-
-
311 m
7 m
0
25
50
99,91 km

Vista 46 veces, descargada 2 veces

preto de Elviña, Galicia (España)

Ruta dos igrexarios – 02/03/2019. Para facer nunha mañá ou tarde.

Igrexario: conxunto formado pola igrexa, cemiterio, carballeira, cruceiros e casa reitoral. Polo común na veciñanza dunha pequena aldea.

Os igrexarios forman unha malla sobre a paisaxe cultural e representan os fitos da súa identidade. En xeral están situados en lugares apartados e fora das estradas principais, case sempre separados do núcleo principal que lle dá nome á parroquia, e denominándose o lugar onde se asenta como “O Igrexario”.

A maior parte aséntanse nos seus lugares desde a Idade Media e evidencian conexións cun pasado máis remoto. Con frecuencia inclúen importantes mostras de arquitectura histórica así como de espazos de gran calidade ambiental. Ainda que hoxe deteriorados polas ampliacións dos cemiterios, aparcadoiros, construcións adxacentes, etc.

Nesta ruta, con saída e chegada en Matogrande, percorremos 17 Igrexarios dos concellos de Arteixo (9), Carballo (3) e da Laracha (5).

Por orde de paso:

1 Loureda - 2 Lañas - 3 Armentón - 4 Barrañán - 5 Sorrizo - 6 Noicela - 7 Rebordelos
- 8 Lema - 9 Lemaio - 10 Lendo - 11 Chamín - 12 Monteagudo - 13 Larín - 14 Coiro
- 15 Soutullo - 16 Erboedo - 17 Morás

En moitas das miñas saídas paso por algúns deles. Ás veces soan as campás e case sempre tocan, a morto.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta