-
-
174 m
93 m
0
3,9
7,7
15,46 km

Vista 1076 veces, descargada 4 veces

preto de Las Caldas, Galicia (España)

II Bicipaseo Patrimonial por Ourense

Despois da fantástica experiencia do 8 de decembro de 2012 coa que descubrimos as orixes da cidade de Ourense e a riqueza biolóxica asociada ó río Miño, nesta segunda convocatoria do 23 de marzo damos a benvida á primavera pedaleando cara dous espazos de grande valor patrimonial, combinando unha vez máis natureza, cultura e deporte. Da man de Martiño (Xeitura) e Rebeca (VOU) descubriremos as dúas catedrais de Ourense -si, non é unha errata, as dúas catedrais de Ourense- e un proxecto frustrado que puido mudar por completo a faciana do noso casco histórico. Disque podendo chegar a ter algo semellante á praza do Obradoiro de Compostela! Con Raúl (Bilurico), desta volta, aprenderemos a mirar con outros ollos un río esquecido en Ourense, o Barbañica. Da súa man remontaremos este río para localizar un lugar extraordinario ó carón do noso municipio, tanto que está protexido baixo a categoría de protección de Espazo Natural de Interese Local. Preparade os bocatas, neste punto faremos tamén un pequeno picnic para repoñer forzas e coñecernos mellor.

Poñede a punto as bicis que saímos de paseo!!

Ver más external

1 comentario

  • Foto de Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural

    Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural 18-feb-2013

    ...seguro que coñecedes a catedral de Ourense? ...pero seguro seguro? Se é así algo raro tedes que observar na imaxe. https://gl.wikiloc.com/rutas-cicloturismo/bicipaseo-primaveral-2013-3981955/photo-1920391

Si quieres, puedes o esta ruta