Descargar

Distancia

16,51 km

Desnivel positivo

518 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

518 m

Altitud máxima

437 m

Trailrank

70 4,5

Altitud mínima

114 m

Tipo de ruta

Circular

Coordenadas

1722

Fecha de subida

17 de agosto de 2017

Fecha de realización

agosto 2017
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Compartir
-
-
437 m
114 m
16,51 km

Vista 1483 veces, descargada 57 veces

preto de Pazos, Galicia (España)

Por toda a comarca d´O Carballiño están esparexidos innúmeros pazos, casas grandes, igrexas románicas, pontes medievais e aínda algunha fortaleza como a que nós imos visitar: a de Castro Cavadoso -ou Cabadoso-, agora en ruínas.

O roteiro, circular, vai polo concello de Boborás e un chisco polo o de O Carballiño e vai cadrar en parte coas Sendas de Boborás e Arenteiro. Partimos de Pazos de Arenteiro que está declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1973 xa que posúe sete pazos de antigos señores ou da Orde de Malta que foron erguidos entre os séculos XVI e XVII arredor da igrexa románica de San Salvador.

Por corredoiras, entre viñedos, carballeiras ou fragas, vamos pasando por varias aldeas ou parroquias, coma Laxas, Gontelle, Cameixa, Moldes, Paradela, Cimadevila, Cabo de Vila, Cabanelas e Fondo de Vila. Moitas delas tamén con señoriais pazos.

E un punto de singular historia que atopamos será a fortaleza medieval de Cavadoso, da que transcribo a información que leo no cartel chantado no lugar:

"Os vestixios do castelo de Castro Cabadoso, xunto co camiño e a ponte, constitúen un dos exemplos máis paradigmáticos no que a fortificacións e construcións medievais se refire, presentándose como unha referencia dentro do contexto medieval da comarca do Carballiño. Está formado por un recinto central alongado en dirección N-S e rodeado por unha muralla con dúas portas de acceso: unha ao sur e que comunica cos outros dous recintos amurallados e outra ao norte que permite a entrada ao recinto desde o exterior.
Xunto a esta porta está a torre que servía de control visual sobre o camiño que rodea a fortificación; un segundo recinto amurallado serviría para reforzar as defensas nos puntos máis febres da plataforma superior e estaría subdividido en tres zonas, unha no norte, outra no oeste e outra no sur; finalmente un terceiro recinto que reforzaría as defensas e alzaríase sobre a ponte.

A información máis antiga sobre Castro Cabadoso remóntase ao ano 1230, se ben só se fai mención á vila de Cabadoso. A xurisdición e o Castelo de Cabadoso estarían englobados no territorio denominado "Terra de Castela" pasando, no século XIV a mans do Conde de Ribadavia. En torno ao 1467 foi destruido pola revolta Irmandiña, se ben o máis probable é que fose reparado. A finais do século XV aínda estaba poboado, sendo a derradeira nova que se ten de Castro Cabadoso, producíndose un abandono paulatino da fortaleza. No catastro de Ensenada (1752) a xurisdición de Castro Cabadoso tiña oito parroquias e catro cotos cun total de 678 vecinos.

Quenes viviron. O personaxe máis relevante era o meiriño que se encargaba de administrar a fortaleza (reparar murallas, abastecemento, etc.) xunto co seu séquito (cociñeiro, costureira, zapateiro, etc.). Tamén habería unha guarnición formada por escudeiros, lanceiros e saeteiros. Outra persoa sería o capelán e o mozo de capela. Finalmente dentro da fortaleza tamén residían algúns campesiños e artesáns."

Ver más external

Foto

A Eira

Eira de mallar o gran na aldea de Figueroa, Boborás.
Foto

Bolos

Penedos graníticos.
Foto

Cabo de Vila

Aldea do concello d´O Carballiño.
Foto

Cameixa

Parroquia de Boborás.
Foto

Camiño

Camiño en Pazos de Arenteiro.
Sitio relixioso

Capela San Xoan de Laxas

Ermida en Laxas, Boborás.
Árbol

Carballeira

Bosque de carballos.
Foto

Carreiro

Carreiro entre viñedos en Pazos de Arenteiro.
Caisleán

Casa Grande O Cabido

Casa grande en Cabanelas, O Carballiño.
Foto

Cimadevila

Aldea do concello d´O Carballiño.
Waypoint

Comezo Arenteiro

Punto de comezo do roteiro en Pazos de Arenteiro.
Foto

Congostra

Corredoira.
Foto

Corredoira

Congostra.
Fuente

Fonte Cabo de Vila

Fonte de auga potable en Cabo de Vila.
Fuente

Fonte de Cabanelas

Fonte de auga potable en Cabanelas.
Fuente

Fonte de Laxas

Fonte de auga potable en Laxas.
Caisleán

Fortaleza de Cavadoso

Ruinas do antigo castelo de Cavadoso.
Árbol

Fraga

Bosque.
Foto

Gontelle

Aldea de Boborás.
Sitio relixioso

Igrexa San Benito de Moldes

Igrexa parroquial de Moldes, Boborás.
Sitio relixioso

Igrexa San Salvador

Igrexa románica en Pazos de Arenteiro.
Sitio relixioso

Igrexa San Xoan de Cabanelas

Igrexa de Cabanelas.
Foto

Lavadoiro Cameixa

Lavadoiro en Cameixa.
Foto

Laxas

Aldea do concello de Boborás.
Foto

Moldes

Parroquia de Boborás.
Foto

Muiño do Arenteiro

Muíño hidráulico no río Arenteiro.
Foto

Paradela

Aldea do concello de Boborás.
Monumento

Pazo Casa de Arriba

Casa grande en Pazos de Arenteiro.
Monumento

Pazo da Encomenda

Pazo en Pazos de Arenteiro.
Monumento

Pazo de Cimadevila

Pazo en Cimadevila, O Carballiño.
Monumento

Pazo de Reboredo

Pazo na aldea de Fondo de Vila, O Carballiño.
Monumento

Pazo dos Cervela

Pazo en Pazos de Arenteiro, Boborás.
Monumento

Pazo dos Tizón

Pazo na parroquia de Moldes, Boborás.
Foto

Pazos de Arenteiro

Parroquia do concello de Boborás.
Ponte

Ponte de Pazos

Ponte sobre o río Arenteiro en Pazos.
Ponte

Ponte do Castro

Ponte medieval no río Arenteiro.
Río

Rio Arenteiro

Afluente do río Avia.
Foto

Fondo de Vila

Aldea do concello d´O Carballiño.
Árbol

Sobreiral 1

Bosquete de sobreiras.
Árbol

Sobreiral 2

Bosquete de sobreiras.
Panoramica

Vistas

Vistas panorámicas desde a aldea de Cabo de Vila.
Foto

Viñedos

Plantación de viñas en Pazos de Arenteiro.

2 comentarios

  • jwvanberkel 12 abr. 2019

    He realizado esta ruta  Ver más

    Nice and easy to follow hike. The bridge is beautiful.

  • Foto de ondouri

    ondouri 5 oct. 2020

    He realizado esta ruta  Ver más

    Jesús gracias por una ruta maravillosa.
    Hay un pero respecto a la calificación. Se sigue bien con un sistema de navegación pero el terreno tiene tramos de dificultad y supongo que cuando haya llovido de forma copiosa recientemente, se incrementarán las dificultades.
    Yo la calificaría de "moderada" no de "fácil".

Si quieres, puedes o esta ruta