-
-
598 m
3 m
0
7,1
14
28,46 km

Vista 1597 veces, descargada 9 veces

preto de Cedeira, Galicia (España)

Trátatase dunha ruta mixta destinada a observar impresionantes panorámicas e algúns dos principais enclaves xeomorfolóxicos da Serra de A Capelada.
P1- Podemos deixar o coche nunha explanada cercana á estación de telefonía. Dende aquí observamos San Andrés de Teixido, asentado nunha terraza de esvaramento. Estes poden acontecer en arxilas producto da alteración das serpentinitas da zona. Ao fondo poderemos observar a Garita de Herbeira. Podemos camiñar ata P1.1 para observar os cantís. Dende aquí iremos andando primeiro ao punto 1.1 e logo ao mirador 1.2 percorrendo unha pequena distancia pola estrada
P1.1 - Dende o alto do cantil poderemos observar, se non hai néboa, a Praia de bolos de Cortes.
P1.2 - Magnífico lugar para observar a costa de San Andrés e para descansar e tomar un pequeno aperitivo.
P1.3 Aínda que non está na ruta de hoxe, podemos acceder aos cantís e á praia de Cortes por un camiño que sae desde a aldea de San Andrés de Teixido
P2 - Desde aquí temos outra perspectiva do asentamento de San Andrés de Teixido. Na zona podemos atopar bonitas rochas bandeadas de granulitas.
P2.1 Tampouco esta no guión do día baixar á costa polo val de Teixedelo. Non ten demasiadas complicacións pois hai un camiño ben marcado ata a propia costa. Según algúns estudiosos do tema é posible observar no fondo do val indicios e formas que nos falan da última glaciación (restos de moreas frontais e laterais así como estrías de desprazamento).
P3 - Deixamos o coche e camiñamos uns metros ata P3.1 e P3.2
P3.1 Aquí podemos atopar un dique de seixo que aflora por tramos na superficie e que é o recheo dunha falla da zona.
P3.2 Despois de ver o dique de seixo podemos pasar un tempo nunha pequena canteira na que buscar serpentinas e fragmentod e seixo con pequenas xeodas e drusas.
P4 - Deixamos o coche na estrada e nos acercamos a P4.1 (Garita de Herbeira)
P4.1 - Estamos no punto máis alto desta costa. Posiblemente se trata do cantil máis alto da Europa continental, onde atopamos unha construcción de pedra de 1805 que servía de atalaia de vixiancia costeira.
P5 - Canteira abandonada de peridotita na que podemos atopar acumulacións de micas verdes (Fuchsita ?)
P6 - Bonita vila na que se pode respirar o ambiente mariñeiro.
P6.1 Podemos observar as rochas que forman o dique do porto (ecloxitas e granulitas principalmente).
P6.2 Si nos achegamos ao final da vila podemos ver as rochas pregadas nos cantís próximos.
P7 Final do percorrido no que podemos observar o Faro e os "aguillóns" (prolongación do cabo) así como os impresionantes cantís da Capelada.
P7.1 A escasos metros do faro podemos dedicarnos a buscar algún fragmento de ecloxita
P1.4 Praia de Cortes. Trátase dunha praia de bolos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta