-
-
247 m
4 m
0
2,1
4,3
8,56 km

Vista 1328 veces, descargada 0 veces

preto de Cambados, Galicia (España)

Saída na rotonda que vai de Cambados a Tragove -porto pesqueiro - e colle cara Vilagarcía. Tramo plano pasando ata chegar ao cruce de Corbillón tomando á dereita en suave ascenso. Paso por riba da VG continuando en costa. Á metade concerto canino por pasar o refuxio dos cans. Desnivel sobre 4/7% ata chegar ao alto. Baixada de baixada leve deixando á dereita a adega de Bazán. Cruce e tomando segunda saída por pista ascendente a András. A 1,5 km empato coa estrada que vai saír ás Travesas. Segue a subida a 3/5% para chegar no alto a un desvío á esquerda que xa ten rampas curtas (70 m.) e duras 9/12% . Logo dunha curva á esquerda en ferradura, a pendente modérase durante 1 km. Pasamos o cruce terreño que vai ao faro das Lúas e pouco despois a estrada volve empinar para rematar en bifurcación á esquerda.
Esplédidas vistas da ría de Arousa.

Despois de cambiar os piños 11/29 por 11/32 para máis tranquilidade, manda carallo, non necesito nin o de 29. Como se me metesen un foguete no ..
Como xa ando nunha idade provecta quero subir o Xiabre desde Vilagarcía sen que me teñan que facer respiración artificial. Iso será outra historia...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta