-
-
665 m
296 m
0
9,2
18
36,62 km
Vista 3815 veces, descargada 27 veces
preto de Monforte de Lemos, Galicia (España)
MONFORTE-ADEGAS MILENARIAS DE VILACHA-MIRADOR DA CAPELA-MONFORTE
Imprescindible percorrido pola zona máis rural e encantadora da comarca de Monforte, con saída dende a capital da antiga terra dos lemavos -Dactonio, segundo as tablas de Plinio- enmarcada na súa maioría por lameiros extensivos para a cría de vacún e piñeiros de repoboación.
Sombras e chairas preceden a ascensión ata Vilachá, cun desnivel tolerable para o ciclista medio, onde aparecen extraordinarios exemplos da antropoloxía da paisaxe que fixeron posible a adaptación do home ó territorio galego.
As adegas "millenarias" de Vilachá -como reza unha sinalización municipal quizáis agarimosamente esaxerada- dibuxan un pobo ordeado e ideal, limpo e restaurado, de adegas tradicionais agrupadas, que se abren ó público o día primeiro de maio na súa propia feira do viño.
Semiexcavadas no terreo, gardan unha completa isotermia e son un exemplo da enxeñosa adaptabilidade da arquitectura galega ós recursos existentes.
Para rematar as sorpresas, apenas uns quilómetros máis adiante os soterramentos dan paso ós amplos horizontes, e podemos disfrutar da orxía paisaxística da Ribeira Sacra dende o mirador da Capela, equilibradamente deseñado.
Como guinda,no noso percorrido disfrutamos da presencia dunha zorra, e xa preto do retorno a Monforte, case noite, de tres corzas que aproveitaban o grao dunha recente seitura nun campo de Barrio Novo. A foto non é moi boa, pero tendo e conta que está feita cun iphone ó solpor, valla como testimonio.
Un último comentario para a primeira fotografía, un cruceiro ubicado na entrada a Vilachá que, polo que coñecemos, é o priemeiro documentado no que o Cristo posa sorrinte, nunha representación un tanto naif semellante as "cruces de pedra da Bretaña", medio estampa e medio medusa. Excepcional.
Desfrutadea.

1 comentario
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
luskoefusko 02-ago-2015
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Ruta tranquila y relativamente cómoda, la subida a Vilachá es "curiosa" para principiantes...