Descargar

Distancia

91,13 km

Desnivel positivo

2.096 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

2.096 m

Altitud máxima

1.424 m

Trailrank

33

Altitud mínima

670 m

Trail type

Circular

Tempo

5 horas 39 minutos

Coordenadas

7499

Fecha de subida

25 de octubre de 2020

Fecha de realización

octubre 2020

Seguimiento en Vivo

Deja que quien tú decidas sepa dónde te encuentras mientras sigues o grabas una ruta desde la app.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Seguimiento en Vivo Seguimiento en Vivo
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.424 m
670 m
91,13 km

Vista 64 veces, descargada 4 veces

preto de Ripoll, Catalunya (España)

Ruta en bicicleta polo Prepirineu, comarcas do Ripollès e Berguedà, sen un metro chan e estradas pouco transitadas. Primeira parte de terreo rompepernas entre Ripoll, Borredà e La Pobla de Llilet, onde destacaba a subida a Sant Jaume de Frontanyà, para deixar paso a un tramo máis esixente ata Castellar de n'Hug (1404m) polo Coll de la Creueta e ao Santuari de Montgrony(1376m).

Realizada o 24 de outubro do 2020, en pleno outono, gozando das súas cores amarelas e follas caídas.

CRÓNICA
Aparcamos na entrada de Ripoll (hai diferentes posibilidades de aparcamento á beira da C-17 no entorno da zona comercial) e collemos a C-17 en sentido sur para desviarnos en menos dun quilómetro pola C-26 sentido Les Llosses/Berga. Comeza un terreo rompepernas no que, despois dun inicio chan, afrontamos dúas subidas suaves: a primeira coroámola á altura da igrexa de Santa Maria de Matamala (Les Llosses) e a segunda nun pequeno núcleo de casas xa dentro do concello de Borredà.

Despois de dous quilómetros e medio de baixada, xusto antes de Borredà, tomamos un desvío a man dereita que nos leva a pedalear pola BV-4656 en dirección a Sant Jaume de Frontanyà. O terreo será máis esixente a partir deste punto, comezamos unha subida que, sen grandes porcentaxes pero constante durante nove quilómetros, nos levará ata o pobo de Sant Jaume de Frontanyà. Alí realizamos unha primeira parada para visitar a súa igrexa románica, o único que se mantén en pé do Monestir de Sant Jaume de Frontanyà e unha gran mostra do románico catalán, e recuperar forzas (á beira da igrexa hai un parque cunha fonte onde se poden enchar os bidóns).

Continuamos pola BV-4656 onde nos agardan un par de quilómetros duros antes de coroar os Coll de Sant Jaume e Coll de la Batallola con algunhas rampas que se achegan ao 18% e un pequeno descanso. Comezamos o descenso cara La Pobla de Lillet por unha estrada en peor estado, pero moi agradecida e ben bonita nesta tempada de outono. Desembocamos na B-402, estrada que nos permitiría subir ata o Coll de Merolla (unha posibilidade se preferimos recortar a ruta) mais que nós tomamos á esquerda en dirección a La Pobla de Lillet. Aproveitamos os poucos quilómetros de baixada que nos quedan para recuperar forzas e gozar coas vistas sobre o Cadí-Moixeró co Pedraforca, que acompañará boa parte da nosa ruta dende este punto, presidindo a panorámica.

Antes de chegar a La Pobla de Lillet, collemos a BV-4031 en dirección a Castellar de n'Hug, comezando o coñecido Coll de la Creueta, escenario de etapas da Volta Catalunya e empregado como porto de paso entre o Berguedà e a Cerdanya. Trátase dunha subida longa e con desnivel pero agradecida xa que conta con poucas rampas que superen os dobles díxitos. Chegamos a Castellar de n'Hug, pouco despois das Fonts del Llobregat (nacedoiro do río Llobregat), onde realizamos unha parada para recuperar forzas (pouco máis adiante da igrexa hai unha fonte onde encher os bidóns) e gozar da panorámica. Alí abandonamos o Coll de la Creueta (serían dez quilómetros máis de ascensión), para tomar unha estrada rural preciosa que nos introduce na serra do Montgrony.

Durante dez quilómetros recuperamos enerxía e gozamos dunha paisaxe outonal preciosa para afrontar a última subida do día. Abandonamos esa estrada rural que posteriormente recuperaremos para finalizar a ruta nun cruce á esquerda, perfectamente sinalizado, que nos leva ao Santuari de Montgrony. Pouco máis de tres quilómetros de asfalto e cemento que se fan ben duros pola acumulación de esforzo e pola dureza dos dous primeiros, con rampas que superan o 10% e que esixen dunhas pernas que xa buscan descanso. O Santuari e os seus arrredores teñen un valor paisaxístico e patrimonial moi importante, mais tamén son unha das zonas máis queridas polos escaladores. Dende este punto, a nosa ruta xa non requerirá máis esforzos e só perderá altura.

Regresamos pola mesma pista para recuperar a estrada rural que abandonamos tres quilómetros antes dirección a Gombrén. Desembocamos dous quilómetros despois na estrada, GI-402/401, que ven dende o Coll de Merolla e que nos levará ata Campdevànol nun descenso constante e suave.

Atravesamos a vía do tren en Campdevànol e xiramos á dereita na C-17 en dirección Ripoll. Os últimos quilómetros son por unha estrada con máis tráfico, moito máis desagradable, pero é un último esforzo que, coa ilusión da ruta que estamos a piques de completar, se fai ben a gusto.
Waypoint

Cruce C-26

Waypoint

Santa Maria de Matamala

Waypoint

Subida a Sant Jaume de Frontanyà

Waypoint

Sant Jaume de Frontanyà (Igrexa + Fonte)

Waypoint

Coll de la Batallola

Waypoint

Posibilidade de reducir a ruta

Waypoint

Comeza Coll de la Creueta

Waypoint

Castellar de n'Hug (Fonte)

Waypoint

Estrada rural do Montgrony

  • Foto de Estrada rural do Montgrony
Waypoint

Subida ao Santuari de Montgrony

Waypoint

Santuari de Montgrony

  • Foto de Santuari de Montgrony
Waypoint

Campdevànol

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta