-
-
249 m
26 m
0
5,6
11
22,54 km

Vista 1641 veces, descargada 31 veces

preto de Barro, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta no Parque da Natureza do Río Barosa en Barro. Despois de percorrelo de arriba a abaixo e deleitarnos con este marabilloso lugar, continuamos ata chegar, a outro non menos espectacular, como é a fervenza e paseo de Segade en Caldas de Reis. Damos unha volta polo centro e xantamos nun dos restaurantes que hai.
Pola tarde continuamos ata o inicio polo camiño portugués de Santiago.
A ruta ten algo de asfalto, non moito, a maioría é de terra por camiños e carreiros.
A primeira parte do percorrido transcorre polo medio de carballeiras e piñeiros que fan agradábel o paseo. A segunda dende Caldas, transcorre por pistas de asfalto e terra completamente plana.
Río Umia
Río de Barosa
Caldas de Reis

3 comentarios

Si quieres, puedes o esta ruta