• Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén
  • Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén
  • Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén
  • Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén
  • Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén
  • Foto de A Fonte Santa das Costas do Alén

Coordenadas 934

Fecha de subida 24 de diciembre de 2011

Fecha de realización diciembre 2011

-
-
273 m
107 m
0
2,8
5,7
11,36 km

Vista 5106 veces, descargada 67 veces

preto de Barciademera, Galicia (España)

A Fonte Santa, mais non só. Este roteiro non sinalizado nos mergullará nunha das mellores e inalteradas fragas de toda a Península Ibérica, dada a pouca influencia humana por mor do seu dificultoso acceso.
O percurso podémolo comezar na praciña de Barciademera ou na área de lecer dos muíños de Portafurada, constando de dous bucles (ten forma de oito) e indo o primeiro deles polos núcleos de poboación arredor de Barciademera.
Desde Portafurado e por camiños entre casas, procuramos o val do río e, pasando a ponte de Caxil, metémonos seguindo río Alén enriba. A partir de aquí comeza un espazo natural único, contido na Rede Natura 2000.
As fragas das Costas do Alén contan con máis de 350 especies de plantas vasculares, con fentos como o fento-palmeira que hai nas illas Açores, Madeira e Canarias. Existe poboación de anguía, reo e salmón, lontra e gato bravo. Tamén ten o seu hábitat aquí a vacaloura maior de Europa.
No medio disto atópase a capela de San Xoán do Mosteiro, que data do século XII e foi reedificada entre 1705 e 1709. Da ermida para riba, seguindo o Alén, imos pola calzada que formaba parte dos ramais que unían Portugal con Santiago de Compostela.
Logo de pasar unha ponte románica, chegamos a Fonte Santa, nunha contorna ateigada de cruces plantadas para propiciar o bo fin dos rituais que aínda actualmente se fan.
Por camiños entre carballeiras, seguimos ata cruzar o río por unha ponte de madeira, retornando pola outra beira do Alén. Entón o roteiro volve polas aldeas de Caxil, Alén e Talaveira e, pasando unha antiga ponte e un treito con moita auga, proseguimos cara a casa reitoral de Barciademera, con súa impoñente fachada barroca e a seu carón a igrexa de San Martiño.
Subimos ata a praciña de Barciademera e desde aquí ao punto de comezo en Portafurada.
Os que non teñades GPS podedes facer o treito máis interesante polas fragas do Alén, sen perda ningunha. Logo da área de lecer de Portafurada, indo pola estrada a Sabaxáns e a un quilómetro atoparedes o cartel indicador da capela de San Xoán do Mosteiro. Non esqueceredes facilmente as vizosas carballeiras.
Camino
24-DIC-11 11:29:19
24-DIC-11 11:45:16
24-DIC-11 13:42:59
24-DIC-11 11:25:23
24-DIC-11 11:53:52
24-DIC-11 11:38:16
24-DIC-11 10:24:28
24-DIC-11 13:52:24
24-DIC-11 11:16:09
24-DIC-11 14:58:10
24-DIC-11 12:06:23
24-DIC-11 11:13:21
24-DIC-11 14:39:49
24-DIC-11 11:08:51
24-DIC-11 11:33:43
Regueiro de Porta Marco
24-DIC-11 10:29:34
24-DIC-11 13:47:02
Regato de Matacán
24-DIC-11 14:00:30
24-DIC-11 10:22:30
24-DIC-11 10:57:30
11-DIC-11 15:54:48
Camino

1 comentario

  • Foto de Chacaritas

    Chacaritas 18-nov-2012

    Hicimos el 18.11.2012. Es una ruta sensacional, con muchísima agua, una flora impresionante y uno de los bosques mas frondosos de todas las rutas que conozco. Llama especialmente la atención los elechos gigantes existentes en varios puntos de la ruta. Está parcialmente señalizada, bien con flechas blancas en el suelo, y en algunos tramos señalizada con blanco y amarillo. Se requiere GPS para no perderse. Es muy amena y sobre todo recrearos en los molinos de Portafurada del comienzo de la ruta. Merece la pena acercarse a la Fuente Santa por lo curioso de las ofrendas que te encuentras.

Si quieres, puedes o esta ruta