-
-
995 m
465 m
0
2,6
5,3
10,6 km

Vista 7383 veces, descargada 78 veces

preto de Covelo, Galicia (España)

Esta será unha subida a ese monte máxico que é o monte do Seixo, na Terra de Montes, antigo santuario celta e hoxe estragado polos aeroxeradores que se erguen insolentes nas súas cimeiras.
A zona está ateigada de lendas de fadas, mouros, deuses, túneles no subsolo e cidades mergulladas. A subida desde Cerdedo ou Barcia de Seixo non a aconsello por ser máis ben por pistas forestais sen moito interese.
Mellor é aproveitarse do sendeiro homologado PR-G 135, Roteiro da Escuadra (A Lama). Nós alongarémolo para acadar algúns destes puntos míticos da montaña.
A subida conta cuns cincocentos metros de desnivel polo que hai que tomalo paseniñamente e non haberá maior problema ata a área de lecer de Santa Mariña xa que o percorrido está perfectamente sinalizado. Aquí, neste punto onde antes se facía unha feira e ten o seu nacedeiro o río Barbeira, remata o sendeiro oficial.
Só tedes que seguir uns douscentos metros para ver a capela da martir Santa Mariña, onde os veciños de Cotobade asinaban as actas notariais.
Continuade pola pista que vai cara ao leste (non a que baixe a Cotobade) e a un quilómetro érguese fachendoso o Marco do Vento, antigo linde de concellos e onde os ventos dan a volta.
Se reparades un pouco, a uns cen metros sitúase a Porta do Alén ou Portalén, lugar que os nosos devanceiros atravesaban para falar cos mortos, iso si, tendo coidado de facelo no sentido adecuado, non fose que quedasen eles no máis alá.
Seguimos porque a maxia continúa e agárdanos a Cruz do Seixo con súa ara onde se celebraba a misa solsticial do verán.
Tomamos un acougo na área de lecer do campo da Forcadiña e aquí remata o percorrido proposto.
Agora tedes que regresar a Escuadra, a non ser que collades alento e sigades ata o Castro Grande a un quilómetro e medio indo pola pista e logo collendo outra a man esquerda. E así podedes continuar polos innumerábeis lugares de encantamento.
Waypoint

Area Lecer

08-OCT-11 12:25:20
Waypoint

Area Santa Marina

08-OCT-11 13:43:49
Waypoint

As Cerradas

580 m altura
Waypoint

Bosque

09-OCT-11 12:18:06
Waypoint

Camiño empedrado

09-OCT-11 10:37:57
Waypoint

Campo da Forcadiña

A Porteliña
Waypoint

Capela Santa Mariña

08-OCT-11 13:50:50
Waypoint

Castro Grande

920 m
Waypoint

Comezo

Lama, a
Waypoint

Cruz

Lama, a
Waypoint

Cruz do Seixo

08-OCT-11 13:01:03
Waypoint

Fonte 1

09-OCT-11 12:38:18
Waypoint

Fonte 2

08-OCT-11 13:46:13
Waypoint

Fonte 3

08-OCT-11 12:26:49
Waypoint

Marco do Vento

08-OCT-11 13:19:53
Waypoint

Miradoiro Tres Rias

09-OCT-11 11:52:38
Waypoint

Nacedeiro rio Barbeira

09-OCT-11 12:32:53
Waypoint

Piornos

09-OCT-11 11:31:59
Waypoint

Pista 1

09-OCT-11 11:33:09
Waypoint

Pista 2

09-OCT-11 12:03:56
Waypoint

Pista 3

09-OCT-11 12:07:22
Waypoint

Porta do Alén

08-OCT-11 13:11:47
Waypoint

Presa

09-OCT-11 14:28:04
Waypoint

Rego Portela dos Acibos

Río Intermitente

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta