-
-
659 m
0 m
0
52
103
206,18 km

Vista 316 veces, descargada 14 veces

preto de Bastiagueiro, Galicia (España)

A NEGRITUDE

DESCRIPCIÓN

A protobrevet intitulada “Negritude”, con deseño para este ano 2017, consta dun percorrido de estrutura circular e decorrerá polas comarcas da Coruña, Mariñas, Eume, Ordes, Terra Cha e Arzúa.

O pavimento alternará entre o asfalto e a terra compactada, cunha proporción entre superficies cercana ao 50%.

A distancia total ascende a 200 quilómetros a cubrir en menos de 13 horas e 30 minutos, cinguíndose ao horario establecido para unha brevet correspondente á antedita quilometraxe.

RECOMENDACIÓNS

Equipar o velocípedo a empregar cun sistema de iluminación acorde ao código de circulación vixente, dado que o horario proposto excede as horas de luz solar.

Inflar os neumáticos cunha presión cercana aos máximos impostos polo conxunto aro, cámara, cuberta.
Sobre terra as vibracións verticais deberán ser sempre asumidas polo tecido da cuberta, o conxunto aro radiado, e o chasis da propia bicicleta polo que rebaixar presión de neumáticos so pode conducir a reducir a seguridade e a pinchar por llantazo.

Levar algún sistema de posicionamento gps.

Efectuar unha revisión previa de pares de aprete en toda a tornillería do veículo.

Usar cubertas cun valor de protección fronte ao pinchazo acorde ás necesidades e con dimensións iguais ou superiores a 25mm de sección.

Levar varias cámaras de recambio e unha cuberta, ademais dun xogo variado de puntas ou bocas que cubra toda a tornillería disposta sobre a bicicleta.

Recoméndase usar unha bicicleta en disposición xenérica club, light roadster ou roadster, segundo a estratificación conceptual británica.

Nos tramos de terra en ningún momento se debe “rodar a roda” posto que esta práctica elimina a posibilidade de visualizar, con suficiente antelación, os posibles obstáculos que as pistas de terra adoitan presentar.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta