-
-
1.333 m
55 m
0
121
241
482,5 km

Vista 84 veces, descargada 10 veces

preto de Salamanca, Castilla y León (España)

Vía da Prata. Tramo Salamanca-Santiago, variante sanabresa.
Etapas:
1. Salamanca-Zamora. 70 km
Etapa chá, apenas sen sombra, con grandes distancias entre as poboacións, extensas chairas.
2. Zamora-Tábara. 69 km
En Granja de Moreruela tomamos a ruta que leva cara a Sanabria, o chamado camiño sanabrés. A etapa presenta as mesmas características cá anterior, con longas, infinitas e calorosas rectas.
3. Tábara-Rionegro del Puente. 51 km
Ruta bastante chá, destacar a subida ao encoro de Nosa señora de Agavanzal. A paisaxe vai cambiando: montes, bosques, zonas verdes... que fan máis agradable a ruta.
4. Rionegro-Lubián. 75 km
A partir de Asturianos apréciase un significativo cambio na paisaxe: zonas máis sombrías, montes, máis zonas verdes, o trazado avanza por sendeiros...
Dende Requejo o camiño e a N-525 coinciden practicamente. Subida a Padornelo por estrada: 9 km de constante subida. Na baixada, trazado que leva por Aciberos e Hedroso.
5. Lubián-Campobecerros. 45 km
Toca ascender A Canda: moi dura subida, con tramos nos que teremos que botar pé a terra; pero as paisaxes, os sendeiros, o trazado do camiño, o descenso... son marabillosos.
6. Campobecerros-Ourense. 71 km
Impresionante descenso a Laza. E inicio da subida a Alberguería: moi dura, pero completamente ciclable. Parada obrigatoria no bar Rincón do Peregrino. Nótase o paso pola lagoa de Antela: 5 km de longas e rectas pistas, paralelas e perpendiculares entre si. De Xunqueira de Ambía a Ourense, estrada e camiño coinciden practicamente, só pequenos desvíos que non paga a pena seguir.
7. Ourense-Bandeira. 79 km
Forte dubida nada máis saír de Ourense por un camiño empedrado. Coincidencia de camiño e estrada en abundantes tramos.
8. Bandeira-Santiago. 35 km
Constantes subidas e baixadas sen maiores dificultades. Parada obrigada na ponte sobre o ferrocarril en Angrois.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta