julk

Tempo  8 horas un minuto

Coordenadas 5715

Fecha de subida 12 de octubre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
228 m
-26 m
0
18
36
72,76 km

Vista 1676 veces, descargada 101 veces

preto de Lago, Galicia (España)

Saio aproveitando o paseo marítimo da praia da Frouxeira, ata que pasa a ser un sendeiro entre árbores, paralelo á lagoa da Frouxeira; o paseo ben paga a pena, por belo e mais por tranquilo.

Remata na estrada AC-116, pero deseguida a deixamos para baixar a ver outra vista da praia da Frouxeira, dende as pasarelas de madeira.

Bordeo o areal, alternando pistas de terra con outras de area, para chegar á punta Frouxeira, saínte no que hai un característico faro. Á volta aparto para mirar o Portiño, zona protexida da costa, unha das mais bonitas da costa, na que hai unha piscifactoría, e dende onde tamén podemos apreciar a curiosa capela de A Virxen do Porto ou Nosa Señora do Mar.

Volto atrás pola estrada de acceso ó faro, e me aparto para admirar a praia dos Botes e, especialmente, a praia de Meirás, que atraveso grazas a un paso de madeira.

Deixo atrás esa fermosa costa para adentrarme nunha estrada entre casas unifamiliares que apunta ó ceo, pero antes de chegar a él pasa a ter firme de terra e serpentear dun xeito acusado para gaár altura: de 0 a 212 metros nun momentiño. E logo, ¿Qué hai aí arriba?

Pois os restos de cando se xogaba á guerra: as baterías de Campelo, que ocupan o monte do mesmo nome. Eu aproveito a subida para admirar a ampla visión que hai dende ese outeiro, e para reflexionar no absurdo de algunhas actuacións...

Baixo pola pista, chea de pequenas pedras incrustadas, e tan pronto como vexo a aldea de Montefaro, xa saio dela por unha pista de concentración. Nese punto contacto coa senda litoral costa Ártabra, só que en canto de ir pola pista litoral, escollo a alternativa de crestear os montes de O Val para admirar as fermosas vistas da costa antes de baixar á senda costeira. Neste punto vexo a primeira indicación do centro BTT Valle de Esmelle que, con numeracións diferentes,.vou ver en repetidas ocasións dende agora.

Este percorrido que pasa pola fermosa praia de Ponzos, antes de dirixirme cara ó cabo Prior, pasando preto da. Ermida de Sta Comba e da lavadoiro da mina de Covadarreiras, unha mina que pode ser tido explotada dende os tempos dos romanos e quizás antes, na idade do Ferro.

Con esto, chego ó Cabo Prior, imponente accidente xeográfico que albergou no pasado unha nutrida dotación militar defensiva, da que hoxe quedan restos, pero hoxe é mais coñecido polas vistas, o faro, e o fermoso solpor que din se pode apreciar dende ese punto. Dou un bo rodeo ó cabo, o que me permite apreciar as vistas das praias veciñas, aparte da curiosa perspectiva de ver mar por todos lados, case estrangulando a terra.

Por último, ó virar do cabo descubrimos a vista das praias do concello de Ferrol. A primeira pola que pasamos é pola praia do Vilar, tamén coñecida coma praia de Covas.

Deseguido aparece un carril bici polo que pedaleo tranquilamente ata que chego á altura da praia praia de San Xurxo, fermoso areal menos concurrido que o de Doniños, pero con mais encanto ó meu parecer. Accedo a el dando un rodeo pola estrada, pois os carreiros de acceso estaban en bastante mal estado este día, desgraciadamente.

Logo de bordear a praia e desfrutar das súas vistas continúo bordeando a liña costeira, subindo ó monte San Xurxo de pedalando polas pistas entre sendeiros perfectos que atravesan piñeirales e rematan na veciña praia de Doniños, extensa e con moita xente, mésmo un xoves calquera como era o día no que pasei por ela. Recoñecible pola lagoa do mesmo nome, que bordeo por un paseo de madeira.

Cando remata ese paseo, nun outeiro, deixo a estrada para seguir a liña costeira por uns sendeiros que por momentos se volven demasiado estreitos mésmo para unha bici, e os toxos arrabuñan as miñas pernas. Pero o fermoso das vistas e o punto técnico da marcha ben pagan a pena.

A intención era chegar ó cabo Prioriño Chico, pero unha cerxa pechada por unha parte, e o non ver claramente o paso por outra, fai que colla a subida directa ó monte Ventoso para poder admirar a fermosa vista da entrada da ría de Ferrol, o porto exterior e a costa da Coruña que dende ese punto se pode observar.

Dende ese punto xa o trazado é lixeiramente descendente, e por momentos ata francamente divertido e cun puntiño técnico, coma un tramo de boa baixada cunhas pedras grandes coma melóns que poñen a proba as forxas dos meus brazos a estas alturas da travesía.

Sexa como for, ó chegar á aldea de O Confurco e cruzar a N-655, collo un novo camiño sinalizado coma “Ruta a pé polo Chá de Brión”, pequena ruta sinalizada 4 km que nos permite dende as alturas do Chá de Brión dominar as panorámicas aos 4 ventos e coñecer, a través dos paneis interpretados o pasado neolítico de Ferrol, e a batalla contra os ingleses que tivo lugar nestes lares.

Xa atrás esta ruta por pistas elevadas, á altura do castelo de San Felipe baixo á solitaria estrada que pouco a pouco vai perdendo altura para irse achegando á cidade do Ferrol, sempre pegados ó mar, ata chegar ó Parador, punto no que dou por rematada esta Travesía.

A idea era chegar á Coruña, pero un malestar muscular xa adiantaba que estaba incubando un bo catarro. Polo que o mais prudente sería deixar o último tramo para outra ocasión.

Mais información:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 1: Ribadeo-Covas
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño
  • Foto de Baterías de Cabo Prior
Cp-3606
  • Foto de Ermida de Sta Comba
  • Foto de Ermida de Sta Comba
Ferrol
  • Foto de Faro de Cabo Prior
  • Foto de Faro de Cabo Prior
  • Foto de Faro de Cabo Prior
  • Foto de Faro de Cabo Prior
Cp-3606
  • Foto de Mina de Covadarreiras
Matorral
  • Foto de Miradoiro praia de Frouxeira
  • Foto de Miradoiro praia de Frouxeira
Matorral
  • Foto de Mirador ó Ferrol
Maleza
  • Foto de Monte Campelo
  • Foto de Monte Campelo
  • Foto de Monte Campelo
  • Foto de Monte Campelo
  • Foto de Monte Campelo
  • Foto de Monte Campelo
Carretera sin pavimentar
  • Foto de Monte Ventoso
  • Foto de Monte Ventoso
  • Foto de Monte Ventoso
España
  • Foto de O Ferrol
España
  • Foto de o Portiño
  • Foto de o Portiño
Matorral
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño
  • Foto de Praia de Doniños
Praia de Doniños
  • Foto de Praia de Meirás
Praia de Meirás
  • Foto de Praia de Ponzos
Praia de Ponzos
  • Foto de Praia de San Xurxo
  • Foto de Praia de San Xurxo
  • Foto de Praia de San Xurxo
  • Foto de Praia de San Xurxo
Praia de San Xurxo
  • Foto de Praia Lume Bo
España
  • Foto de Punta Frouxeira
Punta Frouxeira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta