julk

Tempo  10 horas 16 minutos

Coordenadas 8243

Fecha de subida 24 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
204 m
1 m
0
29
57
114,72 km

Vista 2524 veces, descargada 109 veces

preto de Ribadeo, Galicia (España)

Paso a noite anterior nun dos establecementos hosteleros da localidade luguesa, e a casualidade fai que esté a escasos metros da oficina de información turística.

A miña sorpresa foi maior cando advertín que este era o punto de arranque do Camiño Natural do Cantábrico, unha desas grandes obras que ás veces sorprende a un agradablemente. Foi no 2013 cando saltou a nova de que se ía iniciar esta interesante infraestrutura, dando por seguro que remataría no Cabo Ortegal.

Uns días de descanso pola mariña lucense bastaron para poder afirmar que, tanto o trazado como a sinalización, eran perfectas e unha boa excusa para unha boa excursión.

Por iso, ó ver o panel de inicio ó carón mesmo do concello, pensei que o inicio da aventura estaba servido.

Agardo pacientemente ás dez para que abran a oficina de Turismo, e cando fan, toda a información que me poden dar é a referente ó camiño ó paso polo propio concello. Nada mais. As cousas empezan tortas, anque por outra banda, parece o mais probable, que os funcionarios só se limiten a atender o seu.

Así as cousas, monto na bici armado de tracks varios (por se acaso) e baixo cara á linea costeira. Nada mais chegar á altura do porto, hai uns letreiros que sinalizan un desvío para a casa das algas e un muiño das mareas. Eu xa o fixera ó solpor do día anterior, así que decidín aforrarme os dous quilómetros gratuítos e facer só una metros para baixar á chaira onde está o clube de regatas da localidade, e dende onde se pode apreciar unha magnífica panorámica tanto da veciña localidade de Castropol e Vegadeo (xa asturianas), como da ría do Eo.

Retomo o camiño cara ó oeste, o que será o meu destino todos estes días, pola línea costeira, vendo cómo Ribadeo ten aínda hoxe unha boa actividade pesqueira. O paseo marítimo morre ó pe da Ponte dos Santos, así chamada a grande estrutura que salva a ría do Eo e permite o tráfico rodado.

Para proseguir camiño, un letreiro indica dúas Opción: “rampa” ou “escaleiras”. Evidentemente, escollo a primeira, polo que teño que retroceder uns metros e subir por unha empinada rúa e logo pola beira dun xardín.

Xa arriba, accedo a un gran parque que se asoma á ria, e permite admirar a outra cara da Ponte, amais das terras máis ó norte de Castropol...e o mar Cantábrico. Destacan neste parque unha especie de Ponte mirador de madeira, no que se pode admirar unha bonita panorámica, e o Forte de San Damián. Decididamente, este é un fermoso recanto dentro da pequena vila.

Xa atrás o parque, o camiño toma unha estreita estrada que parece destino de veciños con ansias de camiñar, e de extranxeiros que aproveitan as beiras para aparcar a autacaravana de desfrutar das vistas e mais da tranquilidade. Así as cousas, nun metido no que un francés andaba limpando a súa casiña con rodas, deixei a miña bici para admirar a primeira imaxen da illa Pancha, reconocible polo seu faro. Xa está cerquiña.

No promontorio antes de baixar a illa hay unha especie de altar, e dende este punto é onde saco a foto do Faro e mais da Illa Pancha. O alrededor está moi coidado, e hai unha especie de parque cun céspede moi coidado.

Continúo pola anterior estrada e, tras deixar atrás o castro das Grobas, o percorrido deixa o asfalto e se adentra nunhas pistas de terra que serpentean calcando fielmente o relieve marítimo. Esta cercanía ó mar nos permite admirar os cantís que xa van adiantando que a sonada praia das Catedrais está preto: rocas cinceladas polo vento e as mareas, que adoptan atormentadas formas.

Sácanme dos meus pensamentos a presencia dunhas casas. Non tardo moito en reparar que estou chegando á fermosa aldea de Rinlo, a cal o seu reducido tamaño non axuda a entender a importancia que tivo no pasado coma porto baleeiro e por ser pioneiro na construcción dunha cetárea. Por certo, que aproveitando a cercanía, coleime nas ruinas dunha situada nas aforas da localidade.

Alternando pequenos tramos de asfalto con outros de terra, a ruta me leva cara un areal: a praia dos Xuncos. De novo a similitude coas formas das catedrais é palpable, e fan desfrutar mais deste entorno completamente solitario.

Saímos de volta á estrada, e pronto se advirte un movemento sospeitoso: estamos nas inmediacións da praia das Catedrais, auténtico imán para os turistas e que pode morrer de fama se continúa con esta afluencia desmedida. Eu, por suposto, non sacara permiso para entrar, así que pasei a ser un mais do tumulto que pululaba pola zona, saquei un par de fotos e proseguín camiño.

Que me conduce por unha estrada solitaria que vai pola beira do mar, de modo que polos meus ollos van pasando os areais de Moledo, Reinante, Arealonga... En Benquerencia o meu percorrido vai zigzagueando entre adosados e paseos marítimos. A paisaxe mudou e moito, aquí xa se aprecia a pegada do auxe da costrucción. Temos Foz a un paso, pero como me dixo un paisano: “dende aquí parece cerca, pero tes que dar aínda unha boa volta”.

En efecto, o paseo chega ó seu fin: estou na boca da ría de Foz, o que me obriga a dar un bo rodeo ata o sitio no que o río Masma permite asentar unha ponte fiable. Excepto o tramo da ponte (cruzamos pola antiga ponte do tren), os camiños polos que pedaleo chaman a atención, por coidados e por belos. Unha sorte para a poboación local, que os pode desfrutar.

Sexa como fuere, deseguida entramos no paseo marítimo da localidade, e podemos desfrutar da vista da praia da Rapadoira, cun areal ben extenso e un paseo estreito pero agradable para pedalear, que serpentea calcando o intrincado perfil marítimo. Asi, vemos pasar ante os nosos ollos unha e outra praia, a cada cal mais fermosa e tranquila, xa apartados do núcleo de poboación.

Sácanos da monotonía o río Ouro, que cruzamos por unha fermosa ponte ben acondicionada. É a ponte de Fazouro, nome que deseguida esperta unha alarma no noso cerebro: “o castro!!!”; sí, a poucos metros podemos atopar o asentamento castrexo, que evidentemente nos desviamos para visitar.

Una metros mais adiante entramos na poboación de Nois e baixamos ó seu porto, no que hoxe só quedan restos do espledor do que hai moitos anos era un centro puxante de comercio pesqueiro. De feito, hai investigadores que opinan que dita construcción pode ter sido construída xa nos tempos dos fenicios.

Continuo circulando polo acondicionado paseo, que chega a Cangas de Foz, momento no cal o percorrido marcado vólvese intrincado e pouco intuitivo, meténdose ó interior e atravesando un gran barrizal -a finais de setembro, sen cantidades importantes de precipitacións en algunhas semanas- e camiños de recente factura. Todo por salvar a estrada nacional, o collela o menos posible, porque o certo é que ó pouco de chegar a ella, xa aparecen os primeiros metros do paseo marítimo da poboación de Burela.

Neste punto teño que facer un inciso: ó contactar có percorrido do tren, os camiños estaban sinalizados, pero eran claramente impracticables. Pódese ver no track que intento dar voltas para enlazar con ese percorrido, pero finalmente desisto e baixo á líña costeira, onde novamente aparecen os sinais bermellos que tan fielmente veño perseguindo ata o de agora.

En Burela tocou repoñer forzas, pero deseguida reempredín o meu camiño polo paseo da localidade, que morre na praia da Marosa: a partires deste punto, podo pedalear por unha beirarrúa noviña e moi cómoda para tal efecto.

Ó pouco vexo me atravesando un feo polígono industrial e pelexando con camións e traballadores en furgonetas que gustan de facer ruxir os seus motores mentras redondean a xogada adiantando ben a rentes dese fráxil ciclista. Menos mal que estes pasaxes son escasos e pasan deseguido.

Tras este momento reivindicativo, continúo: un sinal de “estrada sen saída” nonme amedrenta, e o que pasa é que o camiño asfaltado pasa a ser mais estreito e o firme, terra con algunha pedra solta. Perfecto, vaia. É a típica congrostra e aldea, que neste caso pasa pola parte traseira dun pazo, o Pazo de Pedrosa. Estamos entrando na poboación de San Cibrao.

Dita poboación está disposta adoptando a forma da península na que se atopa, así que podemos atopar mar por diante e por tras, e entremedias, un promontorio coas casas mais vellas e de un claro aire pesqueiro, e mais un faro. Percorremos a península, pedaleando entre as estreitas rúas e a deixamos por un fermoso paseo, no que aínda se conservan as ruinas dunha antiga fábrica de salgadura. Como din na páxina do concello: “San Cibrao (chamada Península da Paz), rodeada de finos e brancos areais, como as praias do Torno e Cubelas (recoñecidas ano tras ano coas bandeiras azuis da U.E.). É digno destacar o seu porto pesqueiro, que nos séculos XIV e XV construía carabelas e alimentaba unha fábrica de salgadura, da cal aínda podemos contemplar os seus restos (coñecidos como Castelo Mariño). Na parte superior da zona recreativa desta localidade, a Atalaia, preside o Faro que vixía no horizonte as míticas Illas dos Farallóns, berce da lenda da Maruxaina (a súa historia é representada anualmente nunha festa tipicamente popular). Os paseos empedrados bordean os seus exquisitos areais dándolle á vila un aire tradicional mesturado, ó mesmo tempo, con modernidade”.

Desafortunadamente, esta fermosa poboación ten localizada de forma moi próxima a planta de alúmina, que teño que bordear e que afea a paisaxe e enrarece o ar. Testemuña do primeiro é o cemiterio de dolos, un sinsentido: unha grande extensión de terreo ocupado por uns refabricados de hormigón, posiblemente pensados para asentar un espigón, pero que terminaron espallados de maneira aleatoria pola terra. Se tes tempo e non padeces vertixe, recomendaría encarecidamente achegarse a ver o Cabo de Morás, auténtica maravilla da natureza e moi descoñecida, pero con moi mal acceso, o que o fai pouco coñecido e menos divulgado: non está a mais de cen metros da ruta, pero hai que saltar entre pedras e o sitio e estreito e con posibilidade de caer ó precipicio, un precipicio sobrecolledor.

Deixo atrás este espectáculo e me adentro nun dos tramos ben traballados desde Camiño Natural: un trazado dun metro de ancho, de terra e pequenas pedras, que serpentea arriba e abaixo moi preto da liña costeira, prestando boas vistas sobre a illa Ansarón e os impresionantes cantís de Portocelo.

Este tramo, de feito, morre na praia de Portocelo, un curioso areal que ten forma de cuncha e, polo tanto, é moi recollido. Ademais, as suas reducidas dimensións fan del un sitio con moito encanto.

Uns metriños de asfalto e chego a unhas ruinas moi peculiares: é coma un antigo edificio rodeado de murallas. Estou frente á ermida de San Tirso de Portocelo, un sitio enigmático e moi especial, como podemos ler no enlace que adxunto.

Como non me podo entreter mais, continúo pedaleo e, neste punto, volvo a enllazar un camiño de idéntica factura ó anterior: limpo, dun metro de amcho, e perfeto firme, que ademais debuxa un divertido slalom e regala fermosas vistas ó illote da cal e ós cantís de Portocelo.

Este tramo remata nunha estrada, moi perto do faro de Punta Roncadoira, que non me aparto a visitar pero que non desmerece unha visita. Eu continúo por esa estrada ata chegar ó lugar de Vilachá, que de seguida deixamos para entrar nunha pista forestal de tres metros de ancho que nos leva de novo cara ó mar, desviándose como opción cara a Punta Mansa, e no seu traxecto principal cara o seguinte saínte rochoso, Punta Meitón.

De súpeto, o trazado colle un desvío e vai por un camiño moito mais estreito, con forte pendente descendente e surcado de raíces de piñeiros: é o momento de probar se funciona a tixa telescópica.

Ese divertimento remata nun novo areal, o de Muiñelo, que en vez de area conta cunhas pedras rodadas de tamaño considerable.

Uns metros de ascenso e outros tantos de baixada por asfalto nos achegan ó seguinte areal, neste caso sí unha praia con todas as da lei: a praia de Esteiro, recollida e solitaria a excepción duns surfistas que andaban metidos no mar.

O camiño ascende por asfalto primeiro para logo apartar por un camiño curvilíneo dun metro de ancho e finalmente descender por unha pista con surcos que morre na praia de Portonovo, un pequeno espazo non visible dende o acceso, e axeitado polo tanto para ser usado coma praia nudista.

Volta a ascender de novo cara á estreita estrada, e estou ante un novo desvío: a curiosidade non me deixa marchar sen parar no mirador do monte faro, pois outras veces que tiña pasado non pudera ver nada. Hoxe, en cambio, o ceo despexado permitia unha fermosa vista da ría de Viveiro.

Logo de ascender eses case que douscentos metros, o descenso resulta balsámico, non importando que a primeira parte ata o pobo de Faro sexa por asfalto, porque logo ven a continuación por un camiño deses de un metro de ancho e moi sinuoso, e que morre nas casas que se construíron ó carón da praia de Area, unha das grandes da zona.

Xusto entre esas casas unifamiliares hai un pequeno cartel que di “Punta Arnela”: pois ben, paga a pena una metros de desvío para poder desfrutar dese recóndito enclave, unha cala aillada e solitaria.

Volto ó percorrido “oficial” pedalando polo paseo que bordea a praia de Area. neste enlace dí que é a praia mais fermosa da ria de Viveiro, algo que non podo discutir pero sí cuestionar...

Cando remata o paseo marítimo comenza unha pequena estrada, que é a elexida para continuar o camiño: pequeno ascenso, e nada mais contactar coa estrada que vai de Viveiro a Ribadeo, aparta á dereita para baixar por estreitos carreiros asfaltados que anuncian a presencia de Celeiro, un dos mais importantes centros mariñeiro da cornisa cantábrica hoxe. Pero a disposición urbanística, con estreitas rúas de casas baixas amoroadas ó carón do mar, fala claro do seu pasado.

Baixo ó porto pesqueiro e pedaleo entre redes, barcos, a cofradía e pequenas lanchas para, case sen solución de continuidade, ver as primeiras casas de Viveiro. Continúo entre o porto e a vila, ata que chego á altura da ponte que salva a ría, a ponte da Misericordia, situado xusto fronte unha das antigas portas da vila, a plateresca porta de Carlos V.

Continúo pola beira do mar, pedaleando polo coidado e bullicioso paseo de Covas, e ó chegares ó final da praia, tras 1.500 metros de lonxitude, na parte denominada “os castelos” (pola forma que adoptan os farallóns), dou por finalizada a primeira xornada.

Mais información:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol
  • Foto de Acantilados
  • Foto de Acantilados
  • Foto de Acantilados Portocelo
  • Foto de Cantís de Ansarón
  • Foto de Castro de Fazouro
  • Foto de Castro de Fazouro
  • Foto de Castro de Fazouro
  • Foto de Depósito de Dolos
España
  • Foto de Cetárea en Rinlo
  • Foto de Cetárea en Rinlo
Ribadeo
  • Foto de Ermida de San Tirso de Portocelo
  • Foto de Ermida de San Tirso de Portocelo
Ermida de San Tirso de Portocelo
  • Foto de Faro e illa Pancha
  • Foto de Faro e illa Pancha
  • Foto de Faro San Cibrao
  • Foto de Illote Ansarón
  • Foto de Miradoiro de madeira
  • Foto de Miradoiro de madeira
  • Foto de Miradoiro ó areal de Augas Santas
Ribadeo
  • Foto de Mirador de Montefaro
  • Foto de Mirador de Montefaro
  • Foto de Mirador de Montefaro
194 m
  • Foto de Oficina de Información ó turismo
  • Foto de Oficina de Información ó turismo
Ribadeo
  • Foto de Panorámica sobre a ría do Eo
  • Foto de Panorámica sobre a ría do Eo
Camino
  • Foto de Ponte de Viveiro
  • Foto de Ponte de Viveiro
  • Foto de Porto de Nois
  • Foto de Porto de Nois
Curva de Nivel Intermedia
  • Foto de Praia Da Rapadoira
  • Foto de Praia Da Rapadoira
  • Foto de Praia Da Rapadoira
  • Foto de Praia Da Rapadoira
Praia Da Rapadoira
  • Foto de Praia Das Catedrais
Praia Das Catedrais
  • Foto de Praia de Covas
Estaca de Bares
  • Foto de Praia de Lóngara
  • Foto de Praia de Marbadás
Praia de Marbadás
  • Foto de Praia de Muiñelo
  • Foto de Praia de Muiñelo
España
  • Foto de Praia de Portocelo
  • Foto de Praia de Portocelo
Praia de Portocelo
  • Foto de Praia de Portonovo
  • Foto de Praia de Portonovo
Carretera sin pavimentar
  • Foto de Praia Do Esteiro
  • Foto de Praia Do Esteiro
Praia Do Esteiro
  • Foto de Praia Dos Xuncos
Praia Dos Xuncos
  • Foto de Punta Arnela
  • Foto de Punta Arnela
  • Foto de Punta Arnela
España
  • Foto de Punta Meitón
Ruta
Ruta
  • Foto de Rinlo
  • Foto de Rinlo
  • Foto de Rinlo
  • Foto de Ría de Foz e río Masma
  • Foto de Ría de Foz e río Masma
  • Foto de Ría de Foz e río Masma
Camino
  • Foto de Vista da ponte dos santos
  • Foto de Vista da ponte dos santos
Curva de Nivel Intermedia
  • Foto de Vista do porto de Rinlo
Ribadeo

5 comentarios

  • Foto de PakingMosaics©

    PakingMosaics© 17-oct-2016

    Tremenda!

  • Foto de LLANADAY

    LLANADAY 23-may-2017

    Hoal Julk, ¿se puede hacer con bicicleta de ciclocross?

  • Foto de julk

    julk 23-may-2017

    Hola!

    Perfectamente. Esta etapa en concreto tiene contados pasos técnicos, que con algo de pericia (que se te supone) podrás pasar con una bici de cx.

    Es más, vas a volarrrrrr....

  • Foto de LLANADAY

    LLANADAY 25-may-2017

    Gracias Julk. Parece una zona muy bonita, espero que el viento no castigue mucho

  • Foto de julk

    julk 25-may-2017

    Gracias a ti! Si, el problema puede ser el viento.. O la gente. Aunque esta zona aún no está masificada, en momentos puntuales puedes tener dificultades para avanzar por algún tramo.

Si quieres, puedes o esta ruta