Tempo  4 horas 38 minutos

Coordenadas 1440

Fecha de subida 10 de noviembre de 2019

Fecha de realización noviembre 2019

-
-
409 m
241 m
0
3,1
6,1
12,2 km

Vista 103 veces, descargada 5 veces

preto de A Lamela, Galicia (España)

A Torre de A Lamela é un pazo situado neste lugar da parroquia de Santa María (concello de O Pereiro de Aguiar) que ten as súas orixes na época medieval e pertencía a Casa da Pena. A parte máis senlleira desta construción é a torre que lle da nome a casa, erguida con mampostería de granito e con dous andares que foron modificados no tempo. Na cara oeste conserva unha fiestra gótica de arcos lobulados que agora atópase tapiada. O seu uso actual é o de vivenda particular.

Cando pasemos preto de O Pereiro de Alén tamén poderemos albiscar na distancia outra torre: o Pazo da Torre, que está no lugar de San Salvador e data dos séculos XVII e XVIII e que tamén foi profundamente modificado. Consérvase da súa parte orixinal a torre que posúe tres andares, cunha solaina no primeiro deles.

Se a andada comezámola ao carón da igrexa de A Lamela e no sentido antihorario, irémonos atopando cos seguintes puntos de interese:

- A citada igrexa parroquial de Santa María de A Lamela, do século XVIII en estilo neoclásico e con espadana de dous corpos.

- Aldea de Castadón (concello de O Pereiro de Aguiar), por riba do encoro ao que lle da nome.

- O núcleo de Ceboliño (parroquia do Bo Xesús, concello de Ourense) con interese etnográfico e que no pasado pertenceu a terra medieval e Señorío de Aguiar e logo pasou a mans dos bispos de Ourense.

-Núcleo da parroquia de A Lamela (concello de O Pereiro de Aguiar), coa súa torre e unha capela.

- Aldea de Cachamuíña, pertencente a parroquia de Santa María de A Lamela e lugar de nacimento do coronel Bernardo Gonzalo, coñecido como Cachamuíña e que combateu aos franceses na cidade de Vigo en 1809 durante a Guerra da Independencia de España. Resultou ferido cando derribaba a porta da Gamboa cunha machada, sendo logo gobernador da vila e posteriormente gobernador da entonces provincia de Tui. Os restos deste militar foron trasladados ao cimeterio vigués de Pereiro no ano 1932. Nós pasaremos polo caserón que foi a súa vivenda en Cachamuíña.

-Encoro de Cachamuíña. Embalsa as augas do río Loña para o abastecemento da cidade de Ourense e dispón dun paseo ao longo de todo o seu perímetro.

-Aldeas de Vilar e O Pereiro de Alén, restos de muíños no río Loña e fermosas corredoiras a sombra de vizosas carballeiras.

Ver más external

foto

A Lamela

Parroquia do concello de O Pereiro de Aguiar, Ourense.
foto

Cachamuiña

Aldea da parroquia de Santa María de A Lamela, concello de O Pereiro de Aguiar.
foto

Camiño

Camiño polas marxes do encoro de Cachamuíña.
Arquitectura religiosa

Capela 1

Capela n´A Lamela.
Arquitectura religiosa

Capela 2

Capela ao carón da casa do coronel Bernardo Gonzalo, "Cachamuíña".
árbol

Carballeira

Bosque de carballos nas marxes do encoro de Cachamuíña.
foto

Castadon

Aldea no concello de O Pereiro de Aguiar.
foto

Ceboliño

Parroquia do concello de Ourense.
Waypoint

Comezo Lamela

Punto de inicio, na igrexa parroquial de A Lamela.
foto

Corredoira

Congostra na aldea de Vilar.
Lago

Encoro Cachamuiña

Encoro no río Loña que abastece de auga a cidade de Ourense.
foto

Escultura

Escultura as beiras do encoro de Cachamuíña.
fuente

Fonte lavadoiro

Lavadoiro e fonte n´A Lamela.
Arquitectura religiosa

Igrexa Bo Xesus

Igrexa parroquial de Ceboliño.
Arquitectura religiosa

Igrexa Sta Maria

Igrexa parroquial de A Lamela, neoclásica do século XVIII.
fuente

Mina auga

Mina de auga n´A Lamela.
Ruinas

Muiño

Muíño en ruínas nas marxes do río Lonia.
foto

Pasarela

Pasarela de madeira na cola do encoro de Cachamuíña.
foto

Pereiro de Alen

Aldea no concello de O Pereiro de Aguiar.
Río

Rio Lonia

Afluente do río Miño.
Río

Rio Lonia

Afluente do río Miño.
foto

Sendeiro 1

Sendeiro en Castadón.
foto

Sendeiro 2

Sendeiro en Ceboliño.
foto

Sendeiro 3

Sendeiro entre Ceboliño e A Lamela.
foto

Sendeiro 4

Paseo arredor do encoro de Cachamuíña.
foto

Sendeiro 5

Sendeiro na parte baixa de A Lamela.
Caisleán

Torre de A Lamela

Pazo na parroquia de A Lamela, concello de O Pereiro de Aguiar.
foto

Vilar

Aldea no concello de O Pereiro de Aguiar.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta