• Foto de xidoiro areoso---illa de arousa
  • Foto de xidoiro areoso---illa de arousa

Tempo  35 minutos

Coordenadas 251

Fecha de subida 30 de junio de 2015

Fecha de realización junio 2015

-
-
63 m
49 m
0
0,3
0,7
1,39 mn

Vista 1787 veces, descargada 6 veces

preto de A Salga, Galicia (España)

Antas-dolmenes do Guidoiro Areoso.
O Illote do Guidoiro Areoso ou Xidoiro atópase na ría de Arousa e pertence ao Concello da Illa de Arousa.

O Guidoiro Areoso ten unhas dimensións moi reducidas, está sendo "comido" polo mar. Non ten ningunha fonte de auga.
Arqueolóxicamente, trátase dunha auténtica "illa dos mortos" ou "cemiterio megalítico", ao dicir de Manuel Gago. No ano 1988 realizouse unha campaña de sondaxe e, posteriormente, realizáronse dúas campañas de escavación desenvolvidas de dirixidas por J. M. Rey García. Nestas campañas escaváronse varias antas e, aínda que as memorias completas de escavación están inéditas, un avance pódese atopar nas publicacións da Xunta de Galicia "Arqueoloxía/Informes" dos anos 1991 e 1995.
A primeira anta escavada acochábase nunha mámoa de pequenas dimensións, constaba de coiraza pétrea e formaría (non estaba completa) un círculo perfecto de ao redor dos seis metros de diámetro. Tamén estaba limitada -a coiraza- por un anel peristalítico de pedras chantadas máis grandes.
A cámara, moi esnaquizada (froito de numerosas e abondosas violacións) conservaba cinco esteos que posiblemente debuxarían unha planta de tipo poligonal simple.

Unha das estruturas escavadas máis enigmáticas non se atopaba na superficie, senon que se acochaba debaixo da area: apareceu nun paleochán de cor negra intensa. Estruturalmente este pequeno complexo compoñíase dun anel peristalítico externo dun metro de ancho e, no interior deste anel, apareceu outra estrutura circular formada por vinte pedras dun tamaño que oscilaba entre os 20 e os 50 cms, a un nivel máis baixo que as pedras do anel externo. Sen dúbida esta é unha construción novedosa e problemática dentro do mundo megalítico galego posto que non se pode saber cal é a súa función e tamén posto que non podemos estar seguros da súa posible/improbable función propiamente funeraria.
Na escavación desta "rara avis" do mundo megalítico? galego, exhumáronse diversos materiais que se cifran en oitenta olas de cerámica, lascas, ósos de bóvido e de cápridos, etc. Pero se cadra o máis interesante foi o achádego de dúas "variñas ou punzóns" que, despois de ser sometidos á técnica da Fuorescencia de Raios X para a súa datación, foron considerados uns dos obxectos de bronce máis antigos da Península Ibérica.

http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/07/antas-do-guidoiro-areoso-illa-dos.html











Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta