• Foto de 01 O Castro (Taboelle)
  • Foto de 02 O Castro (Penarrubia)
  • Foto de 03 A Castronela (Matelo)
  • Foto de 04 A Caderna (Marcoi)
  • Foto de 05 A Rodela (Vilaverde)
  • Foto de 06 Castro Zapateiro (Cristimil)

Coordenadas 643

Fecha de subida 2 de diciembre de 2012

Fecha de realización diciembre 2012

-
-
582 m
324 m
0
7,0
14
27,88 km

Vista 3249 veces, descargada 17 veces

preto de Meilán, Galicia (España)

Esta ruta forma parte do proxecto persoal de unir mediante rutas en coche e curtos paseos os castros catalogados do concello de Lugo.

Esta primeira ruta pasa por 6 castros situados entre o río Miño, a N-540 e a estrada a Friol (LU-232). O inicio está xunto á vella potabilizadora e o final na ponte de Ombreiro.

As outras rutas: 1, 2, 3, 4, 5

As fotos de cada castro proceden de sigpac.

Breve descrición dos castros a partir dos textos que aparecen no PXOM de Lugo:

1- O Castro: Situado en Taboelle, parroquia de San Miguel de Orbazai. Castro prácticamente desaparecido na actualidade. Só pode observarse un tramo no SE con restos dun terraplén defensivo. A súa forma debeu de ser oval. Cortado pola pista de acceso a Penarrubia. A casa que está sobre el chámase Casa do Castro.

2- O Castro: Situado en Penarrubia, parroquia de San Miguel de Orbazai. Castro dun só recinto semicircular, defendido por un terraplén. O interior está moi alterado por unha antiga canteira. Foi obxecto de excavacións arqueolóxicas. Arredor de 1 hectárea de superficie.

3- A Castronela: Situado en Matelo, parroquia de Sta. María Alta. Castro lixeiramente ovalado defendido por unha muralla con dobre paramento de mampostería de granito. Adosado ao recinto principal polo SW-S hai un segundo recinto, a modo de antecastro, tamén cun parapeto de terra e un terraplén polo SE.

4- A Caderna: Situado en Marcoi, parroquia de Sta. María Alta. Castro circular cunha muralla de dobre lenzo e mampostería de granito.

5- A Rodela: Situado en Vilaverde, parroquia de San Salvador de Outeiro. Castro cun só recinto con parte de parapeto e foxo. Case unha hectárea de superficie.

6- Castro Zapateiro: Situado en Cristimil, parroquia de San Martiño de Ombreiro. Castro que ocupa un pequeno esporón na ladeira dunha dorsal configurado por un só recinto e defendido por un terraplén ao arredor, e restos dun parapeto con foxo en gran parte do recinto. Obsérvase algún corte na estrutura defensiva que permite ver a existencia dunha muralla pétrea. Na foto aérea é case indetectable, pero apréciase moito mellor in situ. ACTUALIZACIÓN (2015): As árbores que o cubrían foron taladas polo que se aprecia moito mellor a estrutura do castro.

Feita en decembro de 2012 por Lucía e Jose.

Os arquivos coas mámoas do concello de Lugo son:

Mámoas 1
Mámoas 2
Mámoas 3


Outros restos arqueolóxicos do concello de Lugo non catalogados como castrexos nin mámoas son:

Outros restos do concello de Lugo
  • Foto de 01 O Castro (Taboelle)
Camino
  • Foto de 02 O Castro (Penarrubia)
Camino
  • Foto de 03 A Castronela (Matelo)
Camino
  • Foto de 04 A Caderna (Marcoi)
Camino
  • Foto de 05 A Rodela (Vilaverde)
Camino
  • Foto de 06 Castro Zapateiro (Cristimil)
Viladónega

4 comentarios

  • Foto de xabi67

    xabi67 02-dic-2012

    Gracias polas túas rutas. Son do mellorciño do wikiloc na provincia de Lugo

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 03-dic-2012

    Moitas grazas a ti polo teu comentario. A ver se nos atopamos algún día por un deses camiños.

  • martinalamancos 21-nov-2014

    Acabo de descubrilas, moi bo traballo!!

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 25-nov-2014

    Grazas!!!

Si quieres, puedes o esta ruta