-
-
369 m
113 m
0
11
21
42,03 km

Vista 1701 veces, descargada 369 veces

preto de Calo, Galicia (España)

1.-O Clube Ciclista Os Do Monte Bravo , organiza VI RUTA BTT 2.0 OS DO MONTE BRAVO 2020 , polos montes de TEO e
arredores o domingo 19 de Xaneiro de 2020.
O percorrido da RUTA BTT constará de 40 km de dificultade técnica e física media.Contará cun punto de corte situado
no km 20 aproximado,e polo tanto, todos aqueles participantes que non pasen antes das 12:00h ,serán desviados en
dirección ao pabellón de calo, debido a que tanto protección civil como policía local teñen uns horarios fixados de
colaboración. A proba é de carácter non competitiva e non federada pero existirá un control de tempos para cada
participante. A saida terá lugar ás 9:30 horas do Polideportivo Municipal de Calo.
2.-Poderán participar na ruta btt, tódalas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición. A inscrición ten
un custe de 10€ (tanto para federados como non federados. A Proba está limitada a 400 participantes.
3.-O prazo de inscrición finalizará o Domingo 12 de Xeneiro ás 23:59 horas.
A inscrición dará dereito a participación na proba, e incluirá os avituallamentos (bebida,froita,bolleria….),dorsal
personalizado da proba,, servizo de lavado de bicicletas,duchas, servizo de ambulancia, seguro R.C. e de accidentes e
un pincho ao rematala proba.
Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo
momento.
O devandito dorsal será facilitado pola organización. Os menores de idade deberán traer una declaración xurada
firmada por parte do pai,nai ou titor que poderán descargar dende a páxina web de Galitiming.
4.-A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00horas, do domingo 21 de Xaneiro de 2018 no
Podideportivo de Calo. A saida efectuarase ás 9:30 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual , podendo
esixir por parte da organización identificación persoal.
5.-O emprego do casco e obligatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai
responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes
puideran ocasionar durante a realización da marcha , nen danos sufridos no seus enseres persoais.
6.-O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Teo, existindo
cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a
precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no
Regulamento Xeral de Circulación.
7.-Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente
prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no puntos de avituallamento e de inicio
e final de ruta.
8.-En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando en ningún
momento o vehículo que abre a mesma, o cal será obxeto de descalificación inmediata.
9.-A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de
Responsabilidade Civil e de Accidentes (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta
cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
10.-A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido,
quilometraxe e data da proba.
11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.
12.- Unha vez realizado o proceso de inscripción non se reintegrara baixo ningún concepto a cota de inscripción
13.- Non existirá valizaxe na proba , so estarán señalizados os cruzamentos mais perigosos.

1 comentario

  • Foto de Marcosfrali

    Marcosfrali 20-ene-2020

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy ciclable con alguna trialera de 10!!!

Si quieres, puedes o esta ruta