Tempo  3 horas 28 minutos

Coordenadas 845

Fecha de subida 11 de diciembre de 2012

Fecha de realización diciembre 2012

-
-
694 m
347 m
0
2,7
5,4
10,89 km

Vista 2715 veces, descargada 24 veces

preto de Quireza, Galicia (España)

No concello de Forcarei consérvase en bo estado unha senlleira construción datada no século XV, a Torre de alarma de Barciela. Esta edificación érguese na freguesía de Santa Mariña de Castrelo, case na estrema co veciño concello de Cerdedo.
Tiña o propósito de convocar a veciñanza para o culto, para reunións das xuntas de montes e en tempos das Guerras Carlistas para aviso de incursións. Está feita en pedra sobre un basamento cuadrangular e un corpo central circundado polas escadas que levan a plataforma dende a que se acendía o lume das sinais ou se facian repinicar as campás.
A Torre será a nosa meta, mais antes tamén o percorrido terá o seu interese; xa a un chisco de comezar, no lugar de Os Castros -concello de Cerdedo-, atopámonos co conxunto parroquial de Santo Tomé, cunha igrexa en estilos barroco e neoclásico e unha reitoral con balconada sobre oito columnas labradas. Pasamos por Xieiros, O Quinteiro e no Piñeiro temos a capela de San Xoán. De aquí baixamos pola verea que leva a outra beira do río Quireza e a sombra da frondosa fraga acadamos o afluente rego do Batán.
Colgado sobre este regato resisten as enfeitizantes ruínas do casarío de Fraguas que dan paso a unha carballeira. En Tomonde sobrancea a súa igrexa de Santa Mariña con partes románicas e desde o adro ollamos o verdescente val do río Quireza.
Chega o intre de máis esforzo; a subida polas abas da Pena Forcada hai que tomala sen présas e no alto agardan as lindes entre Cerdedo e Forcarei.
A baixada montesía faise lixeira ata unha carballeira, preludio do igrexario de A Mota e a lanzal Torre de alarma de Barciela.

Ver más external

Fuente

Area lecer Sta Mariña

Área recreativa a carón da igrexa de Santa Mariña de Tomonde.
Sitio relixioso

Capela San Xoan

Ermida no lugar de Piñeiro.
Foto

Cruceiro

Cruceiro no igrexario de A Mota, en Santa Mariña de Castrelo, Forcarei.
Fuente

Fonte 1

Fonte en Santo Tomé de Quireza, Cerdedo.
Fuente

Fonte 2

Fonte en Piñeiro.
Fuente

Fonte 3

Fonte en Tomonde, Cerdedo.
Fuente

Fonte 4

Fonte en Tomonde.
Fuente

Fonte 5

Fonte en Tomonde.
Fuente

Fonte 6

Fonte en Tomonde, Cerdedo.
Fuente

Fonte 7

Fonte en Outraldea, Tomonde.
Ruinas

Fraguas

Aldea semiabandonada en Cerdedo.
Sitio relixioso

Igrexa Sta Mariña

Igrexa en Tomonde con partes románicas.
Sitio relixioso

Igrexa Sto Tome

Igrexa n´Os Castros, Quireza, en estilos barroco e neoclásico.
Ruinas

Muiño

Muíño no rego do Batán, afluente do Quireza.
Foto

O Outeiro

Lugar da parroquia de Quireza, Cerdedo.
Foto

O Piñeiro

Lugar da parroquia de Quireza, Cerdedo.
Foto

O Quinteiro

Lugar da parroquia de Quireza, Cerdedo.
Foto

Os Castros

Lugar da parroquia de Quireza, Cerdedo.
Foto

Outraldea

Barrio de Santa Mariña de Tomonde.
Río

Rego de Albinos

Afluente do río Quireza que pasa por Santo Tomé.
Río

Rego do Batan

Afluente do río Quireza.
Río

Rio Quireza

Afluente do río Lérez.
Foto

Tomonde

Santa Mariña de Tomonde, Cerdedo.
Foto

Torre de alarma

Torre de aviso en Santa Mariña de Castrelo, Forcarei. Século XV.
Foto

Xieiros

Casarío en Tres Aldeas, Quireza.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta