-
-
1.397 m
1.019 m
0
1,7
3,4
6,89 km
Vista 3999 veces, descargada 194 veces
preto de Vieiros, Galicia (España)
Ruta de pouca distancia e sinxela, se ben o último quilómetro e medio antes de chegar ao lago de Lucenza ten algún tramo algo duro.
Na estrada que une Ferramulín coa Cruz de Outeiro, á altura do desvío para A Seara, atopamos o panel de información coa ruta. O máis salientábel da ruta son as fervenzas que imos atopando e, obviamente, o propio lago, pero as vistas tamén son espectaculares, sobre todo a medida que nos achegamos ao lago.
Ao pouco de comezar, a uns douscentos metros, vemos á esquerda a fervenza do Fócaro (caída duns 30 metros e con caudal constante todo o ano), realmente fermosa e á que se accede por unha ponte de lousas sobre o río. O camiño continúa paralelo ao río Selmo, en ascensión suave. Máis adiante e logo de cruzar o rego de Porto Mourelos grazas a unha pontella de madeira, podemos observar á nosa esquerda unha caída de auga de bastante altura (seica uns setenta metros), coñecida como fervenza de Navaregas, e a seguir temos o desvío para acceder ao Fondo da Petada, cunha senda estreita pero moi sinxela, sen desnivel. O desvío para ver a fervenza do Fondo da Petada paga a pena (nós fixémola á volta, no descenso). A partir de aquí o desnivel aumenta e a ascensión faise algo dura. Finalmente, o lago de Lucenza, de orixe glaciar. De continuarmos polo camiño, aproximadamente nun quilómetro estariamos na campa de Lucenza, lugar de encontro das pistas que veñen do Alto do Couto e Formigueiros, a de Pia Paxaro, a pista que leva ao miradoiro de Polín e logo a Parada e a Ferreirós ou mesmo o camiño que se dirixe cara á devesa de Rogueira e as fontes do Cervo (que tamén vale para ir a Polín).
Logo do descenso, paga a pena dar un paseo pola aldea da Seara, unha das mellor conservadas (e rehabilitadas) do Courel, e na que tamén podemos ver outra interesante caída de auga.
Indicamos tamén no mapa a fervenza de Vieiros (uns 20 metros de caída e con caudal todo o ano, e á que se pode ir por un camiño que parte da Seara ou ben acceder directamente dende a estrada (está indicado o acceso e a fervenza xa se enxerga dende a propia estrada). De escoller esta última opción, nuns cincocentos metros estamos na fervenza.

5 comentarios
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
ciriIII 22-ene-2015
.
Ferinho 15-mar-2015
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Fácil y preciosa ruta. Recomiendo parar en las dos fervenzas y visitar el pueblo al terminar de bajar.
Xoanzinho 16-mar-2015
Grazas polo comentario e pola túa valoración, Ferinho. Efectivamente, ademais das fervenzas a aldea da Seara paga a pena visitala. Talvez sexa a máis fermosa da zona.
Evafm 08-nov-2015
He realizado esta ruta ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Gustoume moito a entorna da ruta. A verdade merece a pena visitar este lugar e, se elixes o outono para facelo, as cores da paisaxe son espectaculares. Como apuntamento, deverían estar indicadas nos letreiros, as distancias que falta para cada punto de interese.
Xoanzinho 08-nov-2015
Totalmente de acordo, Evafm. No outono a vexetación compón unha paisaxe espectacular, a máis fermosa do ano. Pero tamén paga a pena a visita no inicio da primavera, cun caudal de auga impresionante. Moitas grazas por comentar aquí as túas impresións e pola valoración.