Descargar
mpermar

Distancia

42,49 km

Desnivel positivo

1.212 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

1.212 m

Altitud máxima

499 m

Trailrank

21

Altitud mínima

4 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

3 horas 19 minutos

Tempo

3 horas 59 minutos

Coordenadas

5216

Fecha de subida

28 de febrero de 2021

Fecha de realización

febrero 2021
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
499 m
4 m
42,49 km

Vista 20 veces, descargada 2 veces

preto de Coirós, Galicia (España)

Recorrido completo arredor do perímetro de Coirós intentando axustarse ao máximo aos límites do concello ao tempo que se busca balancear zonas de paso de interés. Arrancase dende Coirós de Abaixo rumbo a Lesa pisteando pola zona baixa de Merille ( parte mellorable, ver notas ).

Dende Lesa, pisteo hacia Ponte das Moas. Ahí subimos polo monte de Pena Furada ata chegar as faldas do Monde do Gato. Viramos camiño ao Barral para comenzar o ascenso ao Monte de Felgar para de ahí subir ata xa o que ben sendo o camiño principal enriba do Monte do Gato.

Xa arriba, descenso por Boqueixón. Ollo con esta parte si non se coñece. Está bastante rota. Unha vez chegamos á estrada, cruzamos ponte e viramos hacia á Nacional VI para atravesar e subir polas faldas da Costa do Sal. Máis ou menos pola metade, viramos bordeando o límite con Aranga. Pisteando pola zona baixa dos montés de Feás para posteriormente baixar ata Xora. ( outra zona mellorable ).

Dende Xora, comeza unha parte de pisteo hacia Espenuca pasando por Ois e parte alta de Caresma (mellorable) para finalmente chegar á parte baixa da igrexa. Descenso hacia o Mandeo dende Espenuca. Moito ollo con este descenso se non se é familiar con esta zona. É un descenso moi rápido, con bastante desnivel e con zonas rotas pola última parte. Polo demáis, moi divertido.

Unha vez chegado ao río Mandeo, seguimos hacia o encoro de Chelo e de ahí á ponte de Teixeiro. Xa case rematando, queda subir ata Armea e pistear pola zona de Mende (mellorable) e Coirós de Abaixo.

Cousas a mellorar na versión v2 xa en Verano cando haia máis tempo:

1. No camiño hacia Lesa estaría ben facer algún segmento dos muíños do Mendo.
2. A parte final da subida do Monte de Gato está bastante rota. Habría que facer alternativa mellor.
3. A zona de Xora estaría ben seguir pola parte das Mamoas e Muiños de Xora.
4. Sería interesante meterse máis hacia Caresma aínda que perderíamos a baixada hacia Espenuca que é bastante divertida.
5. Na parte do Mende poderíase facer tamén algo dos Muiños do Mendo.

As partes do río seguramente alongarían bastante a ruta por ser zonas bastante lentas, pero tamén a farían moito máis interesante.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta