Tempo  56 minutos

Coordenadas 479

Fecha de subida 28 de enero de 2016

Fecha de realización enero 2016

-
-
382 m
53 m
0
1,6
3,2
6,42 km

Vista 1069 veces, descargada 2 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

A Guarda é unha das vilas máis fermosas de Galiza, onde destaca o seu casco antigo con casas escalonadas e de cores entre os montes Terroso e Trega. Nunha fotografía aérea o Trega parece un tómbolo de aí que cobre sentido a idea de que fai centos de miles de anos o Miño desembocaba formando dous brazos, e o monte do Trega era unha illa.
Litoral guardés
Monumento ao Mariñeiro.
Peirao da Guarda.
A Guarda.
A Lonxa.
Restaurante Arruaz
Restaurante Os Remos.
Vista do peirao
Alameda.
Casa da Cultura.
Casa da cultura
IES A Sangriña.
Esteiro do Miño con Portugal ao fondo.

28 comentarios

  • Foto de manuaita

    manuaita 28-ene-2016

    Costa comprendida entre a desembocadura do Miño e a bahía de Baiona. Destacan as cetáreas, os arrecifes, áreas de machados dentro dunha costa rectilínea. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094181/photo-7412168

  • Foto de manuaita

    manuaita 28-ene-2016

    E moi común esta escuma despóis de ter habido fortes temporais. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094181/photo-7412169

  • Foto de manuaita

    manuaita 28-ene-2016

    Ao fondo o monte Torroso que da inicio a serra da Groba, que é unha serra litoral. E un macizo onde hai presencia de granito, xistos e os metais de estaño, wolframio e ouro. Groba significa rochas que saen do interior da terra. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094181/photo-7412174

  • Foto de manuaita

    manuaita 29-ene-2016

    A Guarda é unha das vilas con maior plasticidade de Galiza, xunto con Cangas, Corcubión ou Ribadavia. Por unha banda ten esa diversidade de cores nas vivendas como Rianxo, conta cun escalonamento, sin aberracións nin distorsións, como Cudillero, pero ademáis ten dous elementos cos que ningunha vila conta, como é o punto de fuga da igrexa parroquial que simula que a vila xira como unha peonza, e ademáis ten unha variedade de volumes que fai que sexa unha vila Picassiana ou cubista. Pero sabemos que o verdadeiro mestre de Picasso foi Cezanne, nadie como él foi capaz de utilizar dunha forma tan suxerente os volumes, tanto en bodegóns, como nos óleos da Montaña de Santa Victoria ou en cadros dos pobos da Provenza. Si Cezanne coñecera a Guarda, a bo seguro que a faría famosa polos seus cadros. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094184/photo-7412181

  • Foto de manuaita

    manuaita 29-ene-2016

    A actividade derivada do mar representa para a Guarda, de forma directa ou indirecta, un 50% da renda que se xenera. Contamos con pesca de baixura que faena na plataforma continental de España e Portugal, así como nas rías. Conta ademáis cunha flota que captura peixe espada, e algún outro o fai na costeira do Bonito. Igualmente moitos mariñeiros están enrolados en outros barcos que pesca que operan no Gran Sol, no Banco Canario- Marroquí- Sahariano- Mauritano e tamén no caladoiro de Sudáfrica e Namibia. Un grupo importante pesca no río Miño a percura de anguías, lampreas, sollas ou douradas. Aquí na costa empréganse artes de pesca como as nasas para a captura do polbo ou de nécoras e centolas. Cicais o máis preciado sexan os percebes, que abundan na área de san Xián. Ese lugar é moi famoso por ser o primeiro de Galiza onde antes saen as patacas novas e as hortalizas. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094182/photo-7412175

  • Foto de manuaita

    manuaita 29-ene-2016

    O porto da Guarda e excesivamente reducido, necesitaríase ampliar o seu espazo operativo e lograr un maior calado. A operatividade vese que é moi reducida e tampouco conta con infraestructuras e equipamentos necesarios e que desmerecen a tan boa iniciativa empresarial e a vocación mariñeira dun sector importante da súa poboación.
    A tradición mariñeira do pobo guardés pérdese nos tempos, non se debe de esquecer as áreas de machados paleolíticos que aparecen no puntal ( esteiro do MIño) que incluso a un deles se lle coñece polo pico camposanquiense. Posteriormente temos concheiros nalgunha sección do Castro de santa Trega. Camposancos foi un gran porto no medievo e na idade moderna onde había varías carpinterías de ribeira. No século XIX a xente desta área e as de Viana de Castelo faenaban en Terranova e no Gran Sol.
    E tal a tradición, que o museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela mánten unha gamela da Guarda na súa sección adicada ao mar. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094183/photo-7412176

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    No entorno do peirao as edificacións son estreitas xa que esos espacios eran moi demandados polos mariñeiros,polo que en esta zona era moi cara edificar. Os edificios, no século XVI, eran dun baixo onde se gardaba a gamela ou dorna e os utensilios de pesca, así como unha planta alta a que habería que engadir un faiado. O modo de vida da xente da Guarda era o propio mar a onde ían a faenar co fin de manter as súas familias. Era unha vida moi dura e que entrañaba cotidianamente muito risco. Hoxe, como nos cascos históricos, todo está cambiado, pera aínda así pódense percibir o modelo de vivenda antes descrito. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094184/photo-7412182

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    O convento de San Bieito,que se percibe no primeiro plano, é o segundo conxunto relixioso máis importante da Guarda despoís da igrexa parroquial de Santa María. Foi fundado en 1558, en pleno Concilio de Trento(1545-1563) polo que ten un plantexamento de tipo renacentista. Sen embargo no século XVIII reformouse a cara norte e introduciuse unha portada barroca.
    Eran, dende a súa fundación, monxas as que habitaban este convento,que ademais eran moi coñecidas polas pastas ou galletas de té que elaboraban seguindo unha receta moi antiga. Pero en 1984 decidiron desprazarse a San Vicente de Trasmañó, xa que estaban interesadas en irse a un lugar máis retirado, e nesa nova residencia seguen comercializando as galletas así como flores. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094184/photo-7412185

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    A lonxa está emprazada no lugar con mellor panorámica da Guarda. Ten un atractivo especial á mañán cedo cando a flota de baixura descarga o peixe, sendo un elemento dinamizador do turismo da propia vila. Os restaurantes, que por certo son moi afamados en toda Galicia e norte de Portugal, abastécense do pescado fresco e tan sabroso que se descarga nesta lonxa. A pesca, directa e indirectamente, xera prácticamente a metade de toda a renda que se produce na Guarda. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094185/photo-7412190

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    O Arruaz é un dos mellores restaurantes da Guarda, tanto polo local, como polo servizo, así como pola relación calidade - prezo. Outro gran reclamo é o lugar tan estratéxico que ocupa, xa que ten impresionantes vistas ao escalonamento urbano desta vila mariñeira que destaca polos seu volumes e vivos cores .Tamén vemos o peirao, á lonxa e o conxunto escultórico do monumento ao Mariñeiro. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094186/photo-7412195

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    Vemos unha escultura moi entrañable que representa a unha muller, que ante a caída da noite ve como o seu home, que está a faenar no mar, non regresa, polo que sae á súa búsqueda portando un candil. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094189/photo-7412220

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    Actualmente este edificio fai as funcións de centro cultural, pero nos seus orixes era un hospital costeado polos emigrantes guardeses en América. Ten unha estrutura bastante central que se asemella muito á arquitectura do centro de Europa, en particular á de Suiza, e que en Asturias, Cantabria e Galicia se coñece por arquitectura indiana. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094192/photo-7412234

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    Dende fai dous decenios, tanto os habitantes da Guarda, como a súa corporación están demandando a construcción dun auditorio, xa que a Administración da Xunta está a ter unha histórica débeda coa Guarda. Pero ata o momento non tivemos unha resposta positiva. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094192/photo-7412237

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    Temos ao Mecalia Guardés na división de honra feminina, e actualmente é o segundo club máis importante de España polos seus méritos. Sen embargo día si e domingo tamén ten que xogar no pavillón do centro A Sanguiña de primaria. Ese pavillón non é o axeitado para un clube desta categoría, xa que non ten nin o aforo, nin as instalacións adecuadas e ademais cando chove énchese de pingueiras.
    Novo pavillón xa ! https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094194/photo-7412245

  • Foto de manuaita

    manuaita 14-abr-2017

    Estamos ante o esteiro do Miño, onde se contempla unha das panorámicas de maior plasticidade da Península Ibérica. Contemplamos os canles que está a crear o río debido aos depósitos de sedimentos que porta. Tamén é digno de reseñar a súa xunqueira para o acubillo e aniñamento de aves, xa que está protexida mediante a figura de ZEPA ( zona especial de protección de aves). https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094225/photo-7412249

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    No inverno de principios do 2017, concretamente o 2 de febreiro , o espigón ou dique do porto da Guarda sufriu uns danos considerables nun tramo de 20 metros . https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094181/photo-7412170

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Nesta toma, destaca a harmonía dos volumes das edificacións da Guarda, así como o colorido destas, estando protexidas do norte pola Serra da Groba co seu coloso o monte Torroso. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094181/photo-7412171

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    As edificacións están todas elas ubicadas estratéxicamente, conformando unha peonza, actuando a igrexa de Santa María, do século XII, como o verdadeiro eixo. Tamén simula un tíovivo que xira e flota sobre a auga do mar. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094184/photo-7412177

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    A vila transmite sempre sosego e ledicia ao ver planeando ás gaivotas patiamarelas ou argenteas. E algo así como un himno á liberdade, a apertura de miras dos mariñeiros e dos seus fillos. A xente da Guarda e do Rosal son moi xenerosas e abertas, en parte polo mar e en parte polos movementos asociativos nos que participan. Son boa xente, pero en xeral o Baixo Miño está moi marxinado pola Administración da Xunta. As xuntas, na súa creación no contexto da Guerra de Independencia , eran órganos colexiados que actuaban con racionalidade e criterios de equidade.
    Está claro, que os gobernos que pasaron pola institución da Xunta de Galicia non tiveron nin queren ter informes sobre os servizos, equipamentos e infraestruturas cos que conta a Guarda e o Baixo Miño, co fin de remediar todas esas carencias. Pensemos que hai unha pobación de dereito superior aos 50.000 hab. e de feito cercana aos 75.000 hab., e por non ter non temos nin un auditorio, nin unha autovía,nin unha ponte. E dicir, estamos incomunicados para todo, pero o máis triste e que estamos a máis dunha hora do hospital da área metropolitana de Vigo, está claro que chegamos antes a Oporto. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094184/photo-7412179

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Un dos bos restaurantes da Guarda, os Remos. Aquí celebramos a xubilación da profesora e apreciada compañeira Conchi. Un saúdo para ti. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094187/photo-7412201

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Unha toma do que sería inicialmente o conxunto do convento das Benedictinas.Nun dos edificios, emprázase actualmente o restaurante os Remos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094187/photo-7412205

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    No seu momento aproveitouse o desnivel do terreo e montouse unha especie de teatro grego. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094187/photo-7412211

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Antigo conxunto de 3 corpos que conformaban o convento das benedistinas, fundado no sec XVI. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094187/photo-7412216

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Nesta área, ao igual que no cementerio da Sangriña, e nun acto solemne celebrado no ano 2006, inténtase recuperar a memoria do último alcalde republicano, Brasilino ( Partido Galleguista), do ex alcalde Noia Xil ( C.N.T.), do socialista Camilo Carrero Lorenzo e doutros guardeses fusilados, e dos asturianos e cataláns mortos e fusilados nos Campos de Concentración de Camposancos e Oia. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094189/photo-7412223

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Vista da senda litoral. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094189/photo-7417904

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    Alameda da Guarda. As alamedas nacen no contexto dos ensanches que se escomenzan a facer en España a partires do de Barcelona de 1859. Este espíritu de valoración da natureza é posible debido movemento do naturalismo que aposta polos bulevares e as alamedas e que propiciará tamen o xurdir do estilo artístico do impresionismo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094190/photo-7412227

  • Foto de manuaita

    manuaita 16-abr-2017

    A alameda cunha réplica dunha choza castrense. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094190/photo-7412231

  • Foto de manuaita

    manuaita 30-abr-2017

    Neste espacio hai un monumento á memoria daqueles nobres homes que defenderon á República e as reformas que estaba a emprender para conseguir unha España e unha Galiza mellor. Eles foron levados das súas casas polos falanxistas (feixistas) a horas intempestivas, no que se denominou o " dar o paseo" e fusilados nesta zona que estaba despoboada e moi preto do cemiterio.
    https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/percorrido-pola-guarda-12094180#wp-12094194/photo-7412245

Si quieres, puedes o esta ruta