Coordenadas 554

Fecha de subida 21 de febrero de 2017

-
-
398 m
166 m
0
4,1
8,2
16,35 km

Vista 1277 veces, descargada 0 veces

preto de Encrobas, Galicia (España)

"As Encrobas é un dos conflitos con máis repercusión (social, política, cultural) dos vividos en Galiza. Comezou no momento no que Lignitos de Meirama SA – que facía parte do grupo empresarial no que estaban Fenosa e Banco Pastor, propiedades de Barrié de la Maza, Conde de Fenosa e egrexio franquista - compra os dereitos de explotación dunha mina n'As Encrobas. Comeza o proceso de expropiación de terras, leiras e hortas á veciñanza en 1975, ao abeiro dun decreto franquista. Expropiacións que teñen lugar nunha zona de gran riqueza agraria. Ao tempo, danse os primeiros pasos para construír a central térmica de Meirama.

Prenden os protestos vecinhais, que son duramente reprimidos pola Guardia Civil,o que dá lugar a enfrontamentos que soliviantan unha Galiza que comezaba saír do franquismo. A solidariedade para cos vecinhos d'As Encobras esténdense por todo o país.

“A nosa Terra é nosa e non de Fenosa” convértese nun lema que fai época. Case 60.000 persoas maniféstanse n'A Corunha contra os plans de Fenosa e as forzas de seguridade cargan con dureza contra os participantes na mobilización. O 15 de febreiro de 1977 a empresa tenta tomar posesión dos terreos nesta parroquia, protexida por máis de 200 efectivos da Guardia Civil. Fanlle fronte os vecinhos, entre elas moitas mulleres e persoas de idade avanzada, que non recúan embora as cargas e golpes. Hai ducias de feridos e detidos e o día deixa unhas imaxes (obra de Xosé Castro) que chegan mesmo á prensa internacional."

http://praza.gal/movementos-sociais/13682/as-encrobas-40-anos-despois-a-nosa-terra-ainda-non-e-nosa/

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta