Tempo  2 horas 8 minutos

Coordenadas 703

Fecha de subida 12 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
536 m
385 m
0
7,1
14
28,23 km

Vista 1637 veces, descargada 12 veces

preto de Meilán, Galicia (España)

Esta ruta forma parte do proxecto persoal de unir mediante recorridos en coche e curtos paseos os castros catalogados no PXOM do concello de Lugo.

Esta quinta ruta pasa por 8 castros situados á esquerda da N-640 (Lugo-Ribadeo) e á esquerda do río Miño. O inicio está na rotonda da Medusa e o final xunto ao último castro.

As fotos proceden de Google Earth (38, 39, 40, 41, 43) e do Sigpac (36, 37, 42).

As outras rutas: 1, 2, 3, 4, 5

Breve descrición dos castros a partir dos textos que aparecen no PXOM de Lugo:

36. Agra dos Castros: tamén coñecido como Castro de Marcelle ou Castro da Piringalla. Situado en Xián, parroquia de Santiago de Meilán, ao lado dos depósitos de agua da cidade de Lugo na Piringalla. Castro configurado por un recinto de forma circular defendido por un dobre foxo que se complementa cara o norte con outros dous foxos. En superficie non se aprecia a súa configuración, e foi detectado no transcurso dun seguimento arqueolóxico (2007), polo que está en fase de estudio. En internet é posible encontrar bastante información sobre este castro.

37. A Castronela: situado en O Castro, parroquia de Santiago de Meilán. Castro configurado por un recinto de forma circular defendido por un terraplén todo arredor sen que se observen restos do parapeto e/ou foxo.

38. A Táboa: situado en Grisín, parroquia de s. Xoán de Tirimol. Castro configurado por un só recinto ovalado defendido por un terraplén todo arredor. Conserva parcialmente restos dun parapeto polo SW moi alterado por labouras agrícolas.

39.Os Castros: situado en s. Vicente de Pías. Castro configurado por un só recinto de forma circular defendido por un terraplén todo arredor parcialmente afectado por labouras agrícolas. A croa está ocupada por un piñeiral.

40. Alto do Castro: situado en Castelo, parroquia de Sta. Eulalia de Mazoi. Castro que ocupa un emprazamento en outeiro configurado por alomenos dous recintos de forma oval e defendidos por un terraplén arredor. Ocupado parcialmente por algunha vivenda dentro do seu perímetro e no entorno inmediato.

41. Leiro do Castro: situado en Viladónega, parroquia de S. Xillao de Rubiás. O castro consta dun só recinto de forma oval defendido por un terraplén todo arredor e restos dun parapeto polo NW. Aparece no catálogo do PGOU (1992), pero mal localizado. Croa ocupada por un piñeiral.
42. A Cubela: situado en Agra do Castro, parroquia de Sta. Mª de Muxa. O castro consta dun só recinto de forma oval defendido por un terraplén polo lado N e NE e un parapeto con foxo polo W. Os traballos agrícolas modificaron sensiblemente as defensas polo N e E.Croa ocupada por un piñeiral.

43. O Castro: situado en Gomaros, parroquia de s. Lourenzo de Albeiros. Castro configurado por un só recinto de forma ovalada ou casi cuadrangular. Moi alterado polas labouras agrícolas e pola proximidade de construccións varias; tan só conserva parcialmente as súas defensas polo N, W e SW, consistentes nun parapeto con foxo. Está detrás dunhas vivendas idénticas. Obsérvase moi ben o foxo.

Os arquivos coas mámoas do concello de Lugo son:

Mámoas 1
Mámoas 2
Mámoas 3


Outros restos arqueolóxicos do concello de Lugo non catalogados como castrexos nin mámoas son:

Outros restos do concello de Lugo
Bacurín
Viladónega
Viladónega
Viladónega
Viladónega
Ferrocarril
Viladónega
Viladónega

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta