Tempo  6 horas 10 minutos

Coordenadas 1891

Fecha de subida 17 de enero de 2017

Fecha de realización enero 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
660 m
387 m
0
4,3
8,5
17,09 km

Vista 1326 veces, descargada 62 veces

preto de Faramontaos, Galicia (España)

O noso roteiro transcorre polo espazo natural da Serra de Pena Corneira, declarada Monumento Natural no ano 2007. A Serra abrangue parte dos concellos de Avión, Leiro e Carballeda de Avia, indo a nosa andaina case toda por Leiro agás a subida ao cumio de Pena Corneira que está en terras de Carballeda de Avia.

Os punto senlleiros do percorrido son:

PENA CORNEIRA

Trátase dun macizo granítico no que a diferente evolución xeomorfolóxica das súas rochas deu lugar a unha complexa asociación de formas que xera unha paisaxe contrastada de singular beleza, coronando a parte norte deste a espectacular Pena Corneira.

Gran parte de Galicia está constituida por granito, pero non todos os granitos son iguais, nin se formaron do mesmo xeito. O batolito de Pena Corneira formouse cando unha grande masa de magma enfriouse moi lentamente e a relativa profundidade, sen conseguir achegarse á superficie.
O proceso de enfriamento durou milleiros de anos e produciuse baixo unha enorme presión. Unha vez enfriado o magma, os movimentos da codia terrestre fracturaron as rochas producíndose liñas de fracturas en forma de cubos. Pola auga e a erosión as rochas pouco a pouco vanse redondeando ata formar os bolos que cando están en pendente rodan e espallándose polo monte forman estas paisaxes.

Esta especie de menhir natural que é o cimo de Pena Corneira apunta ao ceo sendo visible dende boa parte da comarca do Ribeiro.


O arboredo está constituido na súa meirande parte por carballo e rebolo, acompañados por outras frondosas como o castiñeiro, salgueiro, ameneiro, a sobreira nas zonas baixas e o bidueiro nas partes altas.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LAMAS

Esta igrexa románica do século XII atópase nos arredores de Pena Corneira e consta dunha soa nave. Na fachada principal ten un arco lixeiramente apuntado con duas arquivoltas. Na ábsida hai duas pequenas fiestras e a cornixa está decorada con canzorros.

IGREXA DE SANTO TOMÉ DE SERANTES

Está datada no ano 1170 e o máis interesante da súa factura atópase na fachada divida polo quitachoivas, presentando un rosetón, porta baixo dúas arquivoltas lixeiramente apuntadas e tímpano con pombas e dous persoeiros. Os aleiros están pousados sobre canzorros cunha moi variada serie de altorrelevos, con figuras humanas en posturas grotescas. O intradorso tamén presenta esta mesma decoración.

Moi importante no interior é o baldaquino do lado dereito da nave, do século XV, representando en relevo a San Pedro e San Pablo no frontal e A Anunciación no lateral. No altar maior hai un retablo barroco co escudo dos Sarmiento de Ribadavia.

EIRAS DE HÓRREOS

Nos lugares de Paredes e Corneira veredes concentracións de hórreos para o secado e almanaxe de gran.

Ver más external

Área recreativa no lugar de Paredes, Leiro.
Fraga entre Serantes e Nogueira.
Vieiro entre Valboa e Pena Corneira.
Ermida no lugar de Paredes, Leiro.
Bosque de carballos en Pena Corneira.
Sendeiro preto da aldea de Corneira.
Punto de inicio do roteiro preto de Pena Corneira.
Lugar no concello de Leiro.
Congostra na fraga de Pena Corneira.
Cruceiro preto de igrexa de Santa María de Lamas, Leiro.
Cruceiro na parroquia de Serantes, Leiro.
Conxunto de hórreos no lugar de Corneira, Leiro.
Conxunto de hórreos no lugar de Paredes, Leiro.
Escadas de madeira para subir ao miradoiro do Outeiral.
Fonte de auga potable e lavadoiro no lugar de Serantes, Leiro.
Bosque entre Valboa e Sa.
Igrexa románica na parroquia de Lamas, concello de Leiro.
Igrexa románica na parroquia de Serantes, concello de Leiro.
Lavadoiro no lugar de Sa, Leiro.
Mesas na área de lecer do lugar de Corneira.
Miradoiro no cimo do Outeiral, en Pena Corneira.
Lugar no concello de Leiro.
Barrio de Serantes, Leiro.
Lugar do concello de Leiro.
Paso de madeira sobre un tributario do rego Ferreiro.
Cimo da Serra de Pena Corneira.
Bolos graníticos en Pena Corneira.
Pozo de auga preto de lugar de Paredes.
Sendeiro homologado desde Leiro a Pena Corneira.
Pequeno regato que pasa polo lugar de Paredes, Leiro.
Casas en ruínas no lugar de Corneira, Leiro.
Lugar no concello de Leiro.
Carreiro entre Valboa e Paredes.
Parroquia do concello de Leiro.
Lugar no concello de Leiro.

5 comentarios

  • Foto de Duodha

    Duodha 23-abr-2017

    Fermosa ruta, Jesús. Incrible sucesión de bolos e fantástica vexetación de bosque. Todo cheíño de celidonias nesta época. Planta dun gran valor medicinal que vos propoño coñecer. Un saúdo.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 23-abr-2017

    Gracias, "Duodha", por teu interesante comentario.

  • Foto de efeso55

    efeso55 15-may-2017

    Fermisísima ruta, facía tempo que queríamos ir, e despois da choiva destes días unha paisaxe espectacular en todo o sendeiro dende Pena Corneira ata Paredes. Luxuria de cores e matices.
    Moitas gracias.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 15-may-2017

    Grazas, "efeso55", polo teu amable comentario.

  • Foto de Carlos R.A (eliotgio)

    Carlos R.A (eliotgio) 19-nov-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta preciosa, lastima de la bateria del movil que me hizo plof🤣🤣a los 14km.Novatada d un principia nte,no me vuelvera a pasar....

Si quieres, puedes o esta ruta