Coordenadas 334

Fecha de subida 23 de noviembre de 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
833 m
507 m
0
3,5
6,9
13,81 km

Vista 4114 veces, descargada 32 veces

preto de Celanova, Galicia (España)

Comezaremos o roteiro polos bosques que rodean a vila de Celanova na Praza Maior, ao pé do Mosteiro de San Salvador, fundado polo político e monxe galego Rosendo Gutiérrez. Dentro das instalacións do monumento medieval é imprescindible visitar o claustro e a capela de San Miguel, unha pequena xoia da arte Mozárabe.
Subiremos pola rúa San Roque en direción ao lugar de Castromao, pasando á beira dun rústico cruceiro e dun lavadoiro ubicados algo antes da Casa-Museo de Curros Enríquez. Ao fondo desta rúa, viraremos á esquerda polo Camiño do Tanque, aínda dentro do perímetro urbano da vila. Cruzaremos a OU-311 para internarnos no camiño de monte que nos ascenderá á aldea tradicional de Castromao, a cal atravesaremos para chegar á igrexa parroquial, presidida por un rústico cruceiro.
Desde aquí ascenderemos ao poboado castrexo de Castromao, habitado polos Galaicos durante case un milleiro de anos, onde se conservan as ruínas dos seus espazos habitacionais e sistemas defensivos. Unha vez percorrido o castro, descenderemos pola entrada sur, e novamente teremos que atravesar a OU-311 para internarnos no monte de Outeiro de Ermida e Cortiña Grande, no cal se distribúen varias explotacións gandeiras.
Dese xeito chegaremos á estrada OU-0209, que cruzaremos para introducirnos na Facenda do Agro, un lugar de cría sostíbel de vacún de carne con magníficos exemplares de razas Salers e Cachena. Ascendendo pola pista da explotación gandeira accederemos á Chaira, unha penichaira de intensa ocupación Neolítica que a día de hoxe segue coas mesmas funcións productivas que lle outorgaron os primeiros gandeiros da nosa terra. A subida á Chaira merece a pena, pois ademáis dun fermoso bidueiral e das tumbas megalíticas que se conservan na planicie, disfrutaremos dunha gran vista sobre a paisaxe das Terras de Celanova, salpicadas de bosque atlántico caducifolio.
Baixaremos da Chaira deixando á esquerda a Casa da Neve, lugar onde o Mosteiro de Celanova tiña un Neveiro adicado na Idade Media á produción de xeo para conservar os productos frescos e para comercializalo. Pouco a pouco atraveseremos fermosas paraxes de bosque caducifolio para descender progresivamente ata Canón e de seguido a Celanova. Entremos na vila pola rúa Manuel Lezón pola que se accede á Praza do Galo, Alameda e Praza Maior, onde se situaba o punto de partida, logo de percorrer aproximadamente 14 quilómetros.
Waypoint

Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

Despois da crise do século III da nosa era, e coincidindo coa última fase do control romano do territoro galaico, prodúcese unha gran expansión cultural na Gallaecia, ploliferando un gran número de villas, que continúa perante o reinado Suevo con múltiples esplotacións agrarias. A medida que se consolida o periodo Visigodo, a cultura comeza a recluírse en dúas frontes: nos claustros do mosteiros e a carón dos bispos. Na alta Idea Media, a situación política do territorio galaico é moi complicada, pois o país está controlado pola monarquía asturiana, e ademáis hai unha clara división política e espiritual do reino, a primeira en Oviedo e a segunda na sé espiritual de Iria. Con Afonso III increméntanse os lazos entre a monarquía asturania e a aristocrácia galega, estendéndose o control territorial do reino polo sur de Galicia. Iste é un momento histórico importante porque entra en escea Hermenexildo Gutierrez, ascendente de Rosendo e encargado da conquista de Coimbra. Os tres fillos do monarca repártense as tres partes do Reino (Galicia, León e Asturias), correspondéndolle a parte galega a Ordoño, emparentado coa linaxe da que sairá Rosendo Gutiérrez. Rosendo é membro da familia máis poderosa de Galicia no século X, que obstentou a sé de Dumio case toda a centuria. Estas ricas familias, dentro dun programa de preservación do seu patrimonio, fundan mosteiros de gran poder e alcance, contexto no que hai que situar a Rosendo Gutiérrez consagrando o cenobio de Celanova no ano 942. Nesta época o poder monástico inicia unha política de adquisición das propiedades dos campesiños libres. No caso de Celanova con préstamos abusivos que soen rematar coa perda da titularidade da terra, pois os campesiños non soportan a presión dos grandes terratenientes e terminan entregando a propiedade. Atopámonos nunha Europa totalmente convulsionada, (guerras, pestes, supersticións, a fin do mundo á volta da esquina), é o imperio do terror, e todos os camiños ás fontes da sabiduría están pechados. Aí é onde o pensamento cristiano se fai forte e se ergue en hipotético salvador do mundo, vencedor do demo e conductor do rabaño de deus. E dicir, os mosteiros sitúanse na dinámica perfecta para que os seus subditos lles entreguen terras e os mellores presentes. Dese xeito, consolídase o protagonismo monástico na sociedade galega ata case a desamortización de Mendizábal en 1836. A partir da desamortización, xorde un gran clamor popular en Celanova, que rehivindica o uso público do Mosteiro, que finalmente se concede por Real Decreto o 19 de outubro de 1842, ano no que o estado cede o mosteiro ao concello para o seu uso público.É de senso común pensar, que se algún día os mosteiros aglutinaron toda a riqueza que lles entregou o pobo, a día de hoxe o seu uso lle corresponda a actividades asociadas ao ensino e á vida cultural da comarca.
Waypoint

Capela Mozárabe de San Miguel

A capela mozárabe de San Salvador de Celanova, ubicada na horta do Mosteiro, foi declarada Monumento Nacional en 1923. Segundo se relata nun documento de principios do século XI, esta pequena xoia de 8’5 m de lonxitude e 3’85 m de ancho, foi edificada no ano 940 por Rosendo Gutierrez de Dumio, en memoria do seu irmán Froila, fundador do Mosteiro. Excelente mampostería para unha nave cadrada sen compartimentos laterais, unha antesala ou adro e unha ábside diminuta, separdos entre sí por arcos de ferradura prolongados ata 2/3 do radio e enmarcados por un alfiz moldurado. A senlleiridade desta peza única e a diferenza de cubertas empregada en cadansúa nave. A principal con bóveda de tixolo sostida con arcos peraltados; a bóveda do adro e de canón en forma de ferradura apoiada nunha moldura de arranque; e a teitura da ábside cóbrese cunha bóveda formada pola interseción de oito casquetes esféricos.
Waypoint

Cruceiro e Fonte

Os cruceiros, petos de ánimas, fontes e lavadoiros son elementos patrimoniais inseparabeis da cultura popular galaica
Waypoint

Camiños do bosque

Máxicos camiños entre o bosque polo que transita o roteiro.
Waypoint

Conxunto histórico de Castromao

Conxunto parroquial presidido por un cruceiro cunha plataforma de dúas gradas con pedestal cúbico no que inserta un varal cilíndrico coroado cunha cruz pétrea.
Waypoint

Castromao

Ruínas da antiga capital da Civitas dos Coelerni, pobo Galaico que habitou durante un milleiro de anos o curso medio do río Arnoia. Logo da conquista romana da Gallaecia, firmou un pacto de hostitalaidade co prefecto da Cohors 1ª Celtiberorum; e tamén aparece no Padrâo dos povos de Chaves, no miliario conmemorativo das tribus que axudaron á construír a ponte romana de Chaves. Texto da Tessera Hospitalis: (neo) IVLIO. SERVIO. AUGURINO. G(neo) TREBIO. SERGIANO. CO(n)S(ulibus). COELERNI. EX-HISPANIA. CITERIORE. CONVENTUS. BRACARI. CVM. G ( neo). AN TONIO. AQUILO. NOVAUGUSTANO. PRAEF(ecto). COH(ortis). I. CELTIBERORUM. LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOSPITIUM. FECERUNT. G(neus). ANTONIVS. AQVILVS. CUM. COELERNIS. LIBERIS. POSTERISQUE. EORUM. HOSPITIUM. FECIT. LEGATUS. EGIT P(ublius). CAMPANIVS. GEMINVS. A súa tradución sería: Sendo cónsules Gneo Xulio Augurino e Gneo Trebio Serxiano, os Coelernos da Hispania Citerior e do convento bracarense, realizaron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da Cohorte I dos Celtiberos, cos seus fillos e cos seus descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo un pacto de hospitalidade cos Coelernos, cos seus fillos e cos seus descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Xémino.
Waypoint

Facenda O Agro

Modélica esplotación gandeira en perfecta armonía coa natureza.
Waypoint

Bidueiral da Chaira

Waypoint

Mámoas da Chaira

Necrópole megalítica do III milenio a.n.e. con varios túmulos funerairos espalladoa pola chaira prehistórica.
Waypoint

Casa da Neve

Waypoint

Fotos do Bosque

Waypoint

Conxunto etnográfico de Mandrás

Waypoint

Fonte e Lavadoiro Tradicional

1 comentario

  • Tío_Pepe 13-ene-2020

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    A comezos de 2020 a ruta está cortada por pechamentos de fincas gandeiras. Unha mágoa porque é un percorrido moi interesante. Grazas por partillala e pola abondosa documentación.

Si quieres, puedes o esta ruta