Coordenadas 564

Fecha de subida 25 de noviembre de 2017

-
-
565 m
153 m
0
5,5
11
21,96 km

Vista 94 veces, descargada 4 veces

preto de Viascón, Galicia (España)

Ruta actualizada a novembro de 2017. Antes de nada unha advertencia: despois de pasar o petróglifo das Coutadas o camiño público aparece cortado con unha cancela grande (sinalado con waypoint) pertenecente a unha explotación agraria e na que figura o letreiro "cuidado con los perros" Pregúntolle ó gandeiro por o motivo de estar cortado o camiño e manifesta que se poden abrir as cancelas pero que o problema son os cans. Advírtolle que os cans son problema de él e non meus. Crucei o cerrado ata a carretera da arriba sen problemas. Os cans ladraron pero non morderon. Se se quere evitar este tramo hai que rodear o cerrado por a esquerda, baixar ata a estrada EP-0404 e despois subir un longo tramo de estrada para dar co punto no que sae o camiño cortado.
Feito o aviso explico que esperaba que a Vía Escondida estivera escondida pero non tanto. Aínda que está ben sinalada, en bastantes tramos é imposible pasar, por o que tomei os camiños máis oportunos para evitar tanto abandono sempre escapando, dentro do posible, dos camiños asfaltados.
Saín de "Casa Manolo" de Viascón e pronto collín á dereita para subir o río Cabanelas. Este tramo está bastante abandonado tamén pero tén encanto e non é demasiado difícil de pasar. Continuei por as pistas da concentración parcelaria con dirección a Cabanelas porque por a outra beira do río foi imposible pasar.
Pasado Cabanelas cheguei ó petróglifo das Coutadas e pouco despois o increible atranco do camiño público na granxa de vacas que pasei sen maior dificultade a pesares da actitude un pouco hostil do vaqueiro. De seguido un pequeno tramo de estrada ata adentrarme de novo nunha valla á dereita cara o bonito foxo do lobo. Súbín ata o camiño da GR-94 e pronto apareceron os petróglifos do Campiño das Pías. Digo apareceron e debía decir, desapareceron; porque se atopan nunha chaira limpa de maleza e os petróglifos atópanse no medio de un espeso toxal.
Continuo con dirección a Paraños por pistas da concentración parcelaria ata o lugar da Igrexa de Cotobade tomando dirección ó Outeiro da Cruz do Castro. Continúo por a Carballeira da Moa e subo un bonito camiño empedrado, pasando por un mirador que mira cara o oeste e máis adiante, despois de pasar a Braña das pozas secas, outro mirador que mira cara o norte no que se observa todo o val do Lérez.
Baixo hacia Cuspedriños por un tramo da GR-94 e detéñome no bonito entorno da carballeira e da capela da Nosa Señora do Carme. A partir de ahí volvo topar coa PRG-68 ou Vía Escondida ou o que queda de ela, e desisto de chegarme ós miradores do Coto de Ramalloso e do Coto do Castro porque, nen o bosque de toxos deixa pasar nen o bosque de pinos deixa mirar. En Viascón visito os petróglifos da Portela das Laxes e despois de pasar por o Cipelo, baixo á "Casa Manolo" por a Igrexa de Santiago de Viascón. Recomendable levar o track para non ter problemas nos cruces, sobre todo na parte da ruta dos tres vales.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta