Descargar

Distancia

15,7 km

Desnivel positivo

448 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

448 m

Altitud máxima

266 m

Trailrank

80 5

Altitud mínima

70 m

Trail type

Circular

Coordenadas

1493

Fecha de subida

15 de enero de 2018

Fecha de realización

enero 2018
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Compartir
-
-
266 m
70 m
15,7 km

Vista 5472 veces, descargada 85 veces

preto de Cortegada, Galicia (España)

En Galicia, por mor da explotación hidroeléctrica dos seus ríos, son abondosas as aldeas que acabaron afogadas baixo as augas represadas dos encoros. Algunhas somerxidas para sempre no fondo das bacías, outras, as erguidas a media aba, aparecen por veces como alma en pena nos tempos de seca e temos tamén aqueloutras que, estando por riba das presas, salvaron as súas construcións, mais quedaron letalmente feridas ao desaparecer o medio de vida dos seus moradores, coma os feraces campos de cultivo dos que vivían.

No caso das aldeas de A Barca e O Vao -polas que pasaremos-, o derrube económico non foi provocado polo asologamento, máis ben o contrario. Foi debido a construción das pontes que salvan o río Miño e non ao encoro de Frieira.

Esta presa levantada no ano 1970 ten a súa cabeceira a 8 Km augas embaixo de Cortegada e cambiou radicalmente a paisaxe, sepultando casas, muíños e pesqueiras e fixo desaparecer os salmóns e lampreas que xa non puideron superar o encoro para desovar.

O noso roteiro, que encomenza no centro urbano de Cortegada de Baños, a carón da igrexa de inspiración neogótica de Santa María, levaranos polos vizosos bosques da ribeira deste Miño empresado, por angostos carreiros de pescadores, pasará polo balneario erguido en 1937 -con augas ricas en xofre e ferro-, e polas aldeas de Vilanova de Baños, A Barca, O Vao e Os Muíños.

Di un cartel a entrada de A Barca que esta aldea "foi un centro de comunicación por onde pasaba o camino real a Castela e onde cruzaban o Miño as barcas nas que se transbordaban mercadorías e persoas, de ahí o nome da poboación. Os restos de importantes casas de pedra, unha ponte feita con grandes bloques de pedra e unha fonte proban a importancia do asentamento. Superado coma centro de comunicación pola construción de pontes e os cambios nas vías, o pobo foi abandonado co tempo e quedou cuberto de vexetación e esquecemento".

O Vao, pola súa etimoloxía, debeu ser un punto no que o río permitía o paso a pé ou enriba dunha besta ou carruaxe e asemesmo rematou por esmorecer por mor das pontes.

Aconsello facer o percorrido no sentido das agullas do reloxo, andando primeiro o curto treito con menos interese para logo baixar cara ao río e seguir augas enriba pola marxe do Miño, sendo así tamén o traxecto máis doado por ser a subida máis gradual.

Ver más external

Ruinas

A Barca

  • Foto de A Barca
  • Foto de A Barca
  • Foto de A Barca
  • Foto de A Barca
  • Foto de A Barca
  • Foto de A Barca
Aldea abandonada no concello de Cortegada.
Picnic

Area lecer

  • Foto de Area lecer
Área recreativa preto do centro de Cortegada.
Foto

Balneario

  • Foto de Balneario
  • Foto de Balneario
  • Foto de Balneario
Balneario de Cortega ao carón do río Miño.
Foto

Camiño 1

  • Foto de Camiño 1
Camiño entre piñeiros preto do centro de Cortegada.
Foto

Camiño 2

  • Foto de Camiño 2
Camiño que baixa cara ao balneario.
Sitio relixioso

Capela

  • Foto de Capela
Ermida na aldea de Vilanova.
Árbol

Carballeira

  • Foto de Carballeira
Bosque de carballos nas beiras do río Miño.
Foto

Chanzos

  • Foto de Chanzos
  • Foto de Chanzos
Chanzos para salvar o desnivel do terreo.
Waypoint

Comezo Cortegada

  • Foto de Comezo Cortegada
Punto de inicio da ruta a carón da igrexa de Santa María de Cortegada.
Foto

Corredoira

  • Foto de Corredoira
  • Foto de Corredoira
Congostra preto da aldea de A Barca.
Fuente

Fonte

  • Foto de Fonte
Fonte de auga potable en Vilanova de Baños.
Foto

Fonte termal

  • Foto de Fonte termal
Fonte termal ao carón do balneario de Cortegada.
Árbol

Fraga

  • Foto de Fraga
Bosque de arboreda mixta.
Sitio relixioso

Igrexa Santa Maria

  • Foto de Igrexa Santa Maria
  • Foto de Igrexa Santa Maria
Igrexa parroquial de Cortegada. De inspiración neogótica.
Fuente

Fonte - lavadoiro

  • Foto de Fonte - lavadoiro
Fonte e lavadoiro na aldea de Vilanova.
Picnic

Mesas

  • Foto de Mesas
Mesas a beira do río Miño.
Panoramica

Miradoiro Coto da Pena

  • Foto de Miradoiro Coto da Pena
  • Foto de Miradoiro Coto da Pena
  • Foto de Miradoiro Coto da Pena
Miradoiro sobre o río Miño.
Ruinas

O Vao

  • Foto de O Vao
  • Foto de O Vao
  • Foto de O Vao
  • Foto de O Vao
Aldea abandonada no concello de Cortegada.
Foto

Os Muiños

  • Foto de Os Muiños
Aldea moi preto do centro de Cortegada.
Ruinas

Pardiñeiro

  • Foto de Pardiñeiro
  • Foto de Pardiñeiro
Casas en ruínas na aldea de Vilanova de A Barca.
Ponte

Pasarela 1

  • Foto de Pasarela 1
Pasarela de madera para salvar un pequeno rego.
Ponte

Pasarela 2

  • Foto de Pasarela 2
  • Foto de Pasarela 2
  • Foto de Pasarela 2
Pasarela de madeira sobre un pequeno rego afluente do MIño.
Árbol

Piñeiral

  • Foto de Piñeiral
Bosque de piñeiros preto do centro de Cortegada.
Ponte

Ponte do tren

  • Foto de Ponte do tren
  • Foto de Ponte do tren
  • Foto de Ponte do tren
Ponte do ferrocarril.
Foto

Represa

  • Foto de Represa
Pequena presa de regadío.
Río

Rio Miño

  • Foto de Rio Miño
  • Foto de Rio Miño
  • Foto de Rio Miño
O máis importante río galego.
Ruinas

Ruinas

  • Foto de Ruinas
  • Foto de Ruinas
Construción en ruínas preto do Miño.
Foto

Sendeiro 1

  • Foto de Sendeiro 1
  • Foto de Sendeiro 1
  • Foto de Sendeiro 1
  • Foto de Sendeiro 1
Sendeiro polas beiras do río Miño.
Foto

Sendeiro 2

  • Foto de Sendeiro 2
  • Foto de Sendeiro 2
  • Foto de Sendeiro 2
  • Foto de Sendeiro 2
  • Foto de Sendeiro 2
Carreiro preto das beiras do río Miño.
Foto

Sendeiro 3

  • Foto de Sendeiro 3
  • Foto de Sendeiro 3
Carreiro entre as aldeas de A Barca e O Vao.
Foto

Vilanova de Baños

  • Foto de Vilanova de Baños
Aldea moi preto do centro de Cortegada.

2 comentarios

Si quieres, puedes o esta ruta