-
-
197 m
0 m
0
4,2
8,4
16,77 km

Vista 1857 veces, descargada 7 veces

preto de Marín, Galicia (España)

Descubrindo o Menhir de Pedrafita de Casas Vellas, Currás – Marín.

No lugar coñecido como Chan de Currás, visitamos a chamada Pedrafita de Casas Vellas, un enorme “menhir” de 9 toneladas de peso, e que segundo estudos do investigador J.Alberto Alonso, trataríase dun observatorio astronómico do Neolítico, época na que a alimentación vai a depender da agricultura e esta a súa vez do coñecemento das estacións climáticas.

Desgraciadamente, a pedra xa non está no seu emprazamento orixinal, foi trasladada uns metros por mor das obras da variante de Marín, nunha polémica actuación moi criticada no seu momento.

Non sabemos se Asterix e Obelix estiveron por terras galegas, probablemente si, dada a súa condición de viaxeiros empedernidos, o que si sabemos certo é unha cousa: que esta Pedrafita de Currás non é da súa autoría, pois mentres os protagonistas do cómic viviron na época de Xulio César (no S.I a.C), a cultura megalítica, a que pertence o noso “menhir”, desenvolvese no 3o milenio a. C.

Percorrido aprox.: 16 Km.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta