ir de oca a oca, ou máis ven de ponte a ponte entre Figueirido e Monte Monzón, pasando sucesivamente por Vilar, o Rañadoiro, Acevedo, A Comboa…percorrendo así todalas aldeas da parroquia de Pontesampaio.

Pero a realidade non se pon de acordo co Sigpac, e ainda que aparecen unhas lineas discontinuas no mapa, de momento na cartografía non aparecen silvas nin toxos, nin paus tronzados atravesando o camiño… Eso sí, neste día voltamos á vella costume da exploración que tantos sinsabores e algúnhas alegrías nos da. Por exemplo, os fantásticos camiños enlousados entre aldeas, os regatos pequenos, e as vistas dos ollos no fermoso horizonte da ría de Vigo.

Polo demáis día de cans, prendidos uns, soltos outros, por veces perigosos. Nestas aldeas non hai casa que se precie que non teña dous ou tres cadelos, algúns mesmo que parecen ter a rabia.

No cruceiro de Vilar, finalmente engañámonos e baixamos case mesmo a PonteSampaio, atraidos polas corredoiras tradicionais; como penitencia tivemos que voltar a gañar altura ata o Rañadoiro. A partires daquí, descenso tolo ata a Comboa, onde repostamos para iniciar a dura subida á galla do Monzón.

Acometemos o ascenso en liña prácticamente recta, pasando a carón do Castelo, con pendientes do 20% ¿¡¡?, ou mesmo máis, entre a dor de costas, o pedal roto e o disco rozando non sei como din chegado arriba. Catro fotos e descenso rápido hacia a zona este do monte, con xiro hacia o Cabalo e posterior descenso ata as Cortellas, con un rehuse nunha pista que, menos mal, comprobado dende o sofá, non levaba a ningures. Queda para outro día a exploración íntegra da zona.

Para finalizar, retomamos o camiño de volta en Rial e cada un chegou á casa como puido, amén dunha última aventura polos Gafos, que a miña espalda se negou a rematar, chegando á casa, tarde (coma sempre), mal, pero iso si, non arrasto, hoxe non foi día de triunfos.

Ver más external

Distance24.78 km
Speed3.9 km/h
Pace15:34 min/km
Altitude538 m
Bearing298.8
Distance18.50 km
Speed2.7 km/h
Pace21:55 min/km
Altitude61 m
Bearing301.4
Distance32.51 km
Speed50.6 km/h
Pace1:11 min/km
Altitude212 m
Bearing244.2

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta