-
-
1.179 m
348 m
0
28
56
111,13 km

Vista 3077 veces, descargada 21 veces

preto de Verín, Galicia (España)

Si na Marcha "Rompepernas" do C.C. Riazor o pasamos mal por culpa da choiva e o frio, nesta que nos ocupa, a II Marcha "Val do Támega" organizada pola xente do C.C. Verín, tamén o pasamos mal (fisicamente, enténdese) pero por culpa da calor. O termómetro do meu Sigma ROX 9.0 chegou a marcar 44ºC ó sol cando pasaba pola Serra Seca camiño da Gudiña. De non ser por ese "detalle" podía ter sido un magnífico dia para disfrutar da bicicleta e da paisaxe pola que nos levaron os organizadores.
Empezando polo principio, xa o día anterior prometía. A organización tiña preparada unha charla na que interviñan Sabino Cortizo, Vice da Federación Galega, Xesús Blanco Villar, director deportivo e Ezequiel Mosquera, ciclista en activo pero, de momento, en "paro forzoso". A charla foi o suficientemente amena como para que tiveran que botarnos da Casa de Cultura por rebasar o tempo fixado de uso do local.
Xa o domingo, o día prometía unha boa xornada ciclista, como así comenzou, pero unha vez chegados ó tramo libre e según subiamos camiño do Alto do Foxo aquelo foise convertendo nunha tortura. Quen crea que esaxero, que pense que vivo á beira do mar donde a temperatura media máis alta anda polos 25ºC e moi poucas veces na miña vida estiven por encima dos 40ºC.
Ainda asi, conseguimos terminar dentro do tempo (sen poder mellorar o do ano pasado, eso sí) e mantendo a integridade física.
Nos comentarios doutras marchas feitas este ano, teño dito que as das Rias Baixas son, paisaxísticamente, das máis fermosas de Galicia. Pois ben: A Volta ó Val do Támega é, sencillamente, espectacular. Esa subida ó Foxo deixando cada vez mais abaixo o Val de Verín e Monterrei; a carretera que bordea o Encoro das Portas, inmenso, o segundo máis grande de Galicia despois de Belesar ou a travesía pola Serra Seca, entre Campobecerros e A Gudiña, son dignos de pararse e admiralos durantes uns minutos. Cousa que, por certo, non puiden facer como quixera porque non estaba nas mellores "condicións". Pero todo se andará...
Naturalmente, esta marcha xa a temos marcada para o ano que ven e si a organización tivera o "detalle" de calendala para abril ou maio, por aquelo da calor, xa sería de nota.
Finalmente, noraboa á xente do C.C. Verín e a tódolos seus colaboradores, porque nos fixeron sentir coma na casa e nos botaron unha man sempre que o precisamos, con unha organización que estivo á altura do percorrido e das paraxes polas que pasamos. E para colmo e por si fora pouco, tiveron a ben obsequiarnos con productos da terra dos que, por suposto, estamos dando boa conta estes días.
¡¡Vémonos o vindeiro ano!!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta