Tempo  8 horas 24 minutos

Coordenadas 3909

Fecha de subida 4 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
376 m
13 m
0
5,8
12
23,1 km

Vista 92 veces, descargada 5 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

Unha bonita ruta polos concellos de A Guarda e O Rosal.

O inicio facémolo na área recreativa do miradoiro de Lourenzas.

Camiñamos cara o alto do Torroso (369 m.), dende onde podemos contemplar espectaculares vistas. Tamén existe neste alto o “Castelo medieval do Monte Torroso” Patrimonio Galego di o seguinte:
Xacemento medieval situado a 340 metros. formando parte dunha cimeira que exerce de divisoria dun cordal do Torroso. Trátase dunha serie de enterramentos delimitados por muros de considerable grosor que alcanzan unha lonxitude total de 300 m no seu eixo N-S, dimensións que se recortan no eixo E-W aos 140 metros.
O conxunto aparece defendido por unha muralla que rodea o cumio de forma descontinua, visible en todo o seu perímetro, especialmente nas abas situadas ao W.
Dentro deste xacemento existen varios petróglifos (GA36023018) e cruces de termo.
Continuamos camiñando ata atoparnos con unha área recreativa onde no seu fondo pódese ver a Cruz da Portela. Segundo comentan en noticias de O Rosal, A Cruz da Portela, cando menos, data do século dezaoito, ao igual da que se atopa á beira de camiño den Peitoril. Pois por diante ou próxima a elas pasaron, nalgún tempo, os cadáveres dos veciños de Sanxián, que eran sepultados no cemiterio da parroquia da Santa Mariña.
Facendo un pouco de historia, temos que lembrar que a cruz obra do escultor rosaleiro Félix Gómez Fidalgo, foi levantada en 1994 pola propia Comunidade de Montes, xa que a orixinal, coidamos tamén primitiva, sufrira un vandálico atentado, esnaquizándoa en parte.
Agora co que nos atopamos é con a ermida de San Vicente e os Sepulcros de Marzán. Segundo consta no cartel existente que di o seguinte:
Na vila románico-visigótica de Marzán, a poucos metros da ermida de San Vicente, testimuño de primitivo santuario visigótico, atópanse estes dous sepulcros.
Datan dos séculos IV-V, son de signo cristián e foron labrados en rocha granítica. Sen dúbida pertenceron a un matrimonio, os patróns da ermida.
Probablemente este santuario cristianizou un antigo templo pagán, pois en 1972 localizouse no interior da ermida, a modo de pía de auga bendita, unha ara romana epigráfica dedicada a Mercurio, deidade protectora de comerciantes e transeúntes. Dende 1974 esta ara consérvase no Museo Diocesano de Tui. Testemuño do antigo santuario tamén pode ser a cruz atrevoada antefixa que figura na cima da ermida.
No século XIV menciónase a San Vicente como capela e granxa (priorado) do mosteiro de Oia na que residía un prior, frade daquela orde cisterciense.
Continuamos ata A Guarda, facemos un pequeno desvío polo PRG camiños do Tegra, que nos leva directamente ata o Porto, onde no restaurante Chupa Ovos, repoñemos forzas para continuar pola tarde o treito que nos falta ata o inicio de esta interesante ruta. Facémolo polo paseo marítimo existente.
Apenas ten asfalto, agás o percorrido que facemos polo centro de A Guarda.

Tempo en movemento: 5 horas 47 minutos e unha media de 4 quilómetros hora.
Waypoint

Alto Do Torroso

Waypoint

Camiños do Trega PR-G 122.2

Waypoint

Carteis no paseo marítimo

Waypoint

Costa no porto de A Guarda

Waypoint

Cruz da Portela

Waypoint

Escultura en A Guarda

Na rúa do Porto e a poucos metros do peirao localízase este monumento realizado por José Antúñez Pousa en 1991. Resalta a dureza da profesión de mariñeiro na Guarda. Tamén rende homenaxe ao traballo complementario pero tan necesario realizado polas mulleres como é a elaboración e mantemento das redes.
Waypoint

Igrexa parroquial San Lorenzo de Salcidos

A igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no século XVI cando Diego de Torquemada era bispo de Tui. No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco do século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María. De gran interese son as imaxes de Cristo: o Cristo Xacente, obra do escultor local Cándido Sobrino. No retablo do Altar das Ánimas está o Cristo Crucificado, segundo a tradición é unha imaxe recuperada do mar arroxada polos católicos ingleses na época de Henrique VIII. A fachada principal é barroca con murais brancos (influencia portuguesa) e a fachada sur é de estilo renacentista. A torre lateral de planta rectangular rematada nunha cúpula foi realizada no s. XIX.
Waypoint

Capela San Vicente de Marzán

Pequena capela do século XIV aínda que foi reconstruída sobre unha máis antiga. Está feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular con teitume a dúas augas.Na súa fachada principal podemos ver un pórtico de entrada de recente factura que dá paso a unha porta alintelada.No conxunto destaca unha cruz antefixa. No pasado, a capela sufriu unha desafortunada ampliación en altura, aínda visible nas paredes laterais.Emprázase na Granxa do mesmo nome, que pertenceu ao Mosteiro de Santa María de Oia. Nos arredores da capela atópanse un conxunto de tumbas antropomorfas medievais.
Waypoint

INICIO Miradoiro das Lourenzas

Waypoint

Miradoiro das Lourenzas

Waypoint

Miradoiro do océano

Waypoint

Museo do Mar en A Guarda

O pasado mariñeiro da Guarda, baseado na pesca de baixura tradicional, xerou un interesante patrimonio tanto material como inmaterial. O patrimonio material pódese observar na arquitectura e o urbanismo do barrio mariñeiro e na fachada marítima do porto, pero sobre todo pódese admirar no Museo do Mar. Esta edificación, ao final do Paseo Marítimo, lembra unha antiga fortaleza defensiva de planta circular situada no porto que foi derrubada en 1945 para facilitar a extensión das grandes redes utilizadas polos barcos de pesca e para aproveitar a pedra na construción do dique. En 1997 reconstrúese no emprazamento actual. O Museo do Mar conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo concello: “ Xentes do mar”, “ Lendas de mar”, “Mulleres do mar” ou “ Tesouros vivos” Pódese visitar as fins de semana e festivos (de febreiro á Ponte da Constitución): Horarios: Horario inverno: 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00 Horario verán: (15/06 ao 15/09): 11:00 – 14:00 e 18:00 – 21:00 Taxa de acceso: 1 € adulto 0,50 € menores de 14 anos. Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio)
Waypoint

Paseo marítimo no porto de A Guarda

A rúa Malteses é a rúa estreita e mariñeira por excelencia con casas estreitas que dan directamente cara ao mar. Esta tradicional rúa transcorre en paralelo ao actual Paseo marítimo. Este paseo peonil construído sobre as rocas do mar conta con zonas axardinadas e de recreo. Ao final do paseo sitúase a Atalaia que acolle o Museo do Mar e o dique novo. Este dique pecha o porto da bravura do mar de inverno. Foi pintado conformando un lenzo xigante que reflicte as cores e siluetas das casas típicas mariñeiras e da vida social da Guarda converténdose nun lugar máis de interese.
Waypoint

Peto de ánimas e cruceiro

Waypoint

Porto de A Guarda

Waypoint

Praia Area Grande

A Praia de Area Grande é o areal de maiores dimensións na franxa costeira da Guarda, situado a unha distancia prudencial do centro urbano, permite a práctica de varios deportes náuticos así como gozar de apracibles xornadas baixo o sol. Recomendámosche dar un paseo pola súa contorna, por esta praia transcorre o Camiño Portugués da Costa e a Ruta das Cetarias e a uns 700 metros cara ao norte localízase a cetaria máis espectacular, coñecida como a Redonda. Non te esquezas de levar o teu cámara, as postas de sol sempre son sorprendentes neste lugar.
Waypoint

Praia de Fedorento

Esta playa tiene 30 metros de longitud por 5 metros de anchura. Normalmente el nivel de ocupación de la playa fedorento es bajo. Playa semiurbana cuya composición es de arena. Playa con acceso a minusválidos. Praia marítima situada ao lado da praia de Area Grande, de menor longura pero que comparte as beneficiosas propiedades das súas augas. Goza dunha situación ideal grazas á súa proximidade ao centro urbano e ao porto da Guarda, encóntrase unida á praia de Area Grande polo paseo marítimo ofrecendo zonas de descanso que permiten gozar de espectaculares solpores.
Avituallamiento

RTE.Chupa Ovos

Restaurante de comida caseira, menú do día, faise comida por encargo e para levar. Acéptase o pago con tarxeta e dispón de conexión da internet. Máis de 59 anos no sector (desde 1960). Tipo de cociña Caseira Prezo 18,00 € - 22,00 € Tipos de menú Menú do día: 1º - 2º - Sobremesa e Café Prezo: 10,00 € Horario: Mañá Pratos principais • Estofado de marisco (especialidade) • Polbo á Casa Chupa Ovos • Mexillón Tigre • Carrilleira Ibérica • Revolto Chupa Ovos • Torta de Galleta de chocolate Outra información • Cociña mañá: 13:30 - 16:00 • Cociña tarde: 21:00 - 23:30 • Número de garfos: 1 • Comidas por encargo • Comidas para levar • Carta segundo mercado • 15 mesas para 63 comensais • Día de descanso: Mércores
Waypoint

Santuario de San Roque, Salcidos

De estilo neogótico construído no 1914, substituíu á antiga ermida do século XVII. Fronte a fachada levántase un artístico cruceiro do XVIII.
Waypoint

Sepulcros de Marzán

LIBERDADE RELIXIOSA EN TODO O IMPERIO ROMANO. OS SEPULCROS DE MARZÁN Esta xusta, ansiada e merecida liberdade relixiosa, chegou no século IV da Era Cristiá, concretamente cando no ano 313 o emperador Constantino ‘O Grande’, publicou o Edicto de Milán. Este emperador, fillo de Santa Helena, declarou, nese ano, o Cristianismo como relixión oficial do Imperio. A tarefa de Evanxelización axiña se fai patente en toda Galicia e, por suposto, tamén no territorio rosaleiro. Son evidente proba a cantidade de testemuños de fe cristiá de amor a Cristo Salvador. Queremos referirnos aos innumerables cruciformes, plenamente cristolóxicos, insculturados en moitos dos penedos dos nosos montes; e moitos, aínda, gravados sobre outras figuras prehistóricas (lugares de cultos paganos) coa intención de cristianizalos. E eles, pois, certifican a expansión do Cristianismo. Non esquezamos que, nalquel entón, estes lugares con tales gravados simbólicos, xa totalmente cristiáns, eran considerados por aquelas xentes (nosos antepasados) lugares sagrados a onde ían a rendir culto a Cristo, representado naquelas figuras alí debuxadas (fermosas cruces) como se de altares ou retablos se tratase. Aquel celebrado Edicto de Milán do ano 313, supón (supuxo) no noso territorio, dous grandes acontecementos históricos: para os rosaleiros ata aquela gloriosa data, que estiveran como súbditos de Roma. O primeiro acontecemento foi o abandono do obrigado culto relixioso, que se tributaba ao deus pagano Mercurio. Isto presupuxo eliminar o correspondente santuario (no que presidía a coñecida ara romana do propio Mercurio) e que se levantaban na vila romana logo, suevo-visigótica de Marzán. Foi o segundo acontecemento histórico-relixioso (entre os séculos V-VI) o erixir agora, un novo santuario, unha nova e primeira igrexa (comunidade de fieis cristiáns) no noso territorio. É moi probable que ocupara o lugar onde se atopaba emprazado o dito santuario romano. Pois, esta era a costume de ritual, a filosofía e a propia liturxia da Igrexia Católica, para así cristianizar aquel anterior lugar adicado ao culto pagano. E tamén é posible: 1) Que a propia e actual ermida de San Vicente ocupe o lugar exacto dos dous santuarios que lle precederon. 2) Aínda, que o actual titular da ermida, sexa o mesmo que tivo aquel primitivo santuario cristián (a partir do século VI no Concilio de Braga) en Marciliana: San Vicente, diácono e mártir no ano 304. Era privilexio e, por concesión pontificia, que nestes casos o patrono ou “possessor” (propietario) das igrexas privadas, que eles erixían, nos primeiros intres da nacente Igrexa, tivesen sepultura propia. Esta soía situarse xa no interior da súa igrexa, xa nas súas inmediacións. E, por suposto, este dereito incluía á súa familia e en máis dunha ocasión, ao persoal do seu servizo doméstico. Tal, pois, é a orixe e razón das interesantes e coñecidas tumbas daquela igrexa privada de San Vicente. Á igrexa de Marzán, pertenceu tamén a cruz antefixa da cima da ermida. Neste caso son dobres, familiares (home e muller). Ambos sepulcros están labrados en rocha viva; son de signo cristián pola súa orientación ao Nacente. Parece que foron estreados, xa que mostran certos detalles que o confirman: borde superior, adecuado ao peche coa correspondente lauda (tapa) así como o burato de limpeza, etc. Posiblemente, nas inmediacións, se atopen vestixios dunha pequena necrópole (cemiterio) durante o tempo que estivo como posible igrexa daquela veciñanza. Sería moi interesante a realización dunha detida prospección arqueolóxica nas proximidades da ermida. (A historia do poboado romano-visigótico de Marzán en O Rosal. Estudo inédito de Xoán Martínez Tamuxe).
Waypoint

Vistas panorámicas

Waypoint

Vista de A Guarda

www.aguarda.es RUTA URBANA: Esta ruta mostra as rúas e arquitectura típicas percorrendo o casco antigo, o porto e pasando polas casas indianas. Comezando desde o porto poderanse observar as tarefas, embarcacións e aparellos dos mariñeiros e a venda de peixe e marisco na lonxa. O visitante mergúllase no patrimonio e historia da Vila percorrendo a rúa Malteses ou admirando a Torre do Reló. As fins de semana tamén se pode compaxinar a ruta coa visita ao Museo do Mar, situado ao final do Paseo Marítimo.
Waypoint

Vistas fotográficas

Waypoint

Vista panorámica do Océano Atlántico

Waypoint

Área de lecer Cruz da Portela

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta