-
-
160 m
7 m
0
6,6
13
26,46 km

Vista 410 veces, descargada 37 veces

preto de Gondomar, Galicia (España)

Pazo de século XVII, de planta rectangular e tellado a tres augas. Está feito a base de cadeirado granítico. Na parte este posúe unha solaina. O portalón de aceso ao recinto posúe dous escudos nobiliarios (dos Castro e Pereira á dereita e o de Castro e Vázquez á esquerda) e ameas. O pazo, que foi destruído por un incendio, restaurouse no século XIX. Este pazo presenta unha capela exenta, a Capela da Mourisca. Fotogrametría: Propiedade: Privada Uso actual: Residencial Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: BIBLIOGRAFÍA Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012
Construído a finais do S. XVII ou principios do XVIII. É un edificio que orixinariamente tiña planta en forma de L, aínda que hoxe os moitos engadidos e reformas desvirtúan esta forma orixinal. Presenta muros encalados agás os recercamentos de ocos, pilastras de esquina e cornixamento, fachada posterior cara a solaina e escudos na fachada principal coas armas dos Arines, Troncoso, Ceta, Soutomaior, Acuña e outros. Dentro do patio emprázase un gran patín, e na fachada sureste a solaina sobre soportais. Ademais o conxunto complétase co hórreo e varias construcións menores de servizo: alpendres, cortes, adegas, etc. Sobre este pazo estableceu un morgado D. Remigio Ramón de Arines, señor do Pazo de Pampillón. Hoxe, fragmentada a propiedade, segue pertencendo aos descendentes directos do fundador. Fotogrametría: Propiedade: Privada Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: PÁXINAS WEB http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf (Páxina 15) http://turoqua.blogspot.com.es/2009/03/o-pazo-barreiro-gondomar-pontevedra.html http://www.minhor.org/xeiras/calendario/872-xeira-do-iem-ao-pazo-de-barreiro-e-a-sua-contorna-na-parroquia-de-vilaza http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9433&ctre=36 http://www.farodevigo.es/comarcas/3096/ex-alcalde-baiones-quintas-derriba-muro-pazo-barreiro-permiso/159139.html BIBLIOGRAFÍA Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012
O pazo de Pampillón presenta unha planta en L a dúas alturas cun engadido posterior dun corpo a unha altura, o que proporcionou a creación dun patio central case interior dándolle ao conxunto unha planta en escuadra. Cerra a finca un muro de cachotería que na zona do portalón é de cadeirado, con porta alintelada sobre a que se mostra o escudo da casa coas armas dos Arines, Taboada, Castro, Acuña, Sotomayor, Ceta e Troncoso. A edificación, que foi remodelada no século XVIII, non sufriu grandes modificacións, mantendo a súa organización primixenia. A súa estrutura pode considerarse como a estrutura tradicional dos pazos do litoral sur de Galicia. Dentro do conxunto destacan as grandes chemineas e o portón de acceso de elegante traza, así como o monumentais brasóns. Posúe un gran canizo e dous enormes lagares, que indican que foi unha poderosa casa agrícola. Outros elementos a destacar son o corredor do patio de armas e a escalinata da fachada oeste, así como o xardín, que inclúe especies traidas de América e ten un grande interese botánico, e a mina de auga á que se accede por unha escaleira preto da casa. Fotogrametría: Propiedade: Privada Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: PÁXINAS WEB http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf (Páxina 16) http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA008.pdf (Páxina 16) BIBLIOGRAFÍA Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012 Espinosa Rodríguez, José. Cosas y casas del Valle Miñor.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta