Tempo  2 horas 18 minutos

Coordenadas 748

Fecha de subida 30 de agosto de 2011

Fecha de realización agosto 2011

-
-
470 m
-8 m
0
4,4
8,9
17,77 km

Vista 2663 veces, descargada 40 veces

preto de Magazos, Galicia (España)

Subida ao Monte Castelo saíndo desde Verxeles, xunto á estación de FEVE. Desde alí síguese pola senda peonil que sube polo Landro inda que é un pouco incómoda a ratos para a bici. Desde Portochao vaise a Galdo e logo cruzando unha pequena ponte chegamos pouco despois ao inicio dunha pista forestal. Desde aquí pasamos dos 20 m de altitude aos case 500 do cumio do Monte Castelo, nunha subida continua de 5 km sempre por pista forestal.
Chegando ao cumio pode subirse ás antenas cara a dereita ou á capela e o merendeiro á esquerda.
Desde a capela a vista da ría de Viveiro é espectacular.
Na capela finaliza un via crucis. A senda que une as cruces acaba no punto 01 e pódese volver por el. Esta senda é unha trialeira de nivel medio-alto de 1 km de lonxitude e sempre en baixada. Merece a pena. Se un non se atreve, mellor volver pola pista. Desde o punto 01 vólvese pola mesma pista de subida.
Feito en agosto de 2011.

Outras rutas de Viveiro e a Mariña:

Do Pozo da Ferida ao Souto da Retorta (Chavín)
23-AGO-11 14:00:20
23-AGO-11 14:38:41

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta