Sé el primero en aplaudir
Vista 234 veces, descargada 2 veces
preto de Amés, Galicia (España)
A Ruta de Riamonte é o recorrido escollido para a realización da andaina solidaria en apoio ao pobo saharauí organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS)
O primeiro tramo do percorrido transcorrerá por un vello camiño entre prados e árbores froiteiras, no que se poderá apreciar unha paisaxe tipicamente rural. Posteriormente, iniciarase un segundo tramo que discorrerá ao carón do rego de Riamonte, repleto de multitude de especies e de 11 muíños encadeados, en diferentes estados de conservación. Continuando o ascenso, pasarase pola poza onde se encoraba a auga no verán para o funcionamento dos muíños e na que, hoxe, se poden observar gran cantidade de anfibios. Unha vez rematada a subida polos muiños iremos ata un estanque de auga e posteriormente a unha carballeira para merendar un pouco e volver a Vilar.
Waypoint
inicio aldea de o Vilar
Waypoint
cruce seguir izda
Waypoint
pedra divisoria de augas
Waypoint
inicio subida por muiños
Waypoint
regato riamontes
Comentarios