• Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos
  • Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos
  • Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos
  • Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos
  • Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos
  • Foto de Caldebarcos-A Moa-O Fieiro-Peñafiel-Caldebarcos

Tempo  4 horas 57 minutos

Coordenadas 2821

Fecha de subida 18 de mayo de 2016

Fecha de realización mayo 2016

-
-
607 m
16 m
0
5,7
11
22,84 km

Vista 1277 veces, descargada 9 veces

preto de Caldebarcos, Galicia (España)

Saída dende Caldebarcos, subida ata Lomba da Laxe a uns 200m de altura.

Atravésase o Chan de Lamas ata a pista que leva ao Pedrullo, onde comeza a subida á Moa. Ata aquí vexetación baixa, moitos toxos e silvas, apenas hai árbores e por momentos o camiño é dificil de seguilo. O Chan de Lamas semella unha zona desértica nesta época que xa fai calor.

Subida ata a Moa. O Camiño esta marcado con pedras e de cando en vez algún hito de madeira. Estreito, con moitas pedras e vexetación baixa. Na metade do ascenso temos o Chan de Lourenzo que permite correr algo. Chegada ata a Moa a uns 620m de altura. Vistas espectaculares de O Pindo, O ëzaro, Corcubión, Fisterra, a praia de Carnota...

Dende A Moa baixada ata a aldea de O Fieiro. Este camiño é máis ancho (é o máis adecuado para as excursión familiares). O último tramo antes de O Fieiro é por unha pista forestal.

Dende O Fieiro baixada ata o rego Sancheferro e dende alí comeza a subida a Peñafiel. Ródease o pico Peñafiel pola cara leste e seguimos en parelelo ao rego Caldeiros. A subida faise máis dura conforme imos achegándonos á Moa. Todo este tramo está bastante cuberto pola vexetación e por ocasións é dificil ver por dónde hai que ir.

Chegamos á bifurcación donde se xunta o camiño que vai á Moa, o de baixada hacia o Pedrullo e o de Peñafiel. Baixada dende ahí ata o Pedrullo polo mesmo sitio da subida. Uns 2.5km nuns 20min aprox...co que custou subir!

Dende alí polo mesmo camiño que a ida ata Caldebarcos.

As 5h da ruta son facendo unha parada na Moa para comer algo e outra no Fieiro para descansar, e sacando bastantes fotos durante toda a ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta