Dificultade técnica   Moderado

Coordenadas 442

Fecha de subida 30 de agosto de 2012

-
-
858 m
313 m
0
7,0
14
28,16 km

Vista 3119 veces, descargada 41 veces

preto de Portela, Galicia (España)

Ver CONTEXTO HISTÓRICO en Tramo 1 (Portela do Home-AS Conchas)

O ROTEIRO


Desde a fonte do Vieiro, comeza o descenso ata Celanova por terras do concello de Verea; así, pasa a beira do Cruceiro de Santa Eulalia, ascende ata as mámoas do Outeirón, e bordea a media ladeira os Montes de Pena Edra, entre as aldeas de Gontán, Canón e Casasoá, onde comeza un forte descenso ata o Mosteiro de San Salvador de Celanova, que alberga un magnífico claustro barroco e esconde unha fermosa capeliña mozárabe.
Desenvolvéndose por terras do concello de Celanova, aborda o amoreado medieval de Vilanova dos Infantes, dominado pola torre de homenaxe dunha antiga fortificación medieval e baixo a atenta mirada dos Coelerni ubicados en Castromao. Prosegue descendendo entre as aldeas de Carfaxiño e Viveiro, pola vertente oeste do río Orille ata a Ponte Grande, onde atravesa o río Arnoia na ponte da Barxiña.
Unha vez cruzado o Arnoia, intérnase no territorio de Cartelle e, pasando por Ulfe, chega ata o santurario relixoso de As Marabillas, cuxas instalacións gozan de gran culto popular.
A partir deste punto, o Camiño da Raíña, entra no seu último tramo polos terreos do Bosque Máxico, desenvolvéndose por domínios do concello de A Merca, bordeando A Manchica e a aldea de Parderrubias, esta cun interesante núcleo tradicional.
O camiño prosegue polo concello de San Cibrao das Viñas, ata divisar o Miño e entroncar coa Via da Prata en Ourense.
  • Foto de Cruceiro de A Fenteira
AO pé do Camiño da Raíña Santa, o cruceiro de A Fenteira, marca o camiño dos peregrinos.
  • Foto de Mámoas do Outeirón
Pequena necrópole megalítica de tres mámoas. situada ao pé do camiño da Raíña Santa. Como moitos investigadores apuntan, as mámoas poden siñnalar antigas vías de tránsito neolíticas, situadas en lugares ben visibeis, principalmente nas liñas de divisoria de augas.
  • Foto de Castro de A Cividade-Os Castros
Tremenda Cividade Castrexa de máis de 5 Ha, con muraia defensiva e triple foxo, dominando o val do río Ourille. Na actualidade atópase inabordábel, polo abandoo ao que ben sendo sometida polas institucións locais.
  • Foto de Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
  • Foto de Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
  • Foto de Capela Mozárabe de San Miguel
  • Foto de Capela Mozárabe de San Miguel
A capela mozárabe de San Salvador de Celanova, ubicada na horta do Mosteiro, foi declarada Monumento Nacional en 1923. Segundo se relata nun documento de principios do século XI, esta pequena xoia de 8’5 m de lonxitude e 3’85 m de ancho, foi edificada no ano 940 por Rosendo Gutierrez de Dumio, en memoria do seu irmán Froila, fundador do Mosteiro. Excelente mampostería para unha nave cadrada sen compartimentos laterais, unha antesala ou adro e unha ábside diminuta, separdos entre sí por arcos de ferradura prolongados ata 2/3 do radio e enmarcados por un alfiz moldurado. A senlleiridade desta peza única e a diferenza de cubertas empregada en cadansúa nave. A principal con bóveda de tixolo sostida con arcos peraltados; a bóveda do adro e de canón en forma de ferradura apoiada nunha moldura de arranque; e a teitura da ábside cóbrese cunha bóveda formada pola interseción de oito casquetes esféricos.
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
Pequeno e fermoso amoreado medieval coroado coa torre de homenaxe da foralaleza medieval de Vilanova dos Infantes. Núcleo que tódolos 17 de maio, día das letras galegas, alberga unha interesantísima festa etnográfica.
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
Capital da Civitas dos Coelerni, que aparcen no Padrâo dos Povos de Chaves, coma un dos 10 pobos indíxenas do Convestus Bracaraugustanus que colaboraron coa Legio VII Gemina na construción da Ponte Romana de Chaves. Ademáis, en Castromao foi atopada a Tessera Hospitalis,unha pequena placa de bronce, na que se firma un pacto de amizade entre os Coelerni e o prefecto da Cohors I Celtiberorum. Hoxe pódense contemplar en Castromao, as ruínas dun castro Galaico, con varias construcións arquitectónicas castrexas, muraias, foxos... desta gran Cividade da comarca de Celanova.
Área de Lecer nun pequeno remanso do río Arnoia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta