Tempo  6 horas 36 minutos

Coordenadas 2711

Fecha de subida 18 de abril de 2009

Fecha de realización abril 2009

-
-
579 m
3 m
0
25
49
98,61 km

Vista 3428 veces, descargada 106 veces

preto de Lavadores, Galicia (España)

Saimos de Vigo pola ruta da auga ata cruzar a N-550 Redondela-Porriño, alí deixamo-la e collemos a dereita para encarar o Galleiro. As primeiras rampas comenzan nada mais cruzar por riba do protagonista desta ruta, O RIO LOURO.
Faremos un percorrido circular de todo o Val polo que transcorre este río que nace en Pazos de Borbén, e desmboca no Rio Miño, Pazos de Reis (Tuy) cun cauce de aprox. 30 Km.
A subida ata a ladeira do Galleiro e dura, unha vez alcanzamos unha cota duns 600 m, percorremos toda esta serra dirección Porriño gozando de panoramicas do Val da Louriña moi fermosas. O chegar ó monte da Risca Km 35, viramos a esquerda e baixamos buscando o alto do Confurco, cruzando a autovia Vigo-Ourense e enlazando co monte Castelo, conocido polo Pianista, Km 38 da ruta. Se levades tempo podedes facer unha parada e subir ata o curuto deste coloso de granito, as vistas mereceno.
Continuando hacia o Sur pola chamada ruta dos Penedos debido as formacions graniticas que existen, chegamos ata o Faro de Budiño Km 44, outro monstruo de granito, este con paredes verticais nas que se practica a escalada. Dende aqui comenza un descenso con algún que outro repeito, cruzando algunhas fragas e sotos dos que xa non quedan moitos ata chegar a zoa da ribeira do Miño (Pazos de Reis), despois de cruzar unha ponte Romana por baixo da cal pasa o rio Louro pouco antes da sua desembocadura Km 58, facemos un anaquiño do camiño de Santiago Portugues ata chegar a cidade de Tuy onde comenza a subida o Monte Aloya.
Esta subida e mais longa ca do Galleiro pero coido que non e tan exixente, de todolos xeitos, os Km xa pesan nas pernas. Unha vez coroado voltamos hacia Vigo pola serra do Galiñeiro e Cubi.
Antes de chegar o alto de S.Cosme, pasamos un curuto que marquei como “panorámica da ruta” Km 79,5 dende o cal temos unha vista alucinante de boa parte da ruta que vimos de facer (o Val da Louriña, Galleiro, Castelo, Faro Budiño...), as sensacións ó vela coas pernas e o corpo esfolados son das que non se esquencen.
Os valentes que vos atrevades, disfrutadea.
Vista da Ruta

2 comentarios

  • valdolouro 19-abr-2009

    A partires de agora para ser un home de verdade hay que ter un fillo, escrbir un libro, plantar unha árbore e facer a ruta do Val da Louriña. Noraboa pola ruta.

  • Foto de SalgueiroS

    SalgueiroS 20-abr-2009

    Doulle todala razón a Valdelouro, pero como son un cachiño de home intentareina facer a cachos ou levar a comida para facela dun tirón.

    Noraboa.
    "o que a sigue a consigue"

Si quieres, puedes o esta ruta