Tempo  3 horas 46 minutos

Coordenadas 2386

Fecha de subida 16 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

-
-
412 m
139 m
0
15
30
60,64 km

Vista 2439 veces, descargada 21 veces

preto de Piroxa, Galicia (España)

Hora Inicio: 08/15/2016 17:00

Hora Fin: 08/15/2016 20:47

Distancia recorrida: 60,5 km (03:46)

Tiempo en movimiento: 03:04

Velocidad media: 16,01 km/h

Vel. en Mov.: 19,72 km/h

Velocidad Máxima: 91,86km/h

Altura Mínima: 139 m

Altura Máxima: 412 m

Velocidad Ascenso: 596,7 m/h

Velocidad Descenso: -841,1 m/h

Ganancia Altitud: 1083 m

Pérdida Altitud: -1076 m

Tiempo Ascenso: 01:48

Tiempo Descenso: 01:16






RUTA DE LA PÁGINA WEB DEL CONCELLO DE VIMIANZO




RUTA DE ANTAS E MÁMOAS




Como facela?




Duración: 2'5 horas aproximadamente.

Percorrido: 43 Km

Inicio: no Km 62 da AC- 552, entre Baio e Reparada, fronte a un aserradeiro.

Finalización: en Berdoias, no Km 74 da AC-552



Tómase o desvío sinalizado en fronte do serradoiro, este lévanos por unha estrada estreita ata a aldea de Bamiro. Despois de percorrer uns 2 km desde o cruce, encontrarémonos un sinal á man esquerda, percorremos uns 400 m. e atopamos a igrexa de Bamiro. Aí podemos deixar o coche e ir andando ata a ermida de Monte Torán, primeiro punto da ruta. Non imos atopar un dolmen senón unha evocación á lenda das mouras. Preto de Monte Torán (coordenadas: 43º8'42.28''N, 8º58'8.60''O) encóntrase unha gran pedra de varias toneladas de peso. A lenda di que a levou alí a Virxe sobre a súa cabeza, voando polo aire, mentres fiaba nunha rocha. Esta é unha lenda que adoita explicar a existencia dalgúns dolmens. No cumio podemos ver a Ermida dedicada á Virxe de Monte Torán e ladeira abaixo unha fonte milagreira. Esta lenda foi recollida por Xosé María Lema.



Baixamos outra vez ata a igrexa de Bamiro e as frechas condúcennos á estrada de Baio-Baiñas. Xiramos en dirección Baiñas, á dereita.



Pasamos por Tras do Cean, Cheis, Tines e, antes de Xora e Sandrexo, tomamos un desvío á dereita. Percorremos uns 2 Km e chegamos ao dolmen de Pedra Cuberta (coordenadas: 43º05'48.65''N, 08º58'49.52''O) que dá nome á aldea. O dolmen está a man dereita a poucos metros do sinal.



Continuamos o traxecto de fronte e á altura da aldea do Arxomil xiramos á esquerda. A estrada lévanos ata a igrexa de Treos, despois de percorrer uns 3 Km. Alí torcemos á esquerda, percorremos aproximadamente 1´5 Km e chegamos a Cárneo.



Está sinalizado o desvío que conduce ao dolmen a man dereita fronte á aldea. Non hai unha boa zona para aparcar, recoméndase meterse pola pista e aparcar nun ensanchamento que hai preto do cruce. Continúase paseando durante uns 200 m, e aparece sinalizado o segundo desvío á man dereita, que despois dus 50 m nos leva a un herbal onde está o dolmen de Pedra Moura (coordenadas: 43º04'53.25''N, 08º58'42.57''O) , á man esquerda.



Volvemos á estrada e continuamos en dirección a Baíñas. Percorremos uns 2 Km. e chegamos a Serramo. O dolmen de Pedra da Lebre (coordenadas: 43º04'04.56''N, 08º59'07.65''O) está antes de entrar na aldea nunha finca de eucaliptos a escasos metros da estrada.



Seguimos, pasamos a praza de Serramo e tomamos o primeiro desvío á esquerda, cara ao Comareiro. Atopamos dous sinais que nos indican por onde continuar. Tomaremos unha pista en bo estado. Percorremos aproximadamente 2 Km. e chegamos ao portal da finca onde está o dolmen. Aparcamos. Abrimos o portal e pechámolo. Vemos unha pista de fronte, tomamos o primeiro desvío á dereita e seguimos de fronte. A pista fai algo de curva, camiñamos uns 250 m. Os sinais amarelos sinalan a situación do dolmen de Arca da Piosa (coordenadas: 43º02'25.94''N, 08º58.55.24''O), que se pode ver a distancia, se a vexetación non o impide. Está á esquerda.



Despois de velo regresamos a Serramo. Continuamos o percorrido en dirección a Baíñas. Cando cheguemos ao cruce coa AC-441 (Negreira-Berdoias), seguimos de fronte, percorremos uns 2 Km. aproximadamente e antes de entrar en Regoelle, hai un desvío á man esquerda. Desde aquí ata o dolmen hai uns 1000 metros. Trátase dunha pista forestal e débese ter coidado se se decide ir en coche. Pódese aparcar despois de pasar un regato e tomar un camiño en bo estado que está sinalizado. O dolmen de Pedra da Arca (coordenadas: 43º0'40.23''N, 08º59'07.65''O) está nun herbal, debaixo dunha liña de alta tensión, á man esquerda.



Regresamos a Baíñas e xiramos cara a Berdoias, á esquerda. Imos ata a entrada de Berdoias e vemos a indicación cara á esquerda. Atravesamos a aldea e ao rematar o firme aparcamos. Tomamos un camiño de fronte (se atopamos unha cancela pechada no sendeiro, podemos abrila). Temos que camiñar 1 km aproximadamente ata o dolmen denominado Casota de Freáns (coordenadas: 43º02'50.57''N, 09º05'11.95''O) , que está á dereita.



Volvemos a Berdoias, y xa nos incorporamos á AC-552, á altura do Km 74.





MÁS INFORMACIÓN Y FOTOS EN EL ENLACE DE ABAJO

Ver más external

Arquitectura religiosa

Iglesia de San Amedio de Bamiro

Arquitectura religiosa

Ermita de Montetorán

Arquitectura religiosa

Iglesia de Santa Eulalia de Tines

Sitio arqueolóxico

Pedra Cuberta

Sitio arqueolóxico

Pedra Moura

Sitio arqueolóxico

Pedra da Lebre

Sitio arqueolóxico

Árca da Piosa

Sitio arqueolóxico

Pedra da Arca

Sitio arqueolóxico

Arca de Rabos

Sitio arqueolóxico

Casota dos Freans

Sitio arqueolóxico

Arquiña de Vilaseco

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta