Dificultade técnica   Moderado

Tempo  27 minutos

Coordenadas 769

Fecha de subida 27 de febrero de 2016

Fecha de realización febrero 2016

-
-
726 m
293 m
0
4,2
8,4
16,9 km

Vista 1183 veces, descargada 1 veces

preto de Tourón, Galicia (España)

Partimos de Pontevedra a Pontecaldelas, parando na localidade de Tourón.Aí dirixímonos ata a aula de interpretación e contemplamos as estacións de petroglifos, que pasan por ser das máis importantes de Europa. Na localidade de Tourón podemos visitar 2 pazos e unha igrexa románica. Seguimos posteriormente ata a poboación de Pontecaldelas, que ten como atractivo o paseo fluvial polo río Verdugo. Acto seguido nos diriximos hacia o norte pasando por Caritel, A Lama, Antas, As Ermidas e rematar na estrada que nos leva a LIñares, poboación famosa por contar cunha das 3 fervenzas máis impresionantes de Galicia. Fíxose imposible seguir ascendendo, dado que a capa de neve sobre a estrada superaba os 8 cm. o que a facía intransitable, salvo con cadeas.
  • Foto de Saímos de Pontevedra. Ao nivel do mar.
  • Foto de Saímos de Pontevedra. Ao nivel do mar.
  • Foto de Saímos de Pontevedra. Ao nivel do mar.
  • Foto de Saímos de Pontevedra. Ao nivel do mar.
  • Foto de Saímos de Pontevedra. Ao nivel do mar.
Bosque
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
  • Foto de Dende Pontecaldelas hacia A Lama.
Bidueiros
  • Foto de Adentrámonos na Serra do Suido.
Suido
  • Foto de Entramos na Lama
  • Foto de Entramos na Lama
  • Foto de Entramos na Lama
A Lama
  • Foto de Vamos a Antas.
  • Foto de Vamos a Antas.
A Lama
  • Foto de Camiño das Hermidas.
  • Foto de Camiño das Hermidas.
  • Foto de Camiño das Hermidas.
  • Foto de Camiño das Hermidas.
  • Foto de Camiño das Hermidas.
  • Foto de Camiño das Hermidas.
Hacia a esquerda vai quedando un rosario de pobos ribeireños do río Verdugo. Entre todos eles destaca Covelo polas abundancia de multitude de esculturas. Outro pobo moi singular é o Pelete co seu famoso carballo de máis de trescentos anos. Este pobo está sobre a antiga ruta de arrieiros que partía dende Ribadavia e chegaba a Pontevedra, onde o viño embarcaba hacia os países do norte de Europa. Tamén podemos admirar a monumental escola que erixiron os emigrantes do lugar que permanecían en Lisboa, Brasil, Cuba ou México.
  • Foto de Neve
  • Foto de Neve
  • Foto de Neve
  • Foto de Neve
  • Foto de Neve
  • Foto de Neve
Neve
  • Foto de As Hermidas.
  • Foto de As Hermidas.
  • Foto de As Hermidas.
  • Foto de As Hermidas.
  • Foto de As Hermidas.
Logramos chegar a zona recreativa das Hermidas. Conta este espacio cunha hermida da época barroca, aínda que sin apenas ornamentos e mantendo un equilibrio nas dimensións. Hai un monumento ao emigrante realizado polo gran escultor galego, Buciños. Por detrás da ermida percibimos unha pequena carballeira, así como un espacio dunha braña, onde destaca a fonte dos 5 canos, moi socorrida na noite de san Xoan pola xente da bisbarra co fin de que lles cure enfermidades da vista ou dos ouvidos. Tamén atopamos un cruceiro de Cerviño, nativo da poboación cercana de Aguasantas - Cotobade que foi o que realizou o cruceiro de Hío ou de Covelo. Preto de eiquí, a 2 km. está Xende, famosa tamén pola súa igrexa e albergue. Tanto as Hermidas como Xende figuran entre as romarías e Santuarios máis relevantes de Galicia según o gran escritor Antonio Fraguas.

27 comentarios

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-abr-2017

    A 726 metros de altitude, foinos imposible seguir ascendendo xa que a altura de neve sobrepasaba os 30 cm. Quedamos bloqueados na vertente sur da Serra do Suído, na área recreativa das Hermidas. Posteriormente estará o cruce hacia a fervenza de Liñares. Ascendendo pasaremos polo alto de Xesta a 835 metros de altitude, para logo proseguir pola carballeira dos Prados hacia Pigarzos. A dereita quedará o famoso sendeiro do Foxo do Lobo de Pigarzos e xa 2 km máis arriba está Catro Camiños cos famosos chouzos, as fontes do río Oitavén, as do Tea e as do Avia e máis adiante o Pico Miñoto con 1067 m, aínda que antes queda a baixada a aldea xudea da Graña. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402427/photo-7612361

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-abr-2017

    Ía caíndo unha inmensa tromba de auga, e a duras penas podíamos conducir. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402425/photo-7612341

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-abr-2017

    Aquí estábamos subindo Antas, unha das poucas aldeas que ía gañando xente nos derradeiros anos. Hai moitas casas novas feitas polas xeracións novas de emigrantes que tiveron éxito cos negocios en México. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402426/photo-7612350

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-abr-2017

    Pero ao deixar a estrada que vai hacia o Seixido e Beariz, para orientarnos hacia as Hermidas, onde se emplaza unha escultura de Buciños sobre a Emigración, notamos que era moi copiosa a nevarada que teñía as copas dos bidueiros e dos carballos creando un ambente nórdico ou mesmo dalgunhas navidades en alta montaña. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402427/photo-7612352

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-abr-2017

    Había multitude de coches, nos marxes da estrada, que viñan ao Suído dende Arcade, Pontevedra, Vigo ou Pontecaldelas. Os nenos estaban moi ledos e facían monecos de neve ou ben xogaban a tirarse bolas de neve. O Suido garantiza unha nevarada cada ano. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402427/photo-7612358

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Acababan de enviarnos unhas fotos do Suído onde se apreciaba unha boa capa de neve. A verdade e que xa facía uns anos que non víamos neve, que non sentíamos esas sensacións únicas. https://gl.wikiloc.com/rutas-coche/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420/photo-10820750

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Cando nos dixeron: neva e neva, entón collemos o coche e saímos de Pontevedra cara a Tourón e Pontecaldelas, co fin de chegar as Hermidas. Sabíamos que de aí en adiante ía a ser sumamente difícil ascender, xa que superábamos os 700 m. e tal como anunciaban pola televisión, a partires desa cota, a neve era moi copiosa. https://gl.wikiloc.com/rutas-coche/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420/photo-10820812

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Saímos de Pontevedra e xa estábamos en Tourón, que é unha aldea que conta con 2 pazos, unha igrexa románica e unha aula de interpretación de petroglifos. Rexistra dúas estacións de petroglifos: As Sombriñas e a Siribela.
    Na estación das Sombriñas destaca unha composición de figuras atrisqueladas, que tal vez sexa a máis representativa de Galicia desa modalidade. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402421/photo-7612109

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    No parabrisas notábamos a presencia de auganeve. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612123

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Entramos en Caritel, terra do do Coto, un dos heroes da batalla que se librou na Ponte de Pontecaldelas no verán de 1809 contra os franceses, no que se veu a denominar a Guerra de Independencia. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612124

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Dende Caritel pódese ira a pé hacia Fraga e de alí cruzar os pasos ou as poltras do río Verdugo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612134

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Vamos pola antiga comarcal 532 e ao chegar ao cruce tomamos hacia a esquerda hacia a Lama. Desas primeiras casas era o Cordo, que estivera de emigrante en Lisboa e logrou amasar unha gran fortuna. Tiña empresas relacionadas co petróleo e presentara no seu momento un proxecto para ubicr unha refinería de petróleo en Monte Ferro, en Nigrán. Menos mal que ese proxecto non prosperou ! . Nalgún período tivo como abogado a Mario Soares. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612135

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Temos moi mala visibilidade e segue a auganeve. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402423/photo-7612137

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Entramos en Pontecaldelas, unha vila non rexistra aberracións urbanísticas. E cruzada polo río Verdugo e conta coa festa gastronómica da troita.
    De aquí é nativo o director de cine Chano Piñeiro. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402421/photo-7612110

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Outra toma de Pontecaldelas. O ceo fai presentir que uns kilómetros máis arriba está caendo unha gran nevarada. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402421/photo-7612112

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Vemos o edificio civil con mellor fachada da zona. Conta cunha estampa de tipo modernista, destacando polos perfiles curvos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402421/photo-7612117

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Empézasa a notas xa as costas nos distintos tramos da estrada. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612119

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Vamos camiño de Caritel, pero antes vemos un cruce que a dereita nos leva a Anceu. En anceu foi onde se librou no 825 a primeira batalla contra os musulmáns en territorio galego; e por certo foi gañada pola unión das xentes destos lugares. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402422/photo-7612123

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    A Lama conta cun castro que se empraza no monte que está no centro do pobo. Nese lugar hai hoxe en día un ceminterio. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402424/photo-7612337

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Nestos pobos do Suído, como é a Lama ou Avión aínda podemos visitar e ver nas casas de turismo rural r as estruturas para traballar os curtidos, que fora unha actividade moi próspera nos séculos XVIII, XIX e ata os anos 60 do século XX. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402424/photo-7612337

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    O termómetro marca 1 grao de temperatura. Segue a auganeve e xérase unha virulenta ventisca. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402424/photo-7612340

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Vemos a neve nas montañas que se van asomando. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402426/photo-7612345

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    No parabrisas vai quedando algo de neve. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402426/photo-7612346

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    A neve cada vez vese máis preto. Está claro que nesta zona, a menos de 25 km do mar, pódese atopar a neve e disfrutar dela. Estamos xa na Serrra do Suído, unha serra prelitoral que conforma a Gran Dorsal Galega. E realidade é a espiña dorsal de Galicia, e separa o leste do oeste, o clima oceánico marítimo do continentalizado. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402426/photo-7612347

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Nos árbores vanse percibindo estruturas de neve. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402426/photo-7612349

  • Foto de manuaita

    manuaita 13-abr-2017

    Partíamos dunhas fotos que nos enviaran, pero foi unha mágoa que non poidéramos subir hacia o lugar das fotos. Faltábanos uns 10 km para alcanzar o noso obxectivo, e outros 7 km para alcanzar os altos cumios desta serra que xa na idade media tiña neveiros para que os monxes de Oseira poidesen traer dende os seus portos de Marín ou Cambados o pulpo e mantelo fresco e con esa aroma a mar.
    Grazas o Suído podemos disfrutar hoxe do polbo a feira. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402427/photo-7612358

  • Foto de manuaita

    manuaita 06-may-2017

    A Serra do Suído, situada na Dorsal Galega, pasa por ser unha das áreas dispersoras de augas máis importantes de Galicia. Nela nacen os ríos Verdugo e Oitavén que conforman a ría de Vigo, pero ademáis tamén teñen os seus mananciais o Deva, o Tea e o Avia, de forma que o sur da Provincia de Pontevedra queda convertida nunha especie de Ínsula. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-do-suido-a-ruta-da-neve-12402420#wp-12402428/photo-11039212

Si quieres, puedes o esta ruta