Tempo  6 horas 3 minutos

Coordenadas 1541

Fecha de subida 29 de septiembre de 2015

Fecha de realización septiembre 2015

-
-
228 m
-56 m
0
3,2
6,4
12,74 km

Vista 2688 veces, descargada 80 veces

preto de O Pindo, Galicia (España)

O treito litoral que se estende entre o porto de Quilmas e a punta de Caldebarcos recibe o nome de Costa da Cabra.

Nesta abrupta franxa atópanse pequenas praias coma as de Quilmas, do Pedrullo, Corna Becerra e Carballiños, testemuñas de areais entre os adoitados rochedos graníticos. A costa é perigosa, con frecuentes farallóns e por terra temos unha rasa con pequenos saíntes rochosos.

No porto de Quilmas, onde dicen que os normandos arranxaban as súas maltreitas embarcacións logo de guerrear, hai restos de antigas fábricas de salgadura e almacéns de aparellos de pesca que datan do século XIX.

Terra adentro érguese o espectacular monte Pindo, mole granítica con cumio de 627 m no pico de A Moa. Este chamado Olimpo Celta, con grande cantidade de lendas e historias, está ateigado de formacións rochosas, cada unha máis sorprendente ca outra; os bolos son ciclópeos e na zona atopáronse restos arqueolóxicos coma petróglifos e utensilios de bronce.

A nosa xeira comezará no lugar de O Pindo, a carón da súa igrexa de San Clemente, e iremos collendo altura polo vieiro acostumado que sube ao cimeiro de A Moa. A media altura viraremos a dereita, cara ao Chan das Lamas, onde permanecen antigos currais de pedra para a recollida do gando. As vistas sobre Fisterra son para pararse.

Chegados a zona de As Pardiñas, a panorámica cambea e agora albiscamos a longa praia de Carnota e por detrás dela a lagoa de San Martiño, onde remata o rego de Vadebois. Hai que deterse tamén aquí é disfrutar do fermoso cadro.

Proseguimos baixando polas abas cara o Camiño dos Costados en Panchés e de aquí avantamos hacia a Costa da Cabra. Agora os sendeiros e carrouchos perdense entre as herbas e pedras, mais non habrá problemas para acadar de novo o lugar onde comezamos, a igrexa de O Pindo.

Ver más external

Zona no monte Pindo, situada por riba de Panchés.
Formacións graníticas no Chan das Lamas.
Vieiro que une Panchés con Caldebarcos, en Carnota.
Planalto nas abas do monte Pindo e con fantásticas vistas sobre o macizo granítico.
Praia de pequenos bolos graníticos, entre a praia de Carballiños e a desembocadura do rego dos Muíños.
Punto de inicio do noso roteiro ao carón da igrexa de San Clemente de O Pindo.
Camiño que leva as antigas leiras de Panchés.
Valado en pedra para o peche do gando.
Peche de pedra para o gando, no Chan das Lamas.
Punto no que abandonamos o roteiro de subida ao cumio de A Moa, virando nós a dereita.
Afloramentos rochosos no litoral da Costa da Cabra.
Fonte de auga potable en Panchés.
Igrexa parroquial da freguesía de O Pindo, Carnota.
Lagoa de auga doce no porto de Quilmas.
Leiras en estado de abandono no litoral de Panchés.
Litoral da Costa de Cabra, entre Quilmas e Caldebarcos.
Mesas situadas preto do Chan das Lamas, con maravillosas vistas sobre a costa.
Muíño na desembocadura do rego dos Muíños.
Lugar da parroquia de San Mamede de Carnota.
Formacións graníticas na subida ao monte Pindo.
Formacións graníticas na subida ao cumio de A Moa.
Formacións graníticas na zona de As Pardiñas, no monte Pindo.
Piscifactoría de rodaballo preto do porto de Quilmas.
Pequena praia na Costa da Cabra.
Areal no porto de Quilmas.
Pequeno areal na Costa da Cabra.
Pequeno arroio que desemboca na Costa da Cabra.
Arroio que ten o seu nacedeiro no Chan das Lamas e desemboca na Costa da Cabra.
Arroio que baixa cara o lugar de O Pindo.
Arroio que nace no Chan das Lamas e verte as súas augas na Costa da Cabra.
Casas en ruinas no lugar de O Pindo.
Fermosas vistas panorámicas sobre Fisterra.
Espectaculares vistas panorámicas sobre o longo areal de Carnota, Boca do Río e Poza de San Martiño.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta