Descargar

Distancia

20,74 km

Desnivel positivo

1.358 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

1.389 m

Altitud máxima

2.133 m

Trailrank

21

Altitud mínima

1.326 m

Trail type

Solo ida

Tiempo en movimiento

5 horas 57 minutos

Tempo

9 horas 7 minutos

Coordenadas

3601

Fecha de subida

18 de noviembre de 2017

Fecha de realización

noviembre 2017

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
5 comentarios
Compartir
-
-
2.133 m
1.326 m
20,74 km

Vista 130 veces, descargada 6 veces

preto de La Baña, Castilla y León (España)

Para chegar ó lugar de partida, que é unha canteira en actividade, debemos coller unha pista de terra que hai subindo á man dereira xunto ó hotel fonte da cova durante uns 4 quilómetros (a pista está en bo estado) e deixalo coche na esplanada que se ve de inicio da ruta (queda no medio da escombreira pola que pasan os camións.

A primeira parte da ruta até o alto da cabrita é en subida pola canteira, co cal non é moi bonita (se miramos para a esquerda podemos ver as minas de Valborraz (minas de wolframio explotadas polos nazis). Chegado ó alto da cabrita collemos unha pista á esquerda que nos leva até a cota 2002 e lagoa do penedo, para logo avanzar polo val go Geijo (por aquí non hai un caminho ben definido, polo que fomos "a trvés" de matorrais) até o punto no que comeza a gran subida (ollo, moi dura polo desnivel de case o 40% e as pedras soltas) que nos leva case á cima de Pena Nega. Dende aquí temos unha gran panorámica para un lado do val do Geijo e para o outro do do río Castanho. DEnde aquí dirixímonos cara Pena Trevinca (que con 2127m é a cima de Galiza) por un caminho fácil. Voltamos até onde subimos co 40% para dirixirnos até Pena Negra (2121m). Ollo, para pasar por aquí facelo con extremo coidado pois hai risco de caída (se está mollado non o recomendo a menos que se leve o equipamento axeitado). Logo de cruzar Pena Negra, descendemos un pouco para volver subir cara Pena Surbia (2116m) por unha forte pendente. Baixamos de novo até cota 2002 e logo xunto á lagoa dp penedo (seca nesta época do ano) fumos baixando co moita dificultade polo Teixadal de Casaio (sobre todo a baixada até a lagoa e a primeira parte do teixadal son duras pois hai que ir explorando o caminho, mais sen dúbida paga moito a pena porque é espectacular.
Unha vez cruzado o teixadal, comezamos una caminho de suave subida que nos levaría seguindo un track até a cima da cabrita de novo, pero polo caminho encontramos un grupo de xente entre o que estaba o alpinista galego Julián Rodríguez León (moitas grazas pola recomendación e por mostrarnos donde había unha bocamina que pasaramos e non nos fixaramos) e nos dixeron que era mellor dar volta medio quilómetro e subir pola ladeira da montanha. Esta subida queda á man dereita ó pouco de cruzar orego dos Valellos, está marcada cun milladoiro e podémola seguir a través de uns paus que se van vendo entre os matorrais. Esta subida fíxosenos durísima entre a pendente (un 25% aprox)e os matorrais. Xa na cima chegamos á cabrita de novo volta ó coohe pola pista da canteira.

Nota: pódese evitar a subida do 40% se subimos por unha ruta que vai un pouco máis aá esquerda desta ascensión e que vai subindo en zigzag co que é máis levadeira.

Calquera dúbida preguntade en comentarios.

5 comentarios

  • Noel González 28 oct 2020

    Ola! Baixaches desde Pena Trevinca ó Teixedal?

  • Foto de Óscar Carreira

    Óscar Carreira 28 oct 2020

    Boas Noel. Si, unha vez que cheguei a Pena Trevinva, volvín polo cordal que forman Pena Negra e Pena Survia e logo baixei á lagoa do Penedo, que onde se une a donde xa pasara antes na ascensión (quilómetro 12,6). Dende aí baixei por unha costa empinada con moito croio solto e no fondo desta está o Teixadal.

  • Noel González 28 oct 2020

    Moi ben. Estou preparando a ruta pero non coñezo a zona. Para facer todo nun día?

  • Foto de Óscar Carreira

    Óscar Carreira 28 oct 2020

    Esta ruta tal é como está, se estás en forma dala feito en un día sen, pero o certo é que faise dura. Se fose hoxe de novo, no quilómetro 6,8 en vez de seguir de fronte (que é unha pendente moi forte) collería á esquerda que atoparás un caminho que vai subindo pouco a pouco (chégase a ver no mapa o carreiro). E logo a subida que hai a partir do 17 faise tamén dura porque vas oolo medio de matogueira (que das pasado, pero ralentiza e dificulta), pero aquí si que desconhezo se hai outra alternativa.

  • Noel González 28 oct 2020

    Ok. Moitas grazas Óscar.

Si quieres, puedes o esta ruta