Coordenadas 1088

Fecha de subida 19 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
565 m
373 m
0
11
22
44,37 km

Vista 2019 veces, descargada 29 veces

preto de Lugo, Galicia (España)

Esta ruta forma parte do proxecto persoal de unir mediante recorridos en coche e curtos paseos os castros catalogados no PXOM do concello de Lugo.

Esta cuarta ruta pasa por 9 castros situados entre a N-640 (Lugo-Ribadeo) e o río Miño. O inicio está na fonte do Rei e o final na N-640 na Fervedoira.

As fotos aéreas proceden de Google Earth.

As outras rutas: 1, 2, 3, 4, 5

Breve descrición dos castros a partir dos textos que aparecen no PXOM de Lugo:

27. Castro Madorra: Situado no lugar de O Castro, parroquia de Santo André do Castro. O castro está moi alterado pola construción da igrexa parroquial e do seu atrio que ocupan case todo o recinto. Conserva un terraplén polo S.

28. O Castro: situado en A Casilla, parroquia de san Xoán de Pena. Croa de aspecto case circular defendido por terrapléns de ata 2 metros de alto. Conserva restos de dous parapetos, un deles rodeando á croa pola parte N-NW, e outro perpendicular pola parte S. O xacemento está moi alterado por labouras agrícolas sobre todo ao W e E.

29. O Castro: situado en Recimil, parroquia de san Lourenzo de Recimil. O castro está destruído completamente. Non se conserva ningunha evidencia do mesmo inda que pode adiviñarse a súa configuración. No seu lugar está a igrexa parroquial.

30. O Castro: situado en Castro, parroquia de Sta. Mª de Bóveda. Castro dun só recinto de forma circular defendido por un único terraplén todo arredor e moi afectado por actividades agrícolas e pola localización dentro do seu perímetro dunha granxa.

31. Cunca do Castro: situado en Tellado, parroquia de san Pedro de Romeán. Castro dun só recinto de forma circular, defendido por un terraplén arredor e parapeto/muralla con foxo polo N-NW e NE. Na actualidade está totalmente cuberto por un denso manto de vexetación e arboreda de piñeiros e carballos pero pode recorrerse na súa maior parte sen atrancos. A muralla ten varios metros de
altura. Chégase ata el sen moitos problemas salvo na parte final que a senda pode estar con algo de vexetación.

32. O Castro/Castro de Gondar: situado en Bascuas, parroquia de Sta. Mª de Gondar. Castro con morfoloxía sinxela de dobre recinto circular. Ao S non se pode precisar por causa da vexetación. Este recinto está defendido por un terraplén de 5 a 7 metros de altura e un pequeno parapeto de 2 metros de altura na parte septentrional. No centro deste recinto hai unha zona máis alta. O
segundo recinto, detectado nas partes oriental e septentrional, estaba defendido por un terraplén de 2 ou 3 metros de altura e ten 30 metros de aterrazamento en torno ao primeiro recinto. É complicado atopar sitio para aparcar xa que o arcén é estreito. Uns 200 m máis adiante do castro (en dirección á Fonsagrada) hai dous camiños á dereita onde podemos deixar o coche. Deses dous, o que ascende paralelo á estrada lévanos ata o castro con algunha silva de máis pero de momento sen moitas complicacións. O castro tamén se pode recorrer sen problemas

33. Castro Sillar: situado en Manzoi, parroquia de s. Martiño de Carballido. Castro dun só recinto circular rodeado por un terraplén, moi alterado pola repoboación forestal. O acceso é por pistas sen complicacións.

34. O Castro: situado en Pedreda, parroquia de s. Vicente de Pedreda. O castro ten un recinto superior de forma oval defendido por un terraplén e outro recinto inferior, a modo de terraza que circunda ao principal, defendido asimesmo por un terraplén perimetral. Un camiño ou pista de terra con unhas cantas silvas permite o acceso á croa que tamén está bastante chea de silvas.

35. O Castro: situado en Astrar, parroquia de s. Vicente de Pedreda. Castro configurado por un só recinto arredor dun afloramento granítico defendido por un único terraplén todo arredor. Croa con árbores pero accesible.

Os arquivos coas mámoas do concello de Lugo son:

Mámoas 1
Mámoas 2
Mámoas 3

Outros restos arqueolóxicos do concello de Lugo non catalogados como castrexos nin mámoas son:

Outros restos do concello de Lugo
Ferrocarril
Campus Universitario De Lugo
Ferrocarril
Ferrocarril
Latitude: 43.01052083 Longitud
Campus Universitario De Lugo
Ferrocarril
Viladónega
Viladónega

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta