Coordenadas 1623

Fecha de subida 2 de marzo de 2018

Fecha de realización marzo 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
596 m
343 m
0
3,8
7,6
15,24 km

Vista 460 veces, descargada 39 veces

preto de Augasantas, Galicia (España)

A belida Allariz, amais do seu monumental núcleo urbano declarado Conxunto Histórico-Artístico conta con outro conxunto igualmente así considerado: a Comarca de Santa Mariña de Augas Santas, entre os vales dos ríos Arnoia e Barbantiño. Razóns dabondo hai para que así sexa e poderemos citar coma méritos o contar coa igrexa románica de Santa Mariña (s. XII) , o pazo de verán do Bispo (s. XVIII), a Fonte da Santa (s. XIX), unha calzada romana, Camiño Xacobeo da Prata, basílica inacabada da Asunción (s. XIII) co Forno da Santa na súa cripta, as Pioucas da Santa, a Santa da Pedra (s. XVIII) e o abraiante asentamento castrexo e romano de Armea (ou Armeá). Por todos estos lugares prodixiosos discorrerá a nosa andada. Amais de Allariz o roteiro tamén vai polos concellos de Paderne de Allariz, Taboadelo e Baños de Molgas.

Se comezamos no mesmo centro de Santa Mariña, indo cara ao Forno da Santa, iremos atopando os seguintes sobranceiros elementos:

-Casco urbano histórico de Santa Mariña.

O ano 2007 remozouse soterrando os cableados e renovouse o enlousado das súas rúas.

-Igrexa de Santa Mariña.

A fábrica da igrexa actual é románica de finais do século XII e comezos do XIII. A torre do reloxo e campás, así como os pináculos de remate da fachada e as cúpulas das torres das rúas laterais son barrocas do s. XVIII.

-Pazo de verán do Bispo.

Foi encargado por Muñoz de la Cueva a principios do século XVIII sobre diversas construcións anteriores. Actualmente é Casa Parroquial.

-Fonte da Santa.

A fonte actual, unha das tres que segundo a lenda brotaron ao rebotar a cabeza da Santa ao ser cortada, mandouna construír o bispo Iglesias Lago a mediados do século XIX.

-Calzada romana.

Trátase dunha derivación da Vía XVIII do itinerario de Antonino que desde Allariz por Frieira, Roiriz, Turzás e Santa Mariña conduce ao val da Rabeda con dirección a Ourense. Na Idade Media foi utilizada polos peregrinos que percorrían a Ruta da Prata.

-Basílica da Asunción.

Din os carteis que hai ao carón dela: “A Basílica da Asunción foi declarada conxunto monumental en 1955. Comezou a construírse a finais do s. XIII con obra románica avanzada e abondonouse inconclusa, tal e como está hoxe, na primeira metade do s. XIV, coincidindo coa decadencia dos templarios, promotores da súa construción. No centro da teórica nave atópase a saída da cheminea do forno da cripta.

A cripta, coñecida como “Os Fornos”, relaciónase cos chamados “monumentos con forno e pedra fermosa”, propios da etapa final da cultura castrexa do noroeste. A tradición sitúa aquí o martirio de Santa Mariña, condenada a morrer abrasada e a que San Pedro sacou por un pequeño furado na parte superior do forno. Trataríase dunha edificación de grande antigüidade -castrexo final ou galaicorromano- con finalidade termal.”

-Pioucas da Santa.

Son dúas pías de pedra que hai entre a Basílica da Asunción e o Castro de Armea e que segundo a lenda, aquí arrefriou o corpo de Santa Mariña unha vez que San Pedro a rescatara do forno. Suponse que era un antigo lagar para obter aceite, pero en realidade non se sabe cal era a súa función.

-Castro e Cidade de Armea.

Nos anos 50 do pasado século, D. Francisco Conde-Valvís levou a cabo no monte das Muredellas ou dos Pendóns unha excavación arqueolóxica no que foi un asentamento inicialmente castrexo e logo romano, cunha cronoloxía entre os séculos III a.C. e o IV d.C. O recinto abrangue unha extensión de 357 por 169 metros, situándose o castro no curuto e asentándose a vila romana na aba do nordeste.

Do ano 2011 ao 2017 os traballos arqueolóxicos tiveron un decisivo pulo por parte do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) que puxeron a vista un entramado urbano de rúas pavimentadas, rede de saneamento, canles de evacuació de augas pluviais, restos de casas de dous pisos, un adro porticado con presencia de tres columnas e dúas “domus”.

-Camiño Xacobeo da Prata.

Este vieiro pasa a carón do Castro de Armea, pero hai que aclarar que orixinariamente esta calzada, que iba do sur ao norte de Hispania, ligaba Augusta Emerita (a actual Mérida) con Asturica Augusta (Astorga), onde remataba, sen prolongación a Santiago de Compostela.

-A Santa de Pedra.

Esta escultura pétrea data do ano 1790, chantada no medio dunha carballeira e segundo a tradición, o penedo sobre o que se asenta e que ten un oco frontal, sempre ten auga curadora. Está en terras do concello de Paderne de Allariz.

Ver más external

Aldea no concello de Paderne de Allariz.
Aldea no concello de Baños de Molgas.
Aldea do concello de Taboadela.
Derivación da Vía XVIII do itinerario de Antonino.
Vieiro entre Venda do Río e Golpellas, no concello de Paderne de Allariz.
Vieiro na aldea de A Lamela, Baños de Molgas.
Vía xacobea que ven dende o sur de España.
Carballeira arredor da Santa da Pedra.
Asentamento castrexo e logo romano.
Punto de inicio do roteiro en Santa Mariña de Augas Santas.
Congostra que pasa pola Santa da Pedra.
Lugar onde, segundo a lenda, sufriu tormento Santa Mariña. Atópase na cripta da Basílica da Asunción.
Aldea do concello de Taboaldelo.
Templo románico de finais do século XII e comezos do XIII.
Muíño hidráulico as beiras do río Barbaña.
Aldea no concello de Paderne de Allariz.
Colosal bolo granítico entre a Basílica da Asunción e as Pioucas da Santa.
Pías de pedra relacionadas coa lenda de Santa Mariña.
Pontón sobre o río Barbaña, na aldea de Venda do Río.
Pontella sobre o río Barbaña, entre Venda do Río e Golpellas.
Restos dunha casa nas aforas da aldea de Golpellas, en Taboadelo.
Escultura do ano 1790.
Parroquia do concello de Allariz.

5 comentarios

  • Foto de Jasvieira

    Jasvieira 06-mar-2018

    Muito bonito este trilho . Me podes dizer se está marcado ou só com gps ? Obrigado

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 06-mar-2018

    Non está marcado. Hai que facelo co GPS.
    Saúdos.

  • Foto de Jasvieira

    Jasvieira 06-mar-2018

    ok.obrigado !

  • rajito 27-feb-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy próxima a Ourense, con caminos muy bonitos, buenas vistas y sobre todo una mística.....insuperable

  • Foto de meigasblue

    meigasblue 14-abr-2019

    Fácil de seguir e moi bonita

Si quieres, puedes o esta ruta