-
-
251 m
-6 m
0
7,9
16
31,74 km

Vista 28 veces, descargada 0 veces

preto de Rutis, Galicia (España)

Ruta con 75% de sendas forestais, carreiras de monte e zonas de grava. O resto faise con tramos sobre asfalto que enlazan as distintas zonas. Dificultade técnica intermedia, con dous tramos de subida máis complicados.

Partindo de Vilaboa, subida pola dura rampa de cemento que nos leva ós montes traseiros de Zapateira, rodea o vértice xeodésico e toma una baixada divertida para atravesar a Urbanización Ultreia. Donde tomamos 400 metros de asfalto para rodear a rotonda e sair pola marxe dereita e subir paralelos á nacional e baixar un tramo na zona traseira do colexio Montegrande. Tras unas rampas divertidas, primeira zona complicada para subir ata o cortafuegos (zona na que seguramente teremos que acompañar a bici) para tomar una baixada moi divertida, pero algo complicada si non temos certeza por onde facer o descenso. Unha vez coñecido o tramo é una zona divertida e sen demasiada dificultade técnica.

De aquí baixada por unas rampas de grava ata Uxes, onde collermos un par de sendas de monte divertidas, con un sube e Baixa ezonas de charcos que adornan as baixadas. Desde aquí zonas moi coñecidas do roteiro de Canzobre, pasando por Igrexario e Martulo, para coller una senda amplia de terra batida ata Canzobre.

Aquí seguimos un trozo por asfalto para sair pola marxe dereita en una subida de monte con moitas laxes no suelo, con auga e pedras soltas. Tras un comezo tendido, chegase a unhas rampas bastante duras con máis pedra no suelo. De alí unhas baixadas divertidas e bastante rápidas por un sendeiro estreito de un sólo paso, para chegar á zona de Bregua e á súa antigua estación de Tren agora convertida en Bar.

Sendas de monte paralelas á antigua vía do tren, para pasar polo segundo túnel e facer un zigzag con subes e Baixas pola marxe esquerda da vía do tren ata chegar á zona de Ledoño.

Dende alí cruzamos por asfalto a ponte que pasa sobre a A6 para subor un tramo ata a rotonda do Aeroporto e a calle Polvorín por sendas amplias en principio que se van estreitando en algunas zonas preto da Terceira Ronda. Un último xiro á esquerda para subir unhas rampas duras (200 metros) e iniciar un descenso divertido con tramos bastante cerrados ata Vilaboa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta