Coordenadas 839

Fecha de subida 19 de septiembre de 2014

Fecha de realización septiembre 2014

-
-
663 m
38 m
0
11
21
42,36 km

Vista 1462 veces, descargada 48 veces

preto de Cruido, Galicia (España)

1. O Club BTT Treito e o Concello de Lousame organizan a “V Ruta MTB Social non competitiva Concello de Lousame” que terá lugar o domingo 21 de setembro de 2014, cun percorrido de 42 km aproximadamente. de dificultade técnica e física alta. A mesma será de carácter non competitivo e os participantes consideranse en excursión persoal e polo tanto deberán respectar as normas de circulación e seguridade vial vixentes . A saída terá lugar ás 9:30 horas no “Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra” en Lousame, situado a 1 km da Casa do Concello .

2. Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.

3. O prazo de inscrición finalizará una vez inscritos 300 participantes. A cota de inscrición, será de 10 € e a inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, servizo de lavado de bicicletas, servicio de ambulancia, seguro de accidentes, de responsabilidade civil, e servicio de recollida no caso de avería. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.

4. A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:30 horas, do domingo 21 de setembro de 2014 no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. A saída efectuarase ás 9:30 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando DNI, e xustificante de pago..

5. O uso do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O Club BTT Treito e o Concello de Lousame non se farán responsables dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.

6. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Lousame, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

7. Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.

8. En todo momento respetaranse e acataranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.

9. A Organización contará con servizo de ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e de accidentes, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.

10. A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

11. O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta