-
-
146 m
93 m
0
3,2
6,4
12,78 km

Vista 918 veces, descargada 0 veces

preto de Ourense, Galicia (España)

III Bicipaseo Patrimonial por Ourense

Antes de nada fagamos memoria das convocatorias anteriores (inverno e primavera) nas que descubrimos primeiro as orixes da cidade de Ourense e a riqueza biolóxica asociada ó río Miño e, segundo, as catedrais orixinais de Ourense (xa desaparecidas), o proxecto frustrado de ter unha praza semellante á do Obradoiro en Ourense e toda a riqueza natural asociada ao regato dos Muíños (Barbañica) chegando incluso a saír do noso municipio pola Valenzá, onde o pasamos en grande cos obradoiros de recoñecemento do canto dos paxaros.

Agora chega o verán e o prometido é débeda!! Dixemos que esta convocatoria sería de noite e así será, alomenos "noitiña". Desta volta, coincidindo co 1ºBICOMUN Ourense (http://bicomun.niquelarte.org/ourense-05.html) que dende este momento pasará a estar moi ligado ao discorrer dos bicipaseos, descubriremos moitos máis lugares nunha pequena ruta de 13 km de dificultade baixa. Xa que logo mantemos a máxima de que a actividade ten que ser inclusiva e permitir a participación de calquera persoa, incluso como primeiro contacto coa bicicleta ou abrindo a participación a menores como nas anteriores ocasións (sempre acompañados dun adulto responsable).

O programa é o seguinte:
Dende as 12:00 da mañá e ata as 14:30 e dende as 16:30 e ata as 19:30 estarán expostas na Praza Maior as fichas de cada ben que veremos na ruta para que cada quen poda valorar o seu coñecemento, estado de conservación, etc. no que se coñece como BICOMÚN. Existirá tamén un punto para os máis cativos polo que toda a familia será ben acollida.

Ás 19:30 (tamén dende a Praza Maior) iniciaremos o bicipaseo e, como sempre, faremos diferentes paradas interpretativas polo camiño para comprender ben os recursos que nos rodean e mellorar o seu recoñecemento (Castros de Oira e Santomé, Río Barbaña, Tren, Rianxo, Casa Taboada...). Desta volta a lista de colaboradores será moito máis grande polo que será máis divertido se cadra.

Organizadores e colaboradores:
Xeitura
Niquelarte
Sinensaio produccións
A Bela Auria
ESCUA
Bilurico
Vou Axenda
M´jail
Recuperar os nomes

A actividade rematará arredor das 21:30 - 22:00 de novo na Praza Maior.

Poñede a punto as bicis que saímos de paseo!!

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta